CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA 3ª DA COSTA : “O CAMARIÑAS VOLVE A FALLAR E XA TEN O OUTES A PUNTOS NO LIDERATO”.

RESULTADOS

18ª Xornada

UD Monte Louro 3-0 D Camelle 

Sporting Seaia CF 4-4 UD Corcubión 

FC Camariñas 0-4 CD Nantón 

Outes CF 3-0 CF Porteño 

SD Laxe  6-0 SD Ameixenda

Descansa : CF Castrelo

 

O Monte Louro goleou e afianza o posto de promoción.

 

UD Monte Louro 3-0 SD Camelle

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido que se puso de cara con un gol olimpico de Pesco y una primera parte donde lograriamos dominar con un muy buen juego combinativo y asi crear numerosas ocasiones de gol. Con dos goles mas de Pesco antes del descanso se terminaria el partido y la segunda parte seria un mero tramite para los dos equipos”.

Carlos Lema, (Presidente do UD Corcubión) : “Púxoselle da cara o partido o Louro, que os 2 minutos xa se puxo por diante con un gol de corner direto. E pouco despois marcaría o segundo, despois dun gran remate desde fora da área o rexeite de outro corner. Na segunda demos a cara e xogamos mellor pero o marcador xa non se moveria. Fixo un bo partido o Louro e foi xusto vencedor”.

 

Goles : 1-.0, “Pesco”, (2´); 2-0, “Pesco”, (20´); 3-0, “Pesco”, (38´ de penalti).

Árbitro : Francisco Manuel Brión.

 

 

FC Camariñas 0-4 CD Nantón

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Vergonzoso un lider non pode dar esa imaxe, así nin 1 punto facemos nos proximos 3 partidos. As camisetas non xogan solas”.

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido no que tiñamos moi claras as cousas e onde debíamos tapar para facer dano. Tamén é certo que nos saiu todo. Ademáis, temos a Josiño en estado de gracia, e eso desnivela a balanza. A pesar de todo, creo que a clave foi a intensidade que impuxemos desde o minuto 1, e que non se baixou durante todo o encontro”.

 

Goles : 0-1, Fran Gavín, (4´); 0-2,  Josiño, (29´); 0-3, Josiño, (37´); 0-4, Chrístian, (65´).

Árbitro : Iván Ferreiro

 

 

Outes CF  3-0 CF Porteño

Miguel da Laracha (Adestrador do Outes CF) :Partido sin claro dominador na primeira parte , demasiados errores por ambos equipos. Na segunda estivemos algo mellor, e co paso dos minutos pasamos a controlar o partido e a ampliar o resultado“.

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “Pouco que contar, empezamos ben incluso con duas ocasións moi claras pero penalízanos a falta de gol. Eles aproveitaron un mal despexe, e materializaron a sua ocasión pouco antes do descanso. Eles tiraron un balón o pau, e nós outro man a man foise por encima da portería. Na segunda eles marcaron de novo e despois con todos os cambios feitos e case o final e co equipo volcado, remataron o partido co tercer gol. Un xusto vencedor o Outes, e un comportamiento exemplar dos dous equipos, que brindaron un bo partido no que gañou o que máis acero tivo. Gran arbitraxe tamén.”.

 

Goles : 1-0, Martín, (24´); 2-0,  Eloy, (55´); 3-0, Eloy, (85´).

Árbitro : Borja Buján.

Incidencias : Expulsou no banco o meta suplente do Outes CF, Juan Rivas con vermello direto no 80´. Debutou no banco do CF Porteño, Javi Baña.

 

 

SD Laxe 6-0 SD Ameixenda

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Partido donde empezamos ben pero co paso do tempo e errando claras oportunidades. Fómonos deixando ir co xogo deles, ainda así seguimos tendo oportunidades e fomos o descanso cun 2-0. Xa na 2ª parte saimos moito mellor marcando no inicio 2 goles máis e xa contra o final marcaríamos os outros 2. Un partido para seguir sumando”.

Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Partido dominado polo Laxe de principio a fin, no que o Ameixenda aguantou ata ben entrado o primeiro tempo. Xa o Laxe tivera algunhas ocasións, pero ou por erros dos dianteiros ou acertos de Rivers, non se movíu o marcador ata o m.35. Antes do descanso conseguiron dous golrs mais, deixando o encontro decidido. O segundo tempo seguíu de forma parecida ao primeiro, facendo os locais outros tres goles. Destacaron polo Ameixenda, Rivers, con varias paradas de mérito e o debutante Miguel Ángel”.

 

Goles : 1-0, Adrián, (35´); 2-0,  Jorge, (41´); 3-0, Pablo, (44´ propia porta); 4-0, Juan, (56´); 5-0, Daniel, (73´); 6-0, Gora, (79´).

Árbitro : Jorge Calvete.

 

 

Sporting Seaia CF 4-4 UD Corcubión

Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que foi unha parte, para cada equipo. Na primeira estivemos mellor nós, ainda que fallamos tanto en defensa como en ataque ocasions claras, e o Corcubión na segunda chegou a igualar, un encontro que perdía a hora de xogo por 4-1”.

Carlos Lema, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chuegue o seu comentario colgarémolo aquí”.

 

Goles : 1-0, Andi, (8´); 2-0,  Miguel, (13´); 2-1, Rubén, (43´); 3-1, Isaac, (45´); 4-1, Raúl, (51´); 4-2, Carlos, (62´); 4-3, Iago Lema, (80´ de penalti); 4-4, Esteban, (desconto).

Árbitro : Óscar Santos.

Incidencias : Expulsou por dobre cartón aos xogadores do UD Corcubión ; Mario, (90´e 99´) e José Ramón, (90´e 90´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

 

PICHICHIS

-Josiño, (CD Nantón) : 14, (1 de penalti) en 15 encontros

-José “Pesco”, (UD Monte Louro) : 12, (1 de penalti) en 12 encontros

-Brandon, (FC Camariñas) : 12 en 16 encontros

 

 

PROXIMA XORNADA

19ª Xornada

-Domingo 09/02/2020-

SD Ameixenda – CF Castrelo : 17:00 horas

SD Camelle – Sporting Seaia CF : 16:30 horas

UD CorcubiónFC Camariñas : 16:30 horas

CD Nantón – Outes CF : 16:30 horas

CF Porteño SD Laxe : 16:30 horas 

Descansa : UD Monte Louro

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto UD Monte Louro-SD Camelle : Eduardo Olveira

 –Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.