O Outes o único que sumou de 3.
Segunda derrota consecutiva da Esteirana algo inaudito en toda a liga na que colleitara tan só unha derrota en 16 xornadas e que fai que se lle escape o lider Céltiga a 9 puntos e que se lle acerque o terceiro, Chispa, a 4 tras derrotar ao As Miúdas por 1-5. Pola sua banda o Outes afinazase na 10ª praza e con posibilidades de escalar máis postos tras derrotar con solvencia ao Milladoiro, (4-0).
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), non xogou e sigue mandando na táboa con 43 tantos en 15 choques, un deles de penalti. A segunda no podio a sua compañeira de equipo, Bárbara Caamaño, suma 29 en 17 encontros, (RFGF aparece con 29 ainda que realmente ten un máis). Na terceira praza das goleadoras estrease Carla Núñez, 8Chispa), que cos seus 3 goles ó As Miúdas suma 28 en 17 encontros e todos eles de xogada superando en un tanto as anteriores xogadoras no poido con 27, Laura Gómez, (Taragoña), e Aladara Muñiz, (Juventud Cambados). Ambas marcaron un nesta xornada.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G4
-18ª Xornada-
-16/03/2025-
Céltiga FC Féminas 5-0 Catoira SD
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 2-2 CD Mosteiro
Juventud Cambados 4-3 Bastavales UD
Outes FC 4-0 Milladoiro SD
EFMC Boiro B 0-1 CCD Taragoña
CD Rois 2-1 SCDR Esteirana
ED As Miúdas 1-5 SD Chispa
-CRÓNICAS-
Outes FC 4-0 Milladoiro SD
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Comenzábamos o partido un pouco frías e perdíamos uns minutos en en coller a manixa, foi ata o minuto a 15 que atacábamos por oleadas pero sin perigo real, cando nunha internada por banda esquerda o centro acaba en Gema, que abría o marcador e dábanos a estabilidade que nos faltaba.
Aí fixémonos co control absoluto do partido, xerando ocasións por banda e en xogo direto con Carla. Así no minuto 35 o marcador deixou de moverse con goles de Laura de falta direta, Carla en xogada individual e outra vez Laura de falta indireta.
A segunda parte foi de repartir minutos entre as rapazas que teñen menos e controlar o partido, sin ocasións reseñables en contra.Toca pensar na seguinte semana en ir a facelo ben e competir a tope sempre“.
Goles : 0-1, Carla, (15´); 2-0, Lires del Río, (18´); 3-0, Carla, (33´); 4-0, Lires del Río, (35´).
ED As Miúdas 1-5 SD Chispa
Non vos podemos dar a crónica do encontro das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
Goles : 0-1, Carla, (21´); 1-1, Pati, (44´); 1-2, Laura, (58´); 1-3, Carla, (70´); 1-4, Yolanda, (76´); 1-5, Carla, (83´).
Incidencias : O colexiado do encontro Basilio Insua expulsou con vermello direto a xogadora do Miúdas, Adriana Siaba, (33´).
As esteiranas quecendo no A Braña, (Rois).
CD Rois 2-1 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Pese a viaxar con baixas contábamos con mostrar un partido competido e sacar ese lastre de mala racha que vimos arrastrando, pero non foi o caso, non damos atopado esa confianza que nos permita concretar as ocasións que xeramos e pola contra concedemos moito atrás mostrando unha fraxilidade impropia.
Acabamos o 1º tempo con 0-1 pero ca sensación de descontrol e con ocasións para ir con unha renda mellor, pero a 2ª parte foi ainda peor e as rivales superon meter as suas e pola contra nós fallamos un penalti a 5 minutos do final como mostra do que nos ven pasando dende o arranque de ano.
Confío en que é un deses “baches” que pasan os equipos nas temporadas e traballaremos XUNTAS para darlle a volta entre semana e volver a mostrar a nosa mellor versión no derbi do próximo domingo na casa.
Agardando recuperar efectivos e que non se nos quede ningunha polo camiño“.
Goles : 0-1, Dara, (18´); 1-1, María Lougzili, (58´); 2-1, Erika, (65´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 52 puntos
2º SCDR Esteirana : 43 puntos
3º SD Chispa : 39 puntos
4º CCD Taragoña : 38 puntos
5º Juventud Cambados : 37 puntos
6º EFMC Boiro B : 25 puntos
7º ED As Miúdas : 25 puntos
8º CD Rois : 24 puntos
9º CD Mosteiro : 23 puntos
10º Outes FC : 22 puntos
11º Bastavales UD : 16 puntos
12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 12 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-19ª Xornada-
-23/03/2025-
SD Chispa – Céltiga FC Féminas, ás 12:30 horas
Catoira SD – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 16:00 horas
CD Mosteiro – Juventud Cambados, ás 18:30 horas
Bastavales UD – Outes FC, ás 19:15 horas
Milladoiro SD – EFMC Boiro B, ás 19:00 horas
CCD Taragoña – CD Rois, ás 12:30 horas
SCDR Esteirana – ED As Miúdas, ás 17:00 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Outes : Dani Salgueiro
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores
