Sentoulle mal o descanso ou o Entruido as rapazas da Esteirana pois caían de maneira inesperada ante o Concello de Boiro, (0-1), pero conservan a segunda praza. Pola sua banda o As Miúdas derrotaban o Rois e as rapazas do Outes daban a badalada o derrotar a domicilio ao Chispa que partía a xornada como segundo clasificado, (1-2).
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), non marcou pero ten moito millo no cabazo para que a desbanquen da cabeza da táboa das “Ada Heberberg” da liga, con 43 tantos en 15 choques, un deles de penalti. A segunda no podio a sua compañeira de equipo, Bárbara Caamaño, suma 30 en 16 encontros, (a RFGF aparece con 29 xa que a mala xestión na redacción do acta arbitral fai que non se lle otorgue un dos goles). Na terceira praza das goleadoras iguala a Laura Gómez, (Taragoña), Aladara Muñiz, (Juventud Cambados), ambas con 26 en 16 encontros a taragoñense e en 15 a cambadesa, que dos 26, 4 foron de penalti.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G4
-17ª Xornada-
-09/03/2025-
SD Chispa 15-0 Catoira SD
CD Mosteiro 0-5 Céltiga FC Féminas
Bastavales UD 2-0 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
Milladoiro SD 1-7 Juventud Cambados
CCD Taragoña 1-2 Outes FC
SCDR Esteirana 0-1 EFMC Boiro B
ED As Miúdas 2-1 CD Rois
-CRÓNICAS-
As outesas tumbaron as terceiras.
CCD Taragoña 1-2 Outes FC
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Esta vitoria e unha das que máis me gustou porque eu non puiden ir por enfermidade e quedou claro que o equipo do Outes, este domingo con Sergio e Pablo que me axudan todas as semanas está preparadas para afrontar todo.
Saíamos o partido coas ideas claras, con gañas de xogar e ben e seguir mellorando resultados. O Taragoña e un equipo forte, 4ª clasificadas, pero hai que xogar sempre. Imprimimos de inicio intensidade e no minuto 10 unha falta lanzada por Laura bate na barreira, tira de novo e o rexeite da porteira atrapao Erika para facer ó 0-1. Nós queríamos ter o balón e fomos capaces de xogalo ben durante moita parte do encontro.
Logo do descanso, o equipo local dipuxo de varias oportunidades de meterse no partido pero Lía estivo increible e paroulle todo o que tiraron. No minuto 56 Gema poñía o 0-2 no marcador, que nos dou unha falsa tranquilidade, pois o Taragoña apretaba moito pero sin éxito, ata o último minuto que tras unha man na área se acercaban pero sin tempo a nada máis.
3 puntos moi bos que viñeron para Outes, e a seguir sumando“.
Goles : 0-1, Erika, (15´); 0-2, Gema, (56´); 1-2, Luna, (94´de penalti).
ED As Miúdas 2-1 CD Rois
Non vos podemos dar a crónica do encontro das Miúdas xa que non temos colaboración. Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
Goles : 0-1, Alicia, (34´); 1-1, Marta Verán, (59´); 2-1, Pati, (73´).
Incidencias : O colexiado do encontro Joel García expulsou con vermello direto o delegado do Rois, Manuel Batalla, (53´).
“Somos mulleres, somos futbolistas”…
SCDR Esteirana 0-1 EFMC Boiro B
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Mal encontro das nosas con duas partes moi diferenciadas, onde na primeira, a pesar de ser dominadoras e xerar ocasións non se soubo refrendar no marcador xogando enriba do área boirense.
Na segunda metade a apatía foi total, cedendo campo e desbotando cada balón que se roubaba. As de Boiro materializaron a ocasión que tiveron con un bo disparo dende fora, e souberon parar con intensidade a unha Esteirana sin pólvora nin ansia, no peor duelo do que levamos en competición, que de seguro que nos sirve de base para non repetir erros.
Na previa tivemos saque de honra por parte das nosas canteiranas Aixa e Aroa con motivo do 8M polo que loitamos cada día do ano, e vestimos unhas camisetas co lema “Somos mulleres, somos futbolistas”, cedidas polo Concello de Muros para a ocasión”.
Goles : 0-1, Mariela, (60´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Céltiga FC : 49 puntos
2º SCDR Esteirana : 43 puntos
3º SD Chispa : 36 puntos
4º CCD Taragoña : 35 puntos
5º Juventud Cambados : 34 puntos
6º EFMC Boiro B : 25 puntos
7º ED As Miúdas : 25 puntos
8º CD Mosteiro : 22 puntos
9º CD Rois : 21 puntos
10º Outes FC : 19 puntos
11º Bastavales UD : 16 puntos
12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-PREVIA-
-18ª Xornada-
-16/03/2025-
Céltiga FC Féminas – Catoira SD, ás 12:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli – CD Mosteiro, ás — horas
Juventud Cambados – Bastavales UD, ás 18:30 horas
Outes FC – Milladoiro SD, ás 18:15 horas
EFMC Boiro B – CCD Taragoña, ás 12:00 horas
CD Rois – SCDR Esteirana, ás 18:00 horas
ED As Miúdas – SD Chispa, ás 18:30 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Outes : Dani Salgueiro
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
–Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores