CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O CAMARIÑAS CAE E XA TEN O XALLAS COMO PAREXA DE BAILE NO CURUTO DA LIGA”.

Malestar no Monte Louro pola arbitraxe sufrida esta xornada.

 

Primeiro traspés do Camariñas no Vicente Carril e que lle vale o Xallas para igualar a puntos no máis alto do curuto da liga, situación que beneficia ao Baio tras derrotar o Monte Louro nun dos dous encontros estelares desta xornada, o que enfrontaba os xalleiros co Soneira e o que enfrontaba aos baieses co Monte Louro, duelos antre os 4 perseguidores do Camariñas, que caeu pola mínima ante o Ponteceso e non puido sacar proveito destes enfrontamentos. Moito disgusto por Louro coa arbitraxe no seu encontro no Platas Reinoso que fixo que o Baio esté de cheo de novo na loita polas prazas de ascenso direto. Por abaixo o Corcubión levábase o derbi da ría ante o Cee, (3-1), e fingaba máis na ferida ceense, con moita barba ainda por cortar. Corcubión, Cabana e Muros gañaban os seus encontros e afástanse máis da zona de perigo, na que se afunde o lira xa a 7 puntos do antepenúlrimo, Coristanco, cos mesmos puntos ca o Mazaricos que o precede e un menos co seguinte, Outes.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

GOLEADORES

O podio dos goleadores da competición sigue encabezado por Djibril, (Camariñas FC), con 17 goles, (6 de  penalti), seguido de César Lojo, (UD Corcubión), que marcou nesta xornada 2 e ten 15 dianas. No bronce da clasificación está Martín “MC”, (CD Baio), con 13, (3 p).

 

LIGA DA COSTA

-18ª Xornada-

-02/02/2025-

CD Muros 1-0 Outes FC

Cabana SD 4-2 CF Lira

Corme CF 1-0 CF Mazaricos

Camariñas FC 0-1 Ponteceso SD

SD Coristanco 2-2 CF Porteño

UD Corcubión 3-1 UC Cee

CD Baio 2-0 UD Monte Louro

Soneira SD 1-2 Xallas FC

 

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-CRÓNICAS-

 

CD Muros 1-0 Outes CF

Goles : 1-0, Juan, (51´).

Incidencias : O colexiado, Agustín Hernández expulsou con dobre cartón ao xogador local, Xoaquín, (43´e 85´), e no banco con vermello direto o seu compañeiro Flavio. 

 

Cabana SD 4-2 CF Lira

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte donde empezamos algo precipitados. Con balón sin a claridade necesaria para facerlle perigo a un Lira moi ben plantado no campo, que tivo 2 contras nas que nos xerou algo de perigo. Os últimos 15 minutos estivemos mellor e gracias a eso conseguimos marcar por medio de Simón primeiro, nunha boa xogada, e o segundo antes do descanso cun golazo de falta direta de Moreno.

Tras o descanso saimos ben con e sin balón conseguindo nun roubo de Moreno na presión alta ó 3-0, obra de Castro de tiro cruzado. A partires de aí o partido estaba dormido ata o penalti que transformou o Lira facendo ó1-3, que os metía no partido, desde ese intre sufrimos, o Lira estivo mellor e marcounos o segundo. Un golazo de Aarón finiquitou o partido co 4-2 definitivo, despois do 4-2, anularíannos un gol de Migueliño, e xa non pasou moito máis“.

Xogamos con : Alvarellos, Mario, (David), Noé, Ferreiro, Aarón, Fernando, Moreno, Castro. (Roi), Simón, (Hugo), Migueliño, e Manu, (Pablo).

Goles : 1-0, Simón, (36´); 2-0, Diego Méndez, (45´); 3-0, Castro, (58´); 3-1, Juan, (67´de penalti); 3-2, Cibrán, (80´); 4-2, Aarón, (88´).

 

Corme CF 1-0 CF Mazaricos

Goles : 1-0, Yago, (80´).

Incidencias : O colexiado, Carlos Señarís expulsou con  vermello direto no 93 o xogador do Mazaricos, Brais.

 

O Camariñas caeu pro primeira vez esta tempada no Vicente Carril.

 

Camariñas FC 0-1 Ponteceso SD

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Encintro que xa predispoñíamos que ía a ser complicado e a pesares de que saimos moi ben o partido non foi o noso mellor día. Controlamos e dominamos os primeiros 25 minutos con chegads perigosas pero sen acabar de concretar as poucas ocasións que tivemos. O penalti que erramos xusto antes de ir o descanso foi a xogada clave do encontro, que de marcalo trocaría o tema. No segundo tempo era un querer e non poder, sen crear o fútbol que temos acostuamdo e nun saque de corruncho mal defendido márcanos o Ponteceso. Fomos arriba con máis corazón que cabeza pero non deu para máis. Primeira derrota no Vicente Carril e a seguir mirando cara adiante e esquecer este mal día”. 

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Camariñas saíu disposto a facer bo o factor campo e levou o dominio dende o principio do partido. Nós intentamos defendernos ben e non cometer erros en campo propio, e a verdade que se puideron adiantar no marcador e incluso fallaron un penalti que parou ben Brais. Nós tivemos algún contraataque neste primeiro tempo pero pouco máis.

Na segunda parte máis do mesmo aínda que nós melloramos un pouco co balón e puidemos ir máis a campo contrario. Nunha desas conseguimos un corner no que nos adiantamos con bastante fortuna. O gol reforzou o noso plantexamento e conseguimos que eles non tiveran moitas accións claras de marcar, aínda que sabíamos que ía ser complicado. Ainda así aguantamos e sacamos tres puntos moi importantes. Felicitar os rapaces que fixeron un esforzo bárbaro“. 

Goles : 0-1, Eloy Álvarez, (58´).

 

SD Coristanco 2-2 CF Porteño

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Empezamos moi ben, dominando e tendo ocasiòns claras, xa os 10 minutos quedamos 2 veces diante do porteiro. Adiantounos no marcador Pablo tras un centro e deixada atrás de Darìo. Éramos dominadores roubando en 3/4 e chegando con perigo a àrea contraria. Pero a verdade que eles con balòns diretos sobre a ùltima liña facìannos moito dano, pois non eramos capaces de gañar os duelos, e tampouco os segundos balòns.

Os goles viñeron asì, un balòn longo que acaba en saque de banda, no saque direto sobre a nosa àrea e rematan a gol, (1-1). Aì comezou o Coristanco a coller confianza nos balòns longos creando dúbidas e gañando disputas cos seus puntas. Outro balòn longo sobre a ùltima liña e termina en saque de curruncho, e no saque rematan a gol no primeiro pau co pé.

Na segunda parte saimos cunha disposiciòn tàctica diferente intentando solventar esos balòns longos sobre a liña defensiva, e intentando ter o control do partido. Conseguìmolo e tendo bastantes ocasiòns para levarnos os 3 puntos. Temos 3-4 ocasións de gol que non conseguimos materializar. Finalmente marca Yuyo de penalti a 15 do final, dando a impresiòn de que o terceiro ìa chegar, pero a pesar do empuxe e a gran actuaciòn do porteiro do Coristanco, que chegou a salvar con 4 ou 5 paradas nas que xa cantabamos gol, non conseguìmos a vitoria.

Os ùltimos minutos convertiuse nun ida e volta con àmbolos dous equipos intentando ir pola vitoria con 2 ocasiòns clarìsimas para meter, unha nosa que volveu a salvar o seu porteiro e na contra eles tiverona a outra.

Un puntiño que nos sabe a pouco polo gran esforzo que fixemos, recoñecendo tamèn o mèrito do Coristanco que soubo xogar o seu partido. Temos que seguir mellorando a solvencia nas àreas, tanto na fortaleza defensiva evitando recibir goles tan facilmente e intentando materializar algunha das ocasiòns que estamos tendo no área rival”.

Goles : 0-1, Pablo, (19´); 1-1, Kevin, (21´); 2-1, Jonathan, (29´); 2-2, Yuyo, (74´).

 

UD Corcubión 3-1 UC Cee

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Un Derbi, nunca mellor dito, moitos nervos sobre todo por parte do Corcubión. Unha primeira parte moi igualada donde o Cee poñeríase por diante cun gol en propia porta de Dani, e pouco despois nunha contra marcaría César Lojo un golazo levando o defensa e despois o porteiro Iván con un bo regate, empatando o partido.

Na segunda un Corcubion máis metido no partido, con menos nervos, sería superior a un bo Cee que se viría abaixo co segundo gol de César Lojo, o mellor da tarde, partidazo deste dianteiro que esta en racha.

o Cee buscou o empate e o Corcubión con moitas contras moi perigosas, e xa no desconto Martín con asistencia de César que lla deixaba para empuxala só o fondo das mallas, e así acababa un derbi, como decía, de moitos nervos pero bonito de ver. Sorte o Cee ata o final. a ver se pode salvarse”.

Goles : 0-1, José Lago, (35´); 1-1, César Lojo, (83´); 2-1, César Lojo, (60´); 3-1, Martín, (95´).

 

 

CD Baio 2-0 UD Monte Louro

Comentario cedido polo FaceBook UD Monte Louro : “Hoxe non vamos a facer a crónica do partido. Hoxe sentímonos estafados polo colexiado por premiar unha agresión con un cobadazo na cara, con dúas expulsións nosas e sair o agresor sin tarxeta. Non somos de queixarnos pero a dobre vara de medir deixounos nun estado de indefensión gravísimo“.

Goles : 1-0, Víctor, (20´); 2-0, Carreira, (93´).

Incidencias : O colexido do encontro Adrián Pérez, expulsou con vermello direto, polo Baio a Norberto, (88´) e polo Monte Louro a : Ricardo. (60´), Luis Miguel, (60´) e Juan Lois, (85´).

 

Soneira SD 1-2 Xallas FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Tíñamos que aproveitar os enfrontamentos diretos da xornada para tratar de seguir en boa racha, e o que tíñamos diante era un choque moi difícil contra un equipo con moi boas individualidaes contra o que tíñamos que correr máis ca eles. Saimos co sistema habitual pero un pouquiño máis repregados esperando facer roubos e sair rápido a contra. Un plantexamento moi parecido o do anterior encontro ante o Baio.

Puxémonos pronto por diante cun gol de Sergio Barbeira cun bo tiro a pesares de ser moi forzado. Pouco despois empátannos nun saque de curruncho no que o balón cae antre área pequena e punto de penalti, temos dúbidas e marca un xogador vimiancés. Soubonos mal tal como foi a pesares de estar cómodos o non estar pasando perigo. Volvemos a poñernos por diante cun gol de Dani no primeiro pau.

Na segunda metade correximos os movementos que nos facía o Soneira antre o extremo e o dianteiro cos seus trocos de posto e pasamos a marcaxes zonais nesa zona. O Soneira houbo un intre no que nos fixo dano, pero a tónica foi de ocasións tanto para que empatasen eles como para ampliar nos. Couto fixo un paradón a un penalti lanzado por Vía. Tivemos un par delas que non aproveitamos a pesares de chegar con superioridade numérica. Vitoria clave na que collemos a puntos o lider e bo para o grupo que sigue a crer no obxetivo”.

Goles : 0-1, Sergio Barbeira, (2´); 1-1, José Manuel “Gusa”, (7´); 1-2, Daniel Barbeira, (28´).

 

-CLASIFICACIÓN-

-16ª Xornada-

 Camariñas CF : 39 puntos

  Xallas FC : 39 puntos

 UD Monte Louro : 31 puntos

 CD Baio : 30 puntos

5º SD Soneira : 29 puntos

 CF Porteño : 26 puntos

 Corme CF : 26 puntos

 Ponteceso SD : 25 puntos

 Cabana SD : 23 puntos

10º UD Corcubión : 21 puntos

11º CD Muros : 20 puntos

12º Outes FC : 19 puntos 

13º CF Mazaricos : 18 puntos

14º SD Coristanco : 18 puntos

15º CF Lira : 11 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-19ª Xornada-

-09/02/2025-

Xallas FC-CD Muros, ás — horas

Outes FCCabana SD, ás — horas

CF Lira-Corme CF, ás — horas

CF MazaricosCamariñas FC, ás — horas

Ponteceso SD-SD Coristanco, ás 16:30 horas

CF PorteñoUD Corcubión, ás — horas

UC Cee-CD Baio, ás — horas

UD Monte Louro-Soneira SD, ás — horas

 

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Fotos Monte Louro : Arquivo Edu Olveira/FaceBook UD Monte louro

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies