CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª XDA DA LIGA DA COSTA : “XORNADA DO ENTRUIDO CON MOITOS RESULTADOS QUE AFECTARON A CLASIFICACIÓN”.

Animado derbi o que se veu na Grixa, (Ponte do Porto).

A xornada do “Entruido” que non debería existir e que valeu para recuperar a xornada 17 que non se xogara por un forte temporal, tiña varios encontros moi atractivos e que deron moito xogo. O primeiro o do lider Camariñas no derbi de rivalidade co veciño Porteño e que se levou o equipo da Ponte do Porto nos derradeiros suspiros do choque, (2-1), para que o Xallas se aproxime de novo a cabeza da tábao tras vencer o Outes cun axustado 1-0. O Monte Louro mirando de reollo estes encontros recibía a un Corcubión que pisou moito tempo a derradeira praza pero que foi crecendo coma os xenos antes do “Entruido” e fixo un bo cocido cos loureses, (1-4), para darlle emoción a loita pola promoción.

Outro encontro moi atractivo era o Soneira-Baio co terceiro posto en xogo e que se levaron os vimianceses, (2-1), para desbancar os baises do podio da liga.

Por abaixo non foi menos e houbo 3 trunfos claves para os que os acadaron xa que eran duelos diretos.  O Muros derrotaba o Lira, (0-2), o Mazaricos ao Cabana, (3-0), e o Coristanco o Cee, (3-4), deixando moi mal parado ao Lira e do Cee xa pouco hai que dicir, que os rapaces vaian crecendo en vista a vindeira tempada. 

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. O que ten que quedar claro é que os que non contestaron cando se lles pideu comentario non lles imos a estar a molestar pedíndollo máis.

GOLEADORES

César Lojo, (UD Corcubión) sigue primeiro nos goleadores con 19 dianas, en 20 choques, (2 pen). O segundo chanzo do poido sigue sendo de Djibril, (Camariñas FC), cos seus 17 goles, en 15 encontros, (6 de  penalti), e completa o podio unha semana máis, Martín “MC”, (CD Baio), con 15, (3 p) en 20 encontros.

 

LIGA DA COSTA

-17ª Xornada-

-(28/0201/03-02/03)-

Xallas FC 1-0 Outes FC

CF Lira 0-2 CD Muros

CF Mazaricos 3-0 Cabana SD

Ponteceso SD 3-0 Corme CF

CF Porteño 2-1 Camariñas FC

UC Cee 3-4 SD Coristanco

UD Monte Louro 1-4 UD Corcubión

Soneira SD 2-1 UC Cee

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-CRÓNICAS-

Xallas FC 1-0 Outes FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido en horario pouco habitual na noite do venres pero cunhas sensacións moi boas das que se palpan cando ves aos xogadores e que despois se palpan no terreo de xogo. Unha primeira metade na que xogamos de inicio cun posicionamento un pouquiño conservador en especial nos primeiros 20 minutos nos que non nos saía nada, sen dominar o balón e eles facendo que tiveramos que estar un pouco atrás. Logramos pechar a banda que nos daba perigo e facendo transicións rápidas ca velocidade que tíñamos arriba e o primeiro gol chegou nunha acción así. Roubo transacións rápidas e creando dúbida antre os centrais e Rubén Sande marca a pracer tras recibir só. Cousa que non estaba saindo pero que deu tranquilidade para ir así o descanso.

Na segunda metade saimos ca mesma idea pero o equipo apagouse un pouco e tivemos que comezar trocos e ca boa nova de recuperamos despois de moito tempo oparado o capitán Doro. O resultado era favorable pero non podemos perdoar tanto. Temos que insisitir nesas accións e non perdoar. Desta vez saeu cara pero pode sair cruz.

Para semana tentar coller unha boa dinámica de resultados ca visita a Cee e aproveitar os enfrontamentos diretos dos nosos adversarios.“.

Goles : 1-0, Rubén Sande, (23´).

 

CF Lira 0-2 CD Muros

Goles : 0-1, Daniel, (62´); 0-2, Javier, (64´).

 

CF Mazaricos 3-0 Cabana SD

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Mala primeira metade pola nosa parte donde o Mazaricos aproveitou ben a sua superioridade para marcar 2 goles antes do descanso.

Na segunda a primeira media hora foi totalmente nosa con ocasións de Simón, cun tiro o pau incluido, Pablo que non acertou co porteiro xa batido e Ferreiro que rematou un córner lambendo o longueiro. Non conseguimos marcar e os últimos 15 minutos foi un querer e non poder. Cerca do final Molinos pecharía o partido co definitivo 3-0″.

Xogamos con : Alvarellos, (Manu Nanton), Mario, Noé, Ferreiro, Aarón, David, Miki, Nando, Simón, Cristian, (Leis) e Pablo.

Goles : 1-0, Kevin, (42´); 2-0, Kevin, (41´); 3-0, Molinos, (93´).

 

Ponteceso SD 3-0 Corme CF 

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Foi un derbi con pouca emoción e pouco xogo. Nós démoslle o balón o Corme e esperámolos no medio campo sabedores da dificultade de eles si o balón non chega a pés de Lucas con boas opcións. A partires de aí conseguimos adiantarnos con un bo tiro libre de Puente e outra boa chegada na que Eloy puxo o 2-0 antes do descanso e pouco máis.

No segundo tempo máis do mesmo, o balón para eles e nós algunha contra e deixar pasar o tempo. Tres puntos moi importantes para escapar un pouco máis da zona de descenso e intentar enganchar cos de arriba, que por outra parte vai ser difícil“.

Goles : 1-0, Martín, (28´); 2-0, Eloy, (40´); 3-0, Hadrán, (95´).

 

O Porteño volve a abrir a loita polo título.

 

CF Porteño 2-1 Camariñas FC

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Saíunos moi ben o plan de partido e o equipo fixo un gran traballo. O encontro foi moi igualado, o Camariñas intentando mandar co balón nos pes e xogando sobre os seus delanteros e nos controlando o partido desde o posicionamento defensivo. Marcamos pronto, tras un disparo de fora e un rechace que pesca o Yuyo e métea dentro.

Na primeira tivemos un par delas claras: 1 de Martín que enviou ben a corner Jorge, e outra de Alfredo de cabeza tras centro de Mayor, e xa contra o descanso un 3×2 no último cuarto de campo que non soubemos resolver ben. Eles tamén tiveron un par de acercamentos de Djibril e de Mario nunha internada pola esquerda que atallou ben Mariolo, contra o final un remate ao lateral da rede de Mario.

Na segunda parte, intentaron ir mais arriba colocando 2 puntas, o que nos permitía salidas con moito espacio. Defendíamos en campo propio e cando roubábamos na sua contrucción chegabamos con ventaxa e superioridade a área contraria. Sacamos un par de corners que solventaron ben. Tivemos unha de Yuyo no 53 que marchou lambendo o pau, outra de Pablo que xa cantamos gol, pero remata defectouso coa cabeza dentro da área pequena (nesta acción ten que saír lesionado). Pero cando tiñamos o partido máis ou menos controlado defendendo o seu xogo direto, chegou unha falta no borde da área con tan mala sorte que no saque de Javi, o balón é desviado tras tocar Darío e métese dentro collendo a Mariolo a contrapé. Era o min 84.

Un momento crítico no que lembrábamos os dous puntiños que se nos marcharan a semana pasada despois de tan bo traballo. Pero soupemos reaccionar ben, e 5 min máis tarde, despois de un tiro peligroso de Darío desde a frontal que se vai alto, chega o 2-1 no min 89 nunha internada de Yuyo pola dereita que bate a Jorge por arriba.

De aí ao final 7 minutos de sufrimento, no que sae expulsado Javi e deixaba o rival con 10. De todas maneiras soubemos estar coa solvencia defensiva necesaria.

A verdade é que foi unha victoria moi traballada pola nosa parte ante o líder da categoría, un líder tan perigoso e con tanta dinamita arriba que é moi difícil que non meta 1, 2 ou 3 goles cada partido debido ese gran potencial que ten na súa diantera. Aspecto que lle dá máis valor si cabe a esta victoria, pois é moi difícil parar este Camariñas”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Derbi títpico con pouco xogo e sanemdo que ía a haber moito balón parado e buscando a segunda xogada e nestas tesituras o que cometera menos erros e aproveitase íao ter mellor. Nos a verdade e que comezamos mal e o Porteño adiantouse no marcador. Nós un par delea sde Mario pero non conseguimos empatar. No segundo tentamos facer un cambio que non deu resultado xa que a dinámica foi a mesma e non cosneguíamos chegar con claridade. Contra o final unha falta sacada por Javi conseguimos empatar e cando parecía que topdo ía acabar así, nunha falta a noso favor transformábase nunha contra que acababa no segundo do Porteño. E nada seguir traballando e sabendo que nos quedan 9 partidos que son 9 finais”.

Goles : 1-0, Yuyo (13´); 1-1, Javier Antelo, (84´); 2-1, Yuyo, (89´).

Incidencias : O colexiado David Castreje expulsou con dobre cartón a Javier Antelo, (65´e 88´), do Camariñas.

 

UC Cee 3-4 Coristanco SD

Goles : 0-1, Diego, (67´); 0-2, Dani Castiñeiras, (69´); 1-2, Jonathan, (70´en propia porta); 1-3, Diego, (77´); 2-3, Ezequiel, (78´); 2-4, Diego, (79´); 3-4, Ezequiel, (90´).

 

UD Monte Louro 1-4 UD Corcubión

Comentario cedido pola páxina de FaceBook do UD Monte Louro : “Riki, Chano, Abel, Óscar, Pablo, Martín, David Pais, Luismi, Iago, Manolo Chouza con este número de baixas, (outra vez), afrontamos ou partido.

Na primeira metade saímos ben ou campo e pronto metemos primeiro gol e estivemos aguantando ben ata o empate do rival,. Pouco despois chegou ou 1-2 que foi un mazazo e así rematou a primeira metade.

Na segunda metade saímos con máis corazón que órde e xogamos moi precipitados. Ou terceiro gol deles foi a sentenza do partido e de aquí ou final pouco máis que o 1-4 definitivo.
Toca levantarnos e reverter isto no próximo partido que volveremos a xogar non Agra de Filgueira…Imos Louro!!!
“. 

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Moi superiores de principio a fin, adiantáronse eles no minuto 10 cun balón longo e en velocidade batirían a Bruno e a partires de aí o Corcubión sería moi superior. No 20 empataba para nós Isaac cun tiro cruzado e pouco máis tarde Mario facía o da remontada.

Na seuunda máis do mesmo, un Corcubión moi serio tapándolle as tres media puntas o Louro sin darlle opcións e os nosos xerando perigo. Mario nun rexeite dun corner tiña unha das varias ocasións e Isaac marcaba de falta moi ben tirada.

O Louro intentaba empuxar un pouco pero sen moito perigo, xogando máis ben co corazón que coa cabeza, e nunha contra marcaría Juan de Elvira ó 1-4, que seria definitivo…Sorte o Louro ata o final, que esta facendo un temporadón”.

Goles : 1-0, Iker, (6´); 1-1, Isaac, (18´); 1-2, Mario, (36´); 1-3, Isaac, (49´); 1-4, Juan de Elvira, (81´).

 

Soneira SD 2-1 CD Baio

Goles : 1-0, Adrián Lema, (5´); 2-0, Bieito, (79´); 2-1, Sergio, (92´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Camariñas CF : 48 puntos

  Xallas FC : 47 puntos

3º SD Soneira : 39 puntos

 CD Baio : 37 puntos 

5º UD Monte Louro : 35 puntos

 CF Porteño : 34 puntos

 Corme CF : 32 puntos

 Ponteceso SD : 31 puntos

 UD Corcubión : 30 puntos

10º Cabana SD : 27 puntos

11º Outes FC : 25 puntos 

12º CD Muros : 23 puntos

13º CF Mazaricos : 22 puntos

14º SD Coristanco : 22 puntos

15º CF Lira : 14 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-22ª Xornada-

-09/03/2025-

Corme CF-Cabana SD, ás — horas

Camariñas FC-CD Muros, ás 17:00 horas

SD Coristanco-Outes FC, ás 18:00 horas

UD Corcubión-CF Lira, ás 17:30 horas

CD Baio-CF Mazaricos, ás — horas

Soneira SD-Ponteceso SD, ás 17:00 horas

UD Monte Louro-CF Porteño, ás — horas

UC Cee-Xallas FC, ás — horas

Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais xa confirmados poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto Camariñas : Dulce Crocu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies