O Corme volveu a senda do trunfo goleando a un A Baña que se xa é inferior as cormelanas, como son cos libros sobre a mesa, todos vendo os seus números, xogaba cunha xogadora menos durante unha hora. O Muxía segue a gustarse e xa suma desde a derrota co Corme o 2 de Febreiro, 5 vitorias consecutivas con 17 goles a favor e 2 encontros, os que recibeu do Corcubión, polo demáis 4 porterías a cero. Polas mesmas contas anda o Bergantiños B que derrotaba ao Soneira, (0-3), e leva 12 choques sen perder dende que caera ante o Corcubión, (3-0), ó 17 de Novembro do pasado ano.
Por detrás ven o Ponteceso que derrotaba o Cerqueda no derbi de veciñas ante o Cerqueda, (0-3), e despégase do Cabana que caía en Muxía facendo un bo fútbol na segunda metade. No duelo da Picota o Mazaricos e o Zas disfrutaban dun bo encontro con reparto de puntos, (2-2), e o Juan Cabrejo recuperaba sensacións ante o Pastoriza, (5-1).
Barca Toba marcou por primeira vez na sua carreira de testa.
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), chega aos 40 goles cunha media de 2´22 nos 18 encontros disputados, a sua estela de lonxe vai a muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), con 20 materializados en 17 choques, e temos que destacar de novo a Barca Toba, (CF Muxía), unha das xogadoras máis veteranas do grupo e que lle fixo 2 goles por segunda semana consecutiva pero coa salvedade de que un deles foi o primeiro que marca de testa na sua dilatada e longa carreira e suma 18, (5 p) en tan só 11 encontros desde a sua volta tras superar unha rotura de ligamentos do xeonllo.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G2
-18ª Xornada-
(16/03/2025)
Sporting Zas 2-2 CF Mazaricos
Corme CF 10-0 SD A Baña
Soneira SD 0-3 Bergantiños FC B
UD Corcubión 2-0 SD Fisterra
UD Cerqueda 0-2 Ponteceso SD
EFCC “Juan Cabrejo” 5-1 SCD Pastoriza B
CF Muxía 3-0 Cabana SD
-CRÓNICAS-
As rapazas do Zas tralo choque.
Sporting Zas 2-2 CF Mazaricos
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido no que de inicio tiña o control o Mazaricos, pero que non eran moi perigosas as suas chegadas nos metros finais e o Zas esperando coller unha contra que non acertaba a enlazar en esos derradeiros pases. Mediada a primeira parte o Mazaricos facía o 0-1 nunha bonita xogada de combinación.
A segunda parte sería totalmente distinta o Zas fixo 4 trocos o descanso e trocou tamén o esquema de xogo e empezou a crear ocasións de gol e creer na remontada. Así o pouco do inicio Nerea facía o empate cun gran disparo dende a frontal. As visitantes intentaron recompoñerse e volver a ter balón pero sin chegar a crear perigo, e xa no tramo final, tamén dende fora da área o Mazaricos poñia o 1-2 , pero o Zas non baixou os brazos e na última xogada do encontro Nerea volvía a poñer o empate rematando de tacón un centro lateral…O final empate xusto”.
Goles : 0-1, Tamara, (22´); 1-1, Nerea, (61´); 1-2, Silvia, (73´); 2-2, Nerea, (87´).
Vitoria adicada a compañeira Candela.
Corme CF 10-0 SD A Baña
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “A espera do seu comentario…“.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido para recuperar sensacións e sacudirnos do empate da semana pasada, contra un rival valente que nos veu buscar arriba, pero que están en ano de formación e agora mesmo hai moita diferencia entre ambos equipos.
+3, portería a cero e minutos para todas, coa celebración do cumple de Candela de por medio…A traballar pensando na seguinte final xa“.
Xogamos con : Lucía Dourado, Saskia, Aroa, (Laura), Irene, Candela, Olalla, Lucía Rodríguez, (Salomé), Natalia, (Carla Vázquez), Zeltia, Naroa e Cris.
Goles :Naroa (4), Sakia, Cris (2), Nati, Aroa e Carla Vázquez.
Indidencias : O colexiado Bruno Méndez expulsou con dobre cartón a xogadora do A Baña, Yolanda, (24´e 30´).
Celebración das bergantiñanas en Vimianzo.
Soneira SD 0-3 Bergantiños FC B
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Bo partido no que o Soneira saleu moi enchufado de inicio tendo varias ocasións nos primeiros minutos. Conseguimos ir de menos a máis, controlando o xogo e xerando ocasións, malia que os dous primeiros goles chegarían a balón parado en sendos remates, (Carmen e You), de dúas faltas moi ben colgadas por Antía S.
A tónica na segunda parte foi parecida co Bergan máis asentado pero cun Soneira que non lle perdía a cara o partido. Chegaría un gol máis, foi un “gol olímpico” obra de Sara, antes do final do partido“.
Goles : 0-1, Carmen, (17´); 0-2, You, (38´); 0-3, Sara, (57´).
UD Corcubión 0-2 SD Fisterra
Goles : 1-0, Paula, (5´); 2-0, Ana Sierra, (57´).
O Ponteceso levouse o derbi de proximidade.
UD Cerqueda 0-2 Ponteceso SD
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido foi moi disputado moito xogo no medio do campo non houbo ocasións o Pontecedo dominaba máis pero os balóns que chegaban a nosa porteira eran balóns longos sin perigo, pero tivemos un fallo moi grande que acabou en penalti, e xa na parte final o 0-2 nun clarísimo fora de xogo, xa que a xogadora do Ponteceso remataba soa na liña de gol cando os dous equipos estaban xa fora da área pequena, pero nos competimos ben estamos mellorando a cada partido estás xogadoras son todo un orgullo”.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Esta semana tocaba un novo derbi de cercanía fronte o Cerqueda nun partido onde as de Curro chegaban con varias baixas. Foi un encontro onde costou bastante que as ocasións foran ben definidas e poideran subir ao marcador tamén grazas a boa actuación da gardameta rival, Inés Vega
Os dous goles do partido serían de Myre. O primeiro foi de penalti despois de que a porteira do Cerqueda cometerá unha falta dentro da área sobre Sarai cando estaba a piques de anotar o primeiro do encontro. O segundo chegaría tras un córner onde a de Ponteceso rematou totalmente soa no segundo pau.
As de Cerqueda non chegarían a xerar ningunha xogada de perigo durante o partido, pero aínda así felicitalas pola súa melloría, compromiso e esforzo de todas esas xóvenes xogadoras.
O lado positivo para as de Curro a pesar que non fixeron o seu mellor partido e que se suman outros tres puntos para intentar seguir no alto da táboa”.
Goles : 0-1, Myrella, (21´de penalti); 0-2, Myrella, (75´).
As camariñanas recuperaron a senda do trunfo.
EFCC “Juan Cabrejo” 5-1 SCD Pastoriza B
Juan Cabrejo, (Adestrador do Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, (Camariñas)) : “Partido no que nos costou entrar ben os primeiros 20 minutos, con moitas imprecisións, motivo polo cal con conseguíamos crear perigo.
A partires dese minuto o equipo empezou a ter máis posesión de balón e a chegar a área contraria, así chegaría o gol de Paula que nos dou moita tranquilidade e confianza.
No segundo tempo saimos moi ben, dominando e tendo ocasións, xogando un bo fútbol e conseguiríamos marcar catro goles máis para acadar unha vitoria merecida“.
Goles : 1-0, Paula Mouzo, (42´); 2-0, Laura Paredes, (49´); 2-1, Andrea, (64´); 3-1, Alba Mouzo, (73´); 4-1, Yara, (87´); 5-1, Laura Pose, (91´).
CF Muxía 3-0 Cabana SD
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía B) : “Partido que esperabamos complicado xa que o Cabana viña de varias semanas de boa dinámica sendo un dos equipos que máis nos custou na primeira volta, cunha gran porteira, a mellor da categoría.
Empezou o partido moi ben para a nos conseguindo ter o balón e enlazando moitas xogadas combinadas, teríamos varias chegadas nas que resolvería moi ben a porteira, que marca moito a diferencia nesta categoría. O primeiro gol chegaba tras unha xogada individual de Patri por banda sacando un centro a área que remataba Barca de cabeza, 39 anos tiveron que pasar para que anotara o seu primeiro gol de cabeza. Seguimos facendo o noso xogo e non tardou en chegar o gol de Elsy despois dun tiro cruzado desde o borde da área.
Con ese resultado chegaríamos ao descanso pero co bo sabor de boca de facer os nosos mellores 45 minutos da temporada, xogando doado, combinando e sin cometer erros.
Na segunda parte o Cabana volcaríase máis ao ataque e costábanos máis facer o xogo que fixemos na primeira parte. Tivemos que facer un xogo máis defensivo e sair máis a contra, onde houbo varias xogadas para meter o terceiro, ou elas meter o 2-1. Irene tivo dous man a man, un iríaselle por enrriba da portería e o outro resolveríao Vero, que esta a facer unha temporada espectacular no seu primeiro ano.
Xa no tramo final do partido chegaría o definitivo 3-0 por medio de Barca que tras duas boas paradas de Míriam definía para sentenciar o partido.
Resultado bo, e moi contentos polos primeiros 45 minutos das nosas, que como dixen fixeron o mellor xogo do que levamos de liga e deixando a porteria a cero por cuarto partido consecutivo”.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido entre dous equipos que traían unha boa xeira de resultados e no que o Muxía impuxo o seu ritmo dende o primeiro, o que o levou a dominar esta primeira parte e anotar dous goles por medio de Barca e Elsa, que refrendaron o bo xogo local con unha gran directora de orquesta e ben acompañada polo resto das xogadoras.
Apareceu moi pouco o Cabana que sufreu a lesión de Adriana os 20 minutos e costoulle sobrepoñerse a baixa. Xa no segundo tempo igualouse máis o partido e o Cabana puido meterse de cheo se Irene acertase en dous man a man ca porteira pero non houbo acerto. O Muxía tamén dispuxo de claras ocasións e xa no minuto final puxo o 3-0 definitivo“.
Xogamos con : Míriam, María, Sheila, (Valeria), Laura, Irene, Inma, Alejandra, Antía Pazos, Natalie, (Nuria), Adriana, (Saray), e Iria.
Goles : 1-0, Barca Toba, (22´); 2-0, Elsy, (27´); 3-0, Barca Toba, (88´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 52 puntos
2º CF Muxía : 43 puntos
3º Bergantiños FC B : 41 puntos
4º Ponteceso SD : 37 puntos
5º Cabana SD : 34 puntos
6º CF Mazaricos : 33 puntos
7º EFCC “Juan Cabrejo” : 33 puntos
8º UD Corcubión : 30 puntos
9º SCD Pastoriza B : 17 puntos
10º Sporting Zas : 15 puntos
11º Soneira SD : 11 puntos
12º UD Cerqueda : 7 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 5 puntos
-PREVIA-
-19ª Xornada-
(23/03/2025)
Cabana SD – Sporting Zas, ás 12:00 horas
CF Mazaricos – Corme CF, ás 12:30 horas
SD A Baña – Soneira SD, ás 17:30 horas
Bergantiños FC B – UD Corcubión, ás 16:30 horas
SD Fisterra – UD Cerqueda, ás 19:00 horas
Ponteceso SD – EFCC “Juan Cabrejo”, ás 16:15 horas
SCD Pastoriza B – CF Muxía, ás 12:00 horas
AVISOS
Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto Camariñas : Dulce “Corcu”
-Foto A Baña-Zas : Prensa Sporting Zas
-Foto : Bergantiños B : Noe Iglesias
-Corme : Rubén Souto
-Foto Ponteceso : Marcos “Curro”
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores