CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA LIGA DA COSTA : “O LIDER CORME CF COMEZO O ANO PERDENDO E APRÉTASE A LOITA POR ARRIBA”.

 

 

RESULTADOS

 

LIGA DA COSTA

17ª Xornada

CD Baiñas 1-2 SD Castríz

Cabana SD 2-2 SD Coristanco

SD San Lorenzo 1-0 Sporting Zas

Corme CF 0-1 UD Cerqueda

SCD Malpica 2-1 Muxía CF

SCD Buño 0-2 UC Cee

CD Muros 3-4 SD Ponteceso

CF Lira 1-4 SCDR Esteirana

 

Secuencia do San Lorenzo-Sporting Zas.

 

COMENTARIO

Comezou o 2020 do que xa tivemos un encontro a pasada semana o que enfrontaba ao UC Cee e ao CD Muros, que fora suspendido da derradeira xornada do 2019 polo temporal “Fabien”, pero está é a primeira xornada deste novo ano e que trouxo a sorpresa da derrota do lider Corme CF ante o UD Cerqueda, (0-1), o que fixo que se aprete a competición co SD Ponteceso a 1 punto e o SCDR Esteirana a 3do resto de perseguidores o único que acadou a vitoria foi o SD San Lorenzo que derrotaba ao Sporting Zas con moitos atrancos, (1-0). Nen Muxía, nen SD Coristanco foron quen de gañar os seus encontros. Os muxiáns caían ante o SCD Malpica, (2-1) e os coristanqueses non pasaban do empate ante o Cabana SD, (2-2) que foi o único que puntuaba dos 3 de abaixo.

 

CRÓNICAS

 

Corme CF 0-1 UD Cerqueda

Lelo, (Adestrador do Corme CF) : “Empezaba o Cerqueda moi ben plantado e presionando arriba.Polo contrario nos non éramos capaces de entrar no partido.O Cerqueda marcaba pronto despuis dun saque de banda mal defendido e diante da nosa pasividad defensiva.O Cerqueda dispuxo de varias ocasions fruto de mala salidas nosas de balón pero non conseguio acertar no remate. Nos movíamos a pelota muí lento e costabamos salir,e cando salíamos sempre cortaban o xogo con falta.Chegamos varias veces por banda pero non encontramos remate.Asi terminaba a primeira parte. A segunda empezaba cun Cerqueda ben plantado no seu campo e nos empujando un pouco mais.Intentamolo mais con corazón que cabeza,puis hoxe viase que non era o día.Ainda así puidemos empatar entres o casions claras.Primeiro Casal nun tiro dende a frontal que sae lamendo o largueiro.Despuis Sueiro cun remate de cabeza con todo pa marca pero o balón da no largueiro.E Samuel cun balón que pasa por diante da porteira e remata no segundo pau e saca Darío na línea de gol.O Cerqueda aproveitaria os espacios e pudo marcar en varias contras claras e incluso nun balón o pau”.

Javi Souto, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido empezou co Cerquida ben plantado e presionando arriba e co Corme intentando dominar sin moita claridad. A base de presionar, roubar e salir rápido cortamos ben o ritmo de xogo do Corme que na primeira parte a penas tuvo ocasións. Tampouco nos tuvemos moitas, o gol e un man a man de Ivan Mato xusto antes do descanso. Na segunda parte o Corme meteu a Alejo e a Lucas buscando remontar e anque non estuvo fino con balón, si generou varias ocasions claras, sobre todo un remate de Sueiro ó pau e outro que saca Darío na línea. Ainda así, anque dominaba e rondaba a nosa área non generou moitas ocasións claras, eu contaría 3-4 claras. Nos seguimos ó mismo, esperar, presionar a salida, e salir a contra e tuvemos unha clara de Méndez que a porta vacia remata arriba un centro lateral e unha de Iván Rojo ó pau. O máis xusto, podería ter sido o empate, pero fallaron as suas ocasións e acabaron perdendo, igual que nos pasou a nos no partido da primeira volta”.

Goles : 0-1, Iván Mato, (14´).

 

Equipo titular do CD Muros ante o SD Ponteceso.

 

CD Muros 3-4 SD Ponteceso

Sarillo, (Delegado do CD Muros) : “”Dominou en xogo o Ponteceso, pero estaba o Muros moi enchufado e aos 25 minutos xa iba 2-0. Todo o contrario na segunda. Que saíu durmindo. E en apenas 3 minutos empatarialle o partido, logo de dous erros na defensa. Adiantaríase o Ponteceso de penalti. Inda se puxo 2-4. Jose marcaría o definitivo 3-4 pero sin tempo para máis””.

Pablo Mallón, (Adestrador do SD Ponteceso) : “Na primeira parte cometemos errores que nos costaron dous goles e nos puxeron o partido moi costa arriba, e a maiores as ocasións que tiñamos non eramos quén de finalizalas con éxito. Na segunda todo cambiou. A intensidade foi maior e a fortuna que nos faltou antes fixo que ós 5 minutos xa tivesemos o partido igaualado. O balón foi noso e o xogo e ocasións igual. O terceiro de penalti e o cuarto para recordar sempre, golazo de Abel dos que non ven casi nunca!!. No treito final volvía a xogar o xuvenil Pablo e debutaba Martín”.

Goles : 1-0, Sestayo, (16´); 2-0, Iván, (25´); 2-1, Eloy, (47´); 2-2, Martín, (48´); 2-3, Abl, (56´de penalti); 2-4, Abel, (84´); 3-4, Sestayo, (90´).

 

CF Lira 1-4 SCDR Esteirana

Juan Rey, (Adestrador do CF Lira) : “Partido con duas partes moi diferentes, unha primeira na que o Esteirana foi superior e moito mais vertical e que aproveitou dous erros do Lira para porse moi rapido con O-2 e manejar o partido a sua maneira. Froito desta superioridade marcarian o 0-3 antes do descanso. Na segunda metade tratamos de olvidarnos do marcador e buscar atopar o noso futbol e disfrutar con el, e abofe que o fixemos, tivemos minutos de bo futbol e froito desto marcariamos o 1-3 e teriamos un penalti que podia supor o 2-3 e abrir o partido de novo, pero o penalti foise as nubes e o equipo acusariao moralmente e volveria a baixar un pouco os brazos, froito desto e do tremendo esforzo que fixemos na segunda parte a Esteirana acadaria o cuarto nunha boa contra. Vitoria totalmente xusta dos de Esteiro e un Lira que ten que quedarse co xogo da segunda parte e agardar xa o vindeiro domingo que empeza a sua liga”.

Geno, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Na primeira parte dominámos totalmente o partido e foron chegando os goles, foron tres e puderon ser algún máis. Na segunda parte empezou ben o Lira e nunha cesión dun defensa noso ao porteiro foi interceptada e marcaron o seu gol. O Lira seguíu estando ben e nós tivemos momentos de dudas. O Lira tivo un penalti e tiraron fora. Na seguinte xogada marcamos o cuarto nunha contra e a partir de ahí volvemos a dominar o partido sin problemas”.

Goles : 0-1, Carlos Rama, (19´); 0-2, Tobío, (27´); 0-3, Raúl Lestón, (37´); 1-3, Crístian Caamaño, (61´); 1-4, Carlos Lestón, (75´).

 

 

SD San Lorenzo 1-0 Sporting Zas

Santi Cambón, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Tarde calurosa e prácida para a práctica do futbol nas Pedreiras,non así o terreo de xogo que estaba un pouco incómodo para o futbol combinativo.A primeira parte foi bastante igualada a dominio do xogo,ainda que o equipo local dispuxo de algunha ocasión mais.O equipo visitante intentaba xerar perigo con algunha saida rápida e balons directos arriba,para intentar ganar segunda xogada,é o equipo local intentaba ganar profundidade por zonas laterales e sacar centros para acadar gol,ainda que na primeira metade acabaria 0-0. Na segunda foi moi parecida a primeira,un equipo visitante moi luchador,disputando todos os balons divididos e un equipo local que xeraba perigo pero non xeraba ocasións claras.Ata que mediada a segunda metade a través dunha falta lateral o equipo local adiantaríase no marcador.A partir de aquí o equipo de Zas non se renderia ata o final,xa que tivo o empate nunha xogada a balón parado nos instantes finales do partido.Ainda así,o San Lorenzo tivo tamén varias contras para poder sentenciar o partido pero non estivo acertado cara a porteria rival.1-0 que lle daba os tres puntos o equipo verdillés”.

Roberto, (Presidente do Sporting Zas) : “Nova derrota do noso equipo dando moi boa imaxe, e no que hai que destacar que ata 4 xuvenís xogaron o encontro. A primeira metade foi moi igualada sen siquera inquitar ambos conxuntos a meta rival. Na segunda o Sporting Zas fixo sufrir ao San Lorenzo con ocasións de Guille, e Atu, pero sería unha vez máis o balón parado o que penaba o noso equipo, cun tanto de Puñal que remataba de testa unha falta lateral. Tralo gol puidemos empatar en especial cunha ocasión de Guille que saca baixo paus Padín e outra de Atu cun remate de testa cruzado”.

Goles : 1-0, Puñal, (52´).

 

 

SCD Malpica 2-1 Muxía CF

Adrián “Gurita”, (Adestrador do SCD Malpica) : “Partidazo o disputado onte entre os 2 equipos. Moi disputado, e con moi boas accións por parte dos 2 equipos. Soubemos rentabilizar mellor as ocasións e servíunos para levarnos os 3 puntos. O partido foi moi igualado, e tivemos que xogar mais de 30 minutos con un home menos.
Bo partido , e a pensar no seguinte”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Foi un partido no que tuvemos moito tempo a posesión, pero non dispuxemos de moitas ocasións.
O Malpica buscou facer daño en errores nosos, e así chegou o primer gol, pérdida na saída do balón que acaba en penalti e Jairo marca.
Víctor de falta estuvo a punto de empatar e Manu con un bo remate que o porteiro parou. No segundo tempo, unha boa acción dos locais remata no 2-0. Tras o gol e o Malpica quedarse con dez homes, o partido foi todo un monólogo noso en ataque, Manu puxo o 2-1 a pase de Julián. E aínda que o intentamos de moitas formas, non fomos quen de empatar”.

Goles : 1-0, Jairo, (28´de penalti); 2-0, Andy, (49´); 2-1, Manu Nogueira, (60´).

INCIDENCIAS : O colexiado Bruno Méndez expulsou ao xogador do SCD Malpica, Alberto Hombre por dobre amonestación, (59´e 62´).

 

Cabana SD 2-2 SD Coristanco

Duda, (2º Adestrador do Cabana SD) : “Primer partido do ano que comezariamos presionando o rival e sen deixar que xogaran comodos,e con varias ocasion claras de gol,un cabezazo de simon a centro de duda que se foi por pouco,un tiro de moreno que rechazaria o pao,e nunha desas presion,simon roubarialle o balon o central e marcaria nun man a man o 1-0,seguimos presionando e xogando por bandas e nesa chegaria o gol de cachadiña que a cruzaria moi ben,e asi chegariamos o descanso,na segunda metade empezamos sufrindo algo e que aguantamos ben pero nun centro marcaria o coristanco,e outras duas xogadadas de gol que pararia moi ben Roberto ,e despois nun rexeite morto no borde da area o coristanco empataria cun autentico golazo,e a falta de 10 minutos tuvemos unha ocasion clara de gol de simon que sairia rozando o pao e outro de fernando que pararia o porteiro ben,e na ultima xogada do partido centraria moreno e duda peinaria que o balon dou nun de coristanco e iria o largueiro e asi remataria o partido”.

Juni, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeira parte chea de imprecisións por parte dos dous equipos. Aprobeitando o Cabana dúas perdas moi graves na nosa zona defensiva para materializar sendos man a man contra Rubén. Nós non chegamos a inquedar a porteria rival en ningún momento. Á volta de vestiarios, cos cambios, conseguimos chegar a portería con moito perigo. Tendo Castiñeiras e Corral un par de un para un que sacaba o porteiro local, Rubio un cabezazo a pracer que saía alto… E dúas que si conseguimos materializar a través de Álex tras unha xogada por banda e Corral cun golazo pola escadra, tras o rexeite nun córner.De aquí ó final un ida e volta en ambas porterías, que increíblemente acabou sen ningún gol máis”.

Goles : 1-0, Simón, (19´); 2-0, Diego Mato, (44´); 2-1, Alejandro, (55´); 2-2, Marcos, (72´).

 

Luis Lojo, (7) abreu o marcador para os ceenses.

 

SCD Buño 0-2 UC Cee

Richard, (SD Buño) : “Partido igualado en xaviña con 1 cee mais alegre co dominio do balon pero con 1 buño replegado q saia bn as contras con 2 boas ocasions q paraba ben o porteiro ceense. Na 2ª parte o buño saiu moito mellor e tivo 4 ocasions moi boas pa poñerse por diante pero adiantouse o cee nunha boa xogada pola banda dereita q acabaria en gol. O Buño seguiu tendo ocasions pero o cee a contra marcou o 0-2”.

Rafa Suárez, (UC Cee) : “Partido ao que chegabamos cun equipo de circunstancias polas numerosas baixas sobre todo na línea defensiva.
Saimos moi enchufados circulando ben o balón e con intensidade defensiva e xa nos poidemos adiantar nunha boa xogsda colectiva na que o balón acaba en Bruno que despois de regatear a tres rivales tirou ao pao. Seguimos intentando o gol pero non tivemos acerto en varios tiros desde a frontal da área. O Buño tentaba facer dano á contra pero estivemos ordeados e intensos e só concedemos un tiro claro que resolveu Joselu cunha gran parada no minuto 35. Na segunda metade adiantou líneas o Buño e tivo unha boa ocasión aos 5′ que tiraron fóra, o partido volveuse máis impreciso pero os rivais empezaron a deixar espacios atrás que nós aproveitamos para sair rápido á contra e así conseguimos o gol de Lojo, pouco despois marcou Ezequiel noutro contraataque e tivemos dúas ocasións claras para facer algún máis pero nin Martin Rey a pase de Ezequiel nin Lojo atinaron en sendos remates. Nos últimos minutos o Buño poido recurtar distancias pero de novo Joselu resolveu con gran acerto sobre o pitido final. Gran actitude do equipo cunhacexcelente labor de porteiro e defensa axudados por un inconmensurable Patera que se multiplicou para axudar en tatefas defensivas, en ataque estivemos un pouquiño máis espesos qiue noutros partidos pero conseguimos resolver á contra gracias á rapidez e verticalidade dos nosos puntas e o bo traballo nos minutos finais dos xuvenís Iago Muiño, Martín Rey e Chila”.

Goles : 0-1, Luis Lojo, (68´); 0-2, Ezequiel, (74´).

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHI

1º-Xuco, (SD Ponteceso) : 17 goles en 15 encontros, (2 de penalti)

2º-Alejo, (Corme CF) : 16 en 12, (4 p)

3º-Brais Cancela, (SD San Lorenzo) : 16 en 17, (3 p)

4º-Iván Pombo, (UD Cerqueda) : 13 en 15, (5 p)

5º- Ezequiel, (UC Cee) : 11 en 15

6º- Elías Ruso, (SCDR Esteirana) : 11 en 16, (1 p).

 

PRÓXIMA XORNADA, (18ª)

-19/01/2020-

Sporting Zas-SD Coristanco

UD Cerqueda-SD San Lorenzo

SD Castríz-Corme CF

Muxía CF-CD Baiñas

UC Cee-SCD Malpica

SD Ponteceso-SCD Buño

SCDR Esteirana-CD Muros

CF Lira-Cabana SD

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Fotos SD San Lorenzo-Sporting Zas : o clube

-Foto CD Muros-SD Ponteceso : Sarillo

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

 

 

 

 

 

 

 

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies