O Xallas celebrando tras tumbar a muralla de Lugo.
Semana positiva para os equipos costeiros ca vitoria do Xallas na casa do Lugo B, que mantén o liderato, vitoria do Cee a domicilio ante o Orillamar e empate do Dumbría no Conco ante o Sporting Burgo que as precede na clasificación.
Xornada suspendida
Da 17ª xornada que se suspendeu polo temporal “Herminia”, Xallas e Cultural Maniños, (1-0), e Sporting Meicende-Tordoia, (0-1), xa xogaron, tal como xa vos informamos e achegamos crónicas. O resto dos encontros nos que o Dumbría visita o Pastoriza B e o Cee recibe o Silva, xogaranse, en principio, o vindeiro 2 de Marzal.
GOLEADORAS
Eva Lema, (CF Dumbría), esta xornada non marcou pero sigue liderando a táboa con 19 tantos, (3 de penalti), pero con parella no máis alto do podio de “Pichichis”, xa que Paula Veiga, (UC Cee), que fixo dous dos goles das ceenses esta semana chega ós 19 goles, (2 de penalti), os mesmos ca muxiana. No segundo chanzo da clasificación está Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 17 goles en 15 choques. O podio de goleadoras péchao Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 16 tantos.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
2ª GALEGA FEMININA G1
-18ª Xornada-
-02/02/2025-
Orzán SD B 4-0 Cultural Maniños
PM Friol B 2-0 Brexo Lema
Silva SD 0-1 UD Carral
Orillamar SD 0-3 UC Cee
CF Dumbría 1-1 Sporting Burgo
SD Tordoia 2-3 SCD Pastoriza
UDJ Almeiras 2-2 Sporting Meicende
CD Lugo B 0-1 Xallas FC
CRÓNICAS
Orillamar SD 0-3 UC Cee
Goles : 0-1, Nerea, (4´); 0-2, Paula, (74´de penalti); 0-3, Paula, (78´)
CF Dumbría 1-1 Sporting Burgo
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido tosco, intenso e entretenido. Primeira parte, na que as visitantes saían coas ideas moi claras de meter presión arriba e unha inteseidade supeior a nosa, costounos adaptarnos e encontrar os espacios, tanto que nunha mala saida en corto roubarían o balón no borde do área e farían o 0-1, co cal chegaríamos o descanso.
Na segunda metade sabendo xa o que nos esperaba puxémonos o mono de traballo, e si non facendo o partido que nos gustaría polo partido plantexado polas rivais soubémonos adaptar e competir en esas condicións, chegando a ter diversas ocasións e sin casi conceder. Contra o final xa tirando máis de corazón e coraxe coseguíamos empatar o partido, pero ainda quedaría tempo para o infarto, xa que primeiro nós teríamos unha que pasaría cerca, e despois as visitantes collerían a espalda da nosa liña defensiva, e un gran repliegue de Mai, máis a boa saida de Liss tapando portería, farían que non fora un tiro cómodo e saíra rozando o pau.
Penso que empate xusto, tristes porque sabemos que poderíamos rascar algo máis, felices pola actitude sobretodo a nivel grupal na segunda metade, e que poderíamos non haber sumado“.
Goles : 1-0, Nuria, (12´); 1-1, María Pérez, (90´).
CD Lugo B 0-1 Xallas FC
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Saida complicada a que nos tocaba hoxe ante o filial do Lugo, para manter unha semana máis o liderato. Saimos moi concentradas e aos poucos minutos nunha internada de Barcia por banda, nun bo centro unha defensa contraria non acerta a despexar e mete o balón en propia meta.
Controlamos xogo e xogamos ao noso toda a primeira parte, cunha gran Mery escoltada por Otero, Oli e Espasandín. Tivemos algunha ocasión máis por medio de Oli antes de irnos ao descanso.
Na segunda parte as rivais suben liñas, cambian sistema e perdemos algo o control do xogo, ainda así poñémonos o traxe de faena e defendemos unha nova portería a cero, tendo moi boas ocasións de Espasandín nun roubo na última liña delas, ou nu saque de recuncho por medio de Mery. Gran partido de todas…+ 3“.
Goles : 0-1, María Paredes, (4´en propia porta).
-CLASIFICACIÓN-
1º Xallas FC : 47 puntos, (1 encontro máis)
2º SCD Pastoriza : 45 puntos
3º SD Tordoia : 38 puntos, (1 encontro máis)
4º Orzán SD B : 36 puntos
5º UD Carral : 33 puntos
6º UC Cee : 30 puntos
7º Sporting Burgo : 30 puntos
8º CF Dumbría : 28 puntos
9º PM Friol B : 19 puntos
10º CD Lugo B : 18 puntos
11º Brexo Lema SD : 17 puntos
12º UDJ Almeiras : 13 puntos
13º Orillamar SD : 13 puntos
14º Sporting Meicende : 11 puntos, (1 encontro máis)
15º Cultural Maniños : 11 puntos, (1 encontro máis)
16º Silva SD : 5 puntos
-PREVIA-
-19ª Xornada-
-09/02/2025-
Xallas FC-Orzán SD B, ás 12:15 horas
Cultural Maniños–PM Friol B, ás 12:15 horas
Brexo Lema-Silva SD, ás 16:30 horas
UD Carral–Orillamar SD, ás 20:00 horas
UC Cee-CF Dumbía, ás 16:00 horas
Sporting Burgo–SD Tordoia, ás 19:00 horas
SCD Pastoriza-UDJ Almeiras, ás 17:00 horas
Sporting Meicende-CD Lugo B, ás 19:00 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres.
-Foto : Eloy García
-Texto : Xosé Búa “Pirata
-Comentarios : Os adestradores