CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª XDA DA 3ª DA COSTA : “SOFAN B, MALPICA, ZAS, E VOLANTES SIGUEN NA LOITA POLO TÍTULO CON SÓ 2 PUNTOS ANTRE O PRIMEIRO E O CUARTO”.

O Zas sigue na loita por todo.

 

Voltaba a ter un compromiso moi complicado o Sporting Zas , se a semana pasada era co Malpica, segundo clasificado, desta volta era co Cerqueda, quinto, Venceron os de Rubén Forján e siguen na loita por yodo. O lider Sofán B non fallaba e manten o putno de ventaxe sobre o Malpica que derrotaba o Seaia no derbi, namentras que o Volantes, a 2 puntos do lider e 1 da segunda plaza, (como o Zas), goleaba o Buño, (1-4). A vitoria do Oza sobre o Inter de Brens arrima un pouquiño os de Gustavo Novo a loita pola promoción aproveitando a derrota do Cerqueda.

Por abaixo a nova máis destacada foi o empate antre o Laxe e o Muxía, para os laxenses segundo empate consecutivo e para os rapaxes muxiáns suman un punto tras 7 xornadas sen facelo.

GOLEADORES

Ismael Ramos, (Sofán B), colle a cabeza da táboa dos Pichichi con 23 goles en 15 encontros superando nun gol o ata a semana pasada lider, Raúl Corzón, (Sporting Zas), Adrián Vázquez, (Sofán B), con 18 tantos, ocupa agora o terceiro posto do podio de goleadores.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-20ª Xornada-

-02/02/2025-

SD Camelle 2-3 CD Baiñas

  Sporting Zas 2-1 UD Cerqueda

 Atlético Pereiriña FC 0-4 SD Sofán B

Sporting Seaia CF 0-2 SCD Malpica

SD Oza 7-1 Inter de Brens

SCD Buño 1-4 Volantes de Baño FC

SD Laxe 2-2 CF Muxía B

Descansa : CD Nantón

 

-CRÓNICAS-

 

SD Camelle 2-3 CD Baiñas

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido no creo que dominamos nós un pouquiño máis tendo as ocasións máis claras, pero outra vez os nosos propios fallos axudáronlle o rival.


Poñeríase por diante o Baiñas cun tiro dentro da área, donde antes non acertamos a despexar, e empataríamos nunha contra cun tiron cruzado de Lucas. Ó 1-2 chegaría nun tiro de fora da área, que se coaría por toda a escadra, marcando un golazo. Teríamos nós un par de contras claras e un par de corners bos, pero quen poñería terra de por medio sería o Baiñas facendo ó 1-3, nunha xogada casi calcada a do primeiro gol. Así remataría a primeira parte.

Sairíamos tralo descanso máis serios e aguerridos, dominando os segundos balóns e con chegadas moi claras, donde a o seu porteiro unhas veces e outras a defensa, serían capaces de desbaratarnolas todas. Seguimos insistindo e recurtaríamos distancias por medio dun penalti, (que non era, según os meus xogadores), non paramos de insisitir e casi no ultimo minuto, Sandro dispararía dende fora da área, o balón batiría no traveseiro e logo na liña de gol, pero coa mala sorte de que sairía para fora. E asi chegaría o final coa derrota nosa por 2-3″.

Goles : 0-1, Raúl, (12´); 1-1, Lucas Caamaño, (17´); 1-2, Pablo, (24´); 1-3, Raúl, (38´); 2-3, Lucas Caamaño, (82´de penalti).

 

 

Sporting Zas 2-1 UD Cerqueda

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :O encontro entre o Sporting Zas e o Cerqueda, dous equipos situados na parte alta da táboa, prometía intensidade e competitividade,dende o inicio.

Dende o pitido inicial, ambos equipos deixaron claro que non ía haber concesións. O Zas apostou por sorprender cos xogadores de segunda liña, tentando gañar as costas da defensa do Cerqueda.Nesta primeira metade, as ocasións máis claras para os locais foron un man a man de Adrián Rama co porteiro e unha boa xogada por banda esquerda de Andrés que non se logrou finalizar na área pequena.

O Cerqueda, pola súa parte, mostrou unha defensa moi ordenada, moi atentos ás segundas xogadas e intentando conectar rapidamente cos seus homes de ataque. Palermo e Salah xeraron perigo nas transicións ofensivas e tamén a balón parado, onde os visitantes sempre foron unha ameaza.

O desgaste físico foi enorme, e iso notouse no último cuarto de hora da primeira metade, onde o ritmo baixou lixeiramente despois dunha fase inicial moi intensa. Co 0-0 no marcador, chegouse ao descanso con todo por decidir.

NA reanudación seguiu un guión semellante ao da primeira parte, con ambos equipos buscando o gol, aínda que con menos intensidade debido ao desgaste físico. A medida que pasaban os minutos, as liñas comezaron a separarse, abríndose espazos e deixando máis opcións para as xogadas ofensivas.

Nunha destas accións, Redondo atopou un pase para Andrés, que definiu para facer o 1-0 e poñer por diante ao Zas. Este gol impulsou ao Zas, que seguiron buscando ampliar a vantaxe, e lograron facelo grazas a un auténtico golazo de Adrián Domínguez, que enganchou unha volea espectacular para poñer o 2-0.

O Cerqueda non se rendeu e conseguiu recortar diferenzas nos minutos finais tras unha cesión curta que foi aproveitada polo seu dianteiro, establecendo o 2-1 definitivo”.

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Foi un partido moi disputado e con bastantes ocasións para os dous equipos, e con unha parte tamén para cada equipo. Na primeira chegamos varias veces con claro perigo pero non tivemos acerto, e eso pasounos factura na segunda metade.

Fómonos amolados pola derrota pero non pola imaxe, nin polo partido disputado porque estivemos, para min, a un moi bo nivel ante un gran equipo”.

Goles : 1-0, Andrés, (66´); 2-0, Adrián, (83´); 2-1, Víctor, (66´).

 

Atlético Pereiriña FC 0-4 SD Sofán B

Goles : 0-1, Marcial, (14´); 0-2, Adrián, (17´); 0-3, Ismael, (33´de penalti); 0-4, Ismael, (59´).

 

Sporting Seaia CF 0-2 SCD Malpica

Goles : 0-1, Crístian, (70´); 0-2, Damián, (93´).

 

SD Oza 7-1 Inter de Brens

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Primeira metade igualada con xogadas que non acababan de concretarse para os locais. Varios fallos no último pase e na definición de cara a portería. Chegou a reclamar unha man ao fio do descanso o equipo visitante e incluso a recortar tras unha xogada de falta no añadido.

Segunda parte máis dominada polos nosos, marcando varios goles e sen sufrir moito perigo por partes dos visitantes que baixaron de ritmo“.

Goles : 1-0, Nacho Pose, (19´); 2-0, Abib, (45´); 2-1, Ricardo, (50´); 3-1, Salah, (60´); 4-1, Nacho Pose, (61´); 5-1, Salah, (67´); 6-1, Archi, (69´); 7-1, Archi, (81´).

Incidencias : O colexiado Tomás Garrido expulsou por dobre cartón o xogador dos ocenses Archi, (13´e 86´).

 

SCD Buño 1-4 Volantes de Baño FC

Goles : 1-0, Brais, (28´); 1-1, Borja, (34´); 1-2, Rubén, (69 en propia porta´); 1-3, Raúl Lestón, (80´); 1-4, Manuel, (91´).

 

SD Laxe 2-2 CF Muxía B

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido igualado, con poucas ocasións e moitas imprecisións. Adiantouse o Muxía na primeira parte, nun rexeite dun corner ben aproveitado. Empatamos pouco despois por medio de Felipe cun testarazo tras un balón colgado de falta o borde do área.

Na segunda metade, erro de marcaxe e penalti, que materializan e pon por diante os muxiáns. A partir de aí apretamos tivemos varias para empatar, quedamos con dez pero seguimos apretando, hasta empatar de penalti. E tivemos outra clara con balón o Pau. No último minuto Unha pequena tangana e expulsáronnos outros dous, quedando eses últimos minutos con 8″.

Goles : 1-0, Brais, (26´); 2-0, Andrés, (37´); 3-0, Andrés, (39´); 3-1, Fabián, (41´); 3-2, Santiago, (47´); 3-3, Adrián, (60´); 4-3, Brais, (67´).

Incidencias : O colexiado Óscar Rey expulsou por dobre cartón os xogador dodo Laxe, Alejandro, (52´e 59´), e Felipa, (35´e 93´), e con vermello direto a Raúl, (93´). e no Muxía con vermello direto a Adrián, (93´). .

 

Descansou : CD Nantón

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 SD Sofán B : 41 puntos

 SCD Malpica : 40 puntos

3º Sporting Zas : 39 puntos

4º Volantes de Buño FC : 39 puntos

 UD Cerqueda : 31 puntos

  SD Oza : 24 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 22 puntos

 CD Baiñas : 20 puntos

 CD Nantón : 18 puntos

10º Sporting Seaia CF : 14 puntos

11º SD Camelle : 12 puntos

12º SCD Buño : 12 puntos

13º Inter de Brens : 12 puntos

14º CF Muxía B : 8 puntos

15º SD Laxe : 4 puntos

 

PREVIA

-19ª Xornada-

-08/02/2025-

CF Muxía B-SD Camelle, 08/02 ás 16:30 horas

  CD BaiñasSporting Zas, ás 16:00 horas

 UD Cerqueda-Atlético Pereiriña FC, ás 18:15 horas

SD Sofán BSporting Seaia CF, ás — horas

SCD Malpica-SD Oza, ás — horas

Inter de Brens-CD Nantón, ás 18:00 horas

Volantes de Baño FC-SD Laxe, ás 16:30 horas

Descansa : SCD Buño

AVISO : Os horarios e datas son ofiviosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

 

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies