CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “VITORIAS DE DUMBRÍA E CASTRIZ E DERROTAS DO FISTERRA, MUXÍA, ESTEIRANA E SAN LORENZO PARA COMEZAR O 2025”.

O San Lorenzo mereceu máis ante o Tordoia.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 17ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.

Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

CRÓNICA XERAL

Repítese a historia da derradeira xornada do 2024 e neste inicio de 2025 temos duas vitorias e 4 derrotas nos equipos da costa. O Dumbría inicia o ano goleando e na segunda posición da liga a 2 puntos do lider Club do Mar. Os dumbrieses son xunto o Castriz os únicos que venceron no seu encontro. Fisterra, Muxía, Esteirana e San Lorenzo comezaban este novo periplo con derrotas, todas elas pola mínima. Para os muxiáns era a primeira derrota na Arliña onde só sabían o que era gañar, namentras que os fisterráns sumaban a primeira derrota no Arasolis tras 6 vitorias e 2 empates.

GOLEADORES

Isaac Fábregas, (SD Fisterra), saeu lesionado e sen marcar pasada a media hora de enontro e pasa a superalo como Pichichi da liga o seu veciño Diego Estévez, (CF Dumbría), que lle fixo 3 ao e suma 21 goles, (1 de penalti), dous máis ca Isaac que pasa o segundo posto. Adrián García, (SR Calo), completa o podio da liga con 17 dianas, (4 de penalti). 

 

PRIMEIRA GALICIA G2

-17ª Xornada-

-12/01/2025-

SD Castriz 3-0 Bertamiráns FC

Vista Alegre SD 1-3 CF Dumbría

SR Calo 2-1 Praiña Sporting Club

SCDR Esteirana 0-1 UD Carral

Club do Mar 2-0 SD Agolada

SD San Lorenzo 0-1 SD Tordoia

CF Muxía 0-1 Vizoño SD

Bastavales UD 0-1 Vea CF

SD Fisterra 1-2 Boimorto CF

 

-CRÓNICAS-

 

CF Muxía 0-1 Vizoño SD

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido que nos colle un pouco desprevenidos polo plantexamento do Vizoño do cal nos esperábamos outro tipo de plantexamento, viñeron propoñendo un bloque moi baixo tapando pases interiores por dentro deixándonos as bandas pero non fomos quen de facer dano, tivemos un par delas pero sen facer dano e eles teñen un man a man que non aproveitan e despois fannos o gol nun centro lateral. Na segunda metade tivémolos embotellados pero non eestivemos finos de cara a portería. Tivemos ocasións para empatar e se chegase o gol para gañar pero estamos nesa racha que non nos están a entrar os balóns“.

Goles : 0-1, Diatta, (40´).

 

SD San Lorenzo 0-1 SD Tordoia

Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) :Un San Lorenzo que dou a cara na casa e mereceu mais. Entrou mellor o San Lorenzo, tendo o control do partido e metendo o tordoia no seu campo pero sen ocasións claras. Pouco antes do descanso o Tordoia quedaba con 10 por duas tarjetas seguidas de Alberto Fraga.

Na segunda metade o Tordoia daba un paso atrás e salía a contra con Denís e Abel. O Tordoia encontrábase cun gol tras un tiro que bate nun defensor e lle cae o rexeite a Denis que marca a placer, os locais reclaman unha posible falta o defensor antes do remate. Gol que fixo moito dano o San Lorenzo cando tiña o partido controlado. Seguiuno intentando o San Lorenzo colgando balóns e metendo o rival na sua area pero non chegou o gol”

Goles : 0-1, Denís Pose, (55´).

Incidencias : O colexiado Eloy Galán que estivo auspiciado nas bandas por Lucas Rey e Daniel Carreira, expulsou con dobre cartón o xogador do Tordoia, Alberto Novoa, (43´e 45´), e o adestrador tordoies, Alberto Pallas con vermello direto, (67´).

 

SCDR Esteirana 0-1 UD Carral

“A espera do seu comentario“.

Goles : 0-1, Jacobo, (32´).

 

SD Fisterra 1-2 Boimorto CF

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido no que comezamos moi mal, moi imprecisos e no que nos fan un gol aos 3 minutos, eles viñan cun par de baixas pero o once que sacaron era moi bo, para min dos mellores equipos da categoría e a verdade que Manu Casal saca un moi bo disparo a base do pau e golazo. Demasiado pronto, costounos recuperarnos e no minuto 10 ou 12 de novo Manu, nun balón que controlan ca man, o árbitros dinos que non vai direta o gol senón que chega a un compañeiro, e cun zurdazo fai o segundo. Fomos mellorndo e estando máis sólidos e temos unha moi boa de Lobelos que cruza e vai o pau e no rexeite de Bruño saca un defensa. O porteiro cun potencial moi alto desbaratou un par delas nosas, e nun saque de curruncho sacado por Dani meten eles en propia porta. Esto dounos ás e ata o descanso fomos mellores ca eles. Tivemos un golpe moi duro ca lesión de Isaac, que para nós e todo.

Seguímolo tentando na segunda, con Rubén que volvía. O contexto do partido para eles foi aguantar e buscar o contrataque e buscar segunda xogadas. Tivemos duas ou tres claras, nunha con Makaay que cando lle chegou o defensa quere cruzaarlla o porteiro e este sacouna. Xogada clave para conseguir o empate e pouco despois unha de Jano que pasou por liña de gol. Estaba sendo inxusto pois tíñamos ocasións como para levarnos os 3 puntos. Debutou Gabriel e seguíamos creando perigo e chegou unha de Bruno que non foi de miragre. Creo que o equipo mereceu máis e que non saeu a rómpenos unha xeira de 10 encontros na casa sen perder. Perdemos a Isaac pero imos recuperando efectivos e a seguir competimos. Podíamos gañar ou perder dado o rival pero queda moito e a seguir. Un quinto posto na primeira volta na primeira volta creo que é especatcular e a lotar que é o que mellor sabemos facer “.

Goles : 0-1, Casal, (2´); 0-2, Casal, (10´); 1-2, Borja, (23´en propia porta).

Incidencias : Saeu lesionado no 36 Isaac Fábregas, que era o máximo goleador da competición con 19 goles. O noso desexo de que sexa o mínimo posible e esté pronto recuperado.

 

SD Castriz 3-0 Bertamiráns FC

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Empezamos mellor no encontro que o Bertamiráns, roubando balóns moi arriba e xerando moito peligro na súa portería. Co paso dos minutos, a balanza foi equilibrándose e cando mellor estaba o rival, sendo quen de salir da nosa presión, marcamos dous goles en cuestión de minutos que os hundiron mentalmente.

A segunda parte foi moito máis espesa, sin peligro en ningunha das porterías, e cando eles se decidiron a subir líneas no treito final, nós acabamos sentenciando á contra tras un par de ocasións erradas. Estivemos lonxe da nosa mellor versión, pero dounos para gañar con solvencia e deixar por primeira vez a portería a cero no que vai de tempada.

Rematada a primeira volta, estamos na zona medio-alta da tabla, máis cerca do playoff de ascenso que do descenso. A ver si somos capaces de mellorar estes números na segunda volta“.

Goles : 1-0, Borja, (29´); 2-0, Iván Facal, (35´); 3-0, Jorge, (94´en propia porta).

 

Vista Alegre SD 1-3 CF Dumbría

Goles : 0-1, Diego Estévez, (9´); 0-2, Diego Estévez, (41´); 0-3, Diego Estévez, (74´); 1-3, Lucas, (77´).

 

-CLASIFICACIÓN-

Club do Mar : 41 puntos

2º CF Dumbría : 39 puntos

 UD Carral : 36 puntos

 Boimorto CF : 35 puntos

 SD Fisterra : 28 puntos

6º CF Muxía : 28 puntos

7º SR Calo : 27 puntos

 SD Castriz : 26 puntos

 SD Tordoia : 24 puntos

10º Vizoño SD : 21 puntos

11ºPraiña SPC : 20 puntos 

12º Bastavales UD : 20 puntos

13º Vea CF : 20 puntos

14º SCDR Esteirana : 18 puntos

15º SD Agolada : 15 puntos

16º Bertamiráns FC : 12 puntos

17º Vista Alegre SD : 8 puntos

18º SD San Lorenzo : 6 puntos

 

PREVIA

-18ª Xornada-

-19/01/2025-

Bastavales UD-SD Fisterra, ás — horas

CF MuxíaVea CF, ás — horas

SD San Lorenzo-Vizoño SD, ás — horas

Club do MarSD Tordoia, ás — horas

SCDR Esteirana-SD Agolada, ás — horas

SR CaloUD Carral, ás — horas

Vista Alegre SD-Praiña Sporting Club, ás — horas

SD CastrizCF Dumbría, ás — horas

Bastavales UD-Vea CF, ás — horas

Bertamiráns FCBoimorto CF-, ás — horas

 

AVISO :

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

-Foto : Luis González

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies