Barca Toba fixo dobrete co Muxía.
Xa é Noticia, o Corme suma o seu primeiro encontro sen gañar da tempada e foi no tempo de dsconto cando lle empataba o Bergantiños B, un equipo que creceu e moito o longo da tempada. O Muxía derrotaba ao EF “Juan Cabrejo” de Camariñas, (3-0), no derbi da ría e completan o quinteto de cabeza o Ponteceso e Cabana que siguen da man tras derrotar a Corcubión e Mazaricos repectivamente.
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), marcou 1 esta xornada e xa suma 36 goles en 17 encontros disputados, tamén marcou a muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), e ten no seu haber 20 materializados en 16 choques, e temos que destacar unha vez máis a Barca Toba, (CF Muxía), que lle fixo 2 goles o Juan Cabrejo e que sabemos o que loitou trala rotura dos ligamentos do xeonllo e non para de ver porta e suma 16, (5 p) en 10 encontros, (a 1´6 goles por partido). Carla Pose, (Corme CF), acompaña a muxiana no terceiro chanzo con 16 dianas en 16 choques, (2 p), tralos 2 que acadou ante o Bergantiños B.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G2
-17ª Xornada-
(09/03/2025)
Cabana SD 3-0 CF Mazaricos, CRÓNICA
SD A Baña 1-2 Sporting Zas
Bergantiños FC B 3-3 Corme CF
SD Fisterra 0-2 Soneira SD
Ponteceso SD 6-3 UD Corcubión
SCD Pastoriza B 6-0 UD Cerqueda
CF Muxía 3-0 EFCC “Juan Cabrejo”
-CRÓNICAS-
Cabana SD 3-0 CF Mazaricos
Choque igualado no Antonio Martínez.
SD A Baña 1-2 Sporting Zas
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “Gran partido das nosas contra o Zas. Na primeira parte dominamos todo o tempo, chegando varias veces á portería sen conseguir abatila.
Anotarían elas o primeiro tanto, por un erro noso, que elas aproveitaron para anotar o primeiro tanto, indo ó descanso 0-1
Na segunda metade e notándosenos máis o cansancio, conseguimos anotar o primeiro tanto. Ese gol fíxonos coller forzas e pelexar pola victoria, pero nun erro de saída tardía da nosa porteira, fixo que o zas anotara o seu segundo tanto, malia a iso, o equipo veuse arriba e conseguiu dominar os últimos minutos de partido con varios tiros á portería fallidos.
Orgullosa e contenta das compañeiras que teño, dese esforzo e aprendizaxe que están a facer a pasos axigantados. Seguimos ó noso, camiñando, aprendendo e mellorando…1,2,3 lume señoras”.
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que non había un dominador claro do balón, con 2 equipos moi iguales, pouco xogo creativo, e buscando ataques rápidos, con moitas ocasións para os dous conxuntos, Nerea faría ó 0-1 antes do descanso.
Na segunda parte A Baña saliu moi enchufado no partido tendo 10 minutos que acorralaron o Zas na sua área e lograrían o empate, despois de esa euforia volvería a un ritmo mais pausado e cerca do 70 Nerea facia o 1-2 nunha xogada personal que collía as espaldas da defensa e regateaba a porteira. A partir de aí, os últimos 20 minutos o gol podía caer de calquera lado, pero non se movería o marcador finalmente”.
Goles : 0-1, Nerea, (44´); 1-1, Inés, (50´); 1-2, Nerea, (62´).
Partido reivindicativo nas Eiroas antre dous grandes equipos.
Bergantiños FC B 3-3 Corme CF
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido muy competido que acaba con un justo empate. Un partido igualado en el que empezaron más dubitativas las locales, aguantando el arreón de las líderes y dónde un error defensivo en el área provocaba el primer gol visitante. Las locales se fueron asentando en el campo y, tras varias ocasiones, empataban el partido. El partido se volvió entonces un voy y vengo continuo. Así llegaría el descanso.
En la segunda parte, se repartieron las ocasiones en un partido muy igualado pero dónde el Bergan no encontraba su juego habitual y no se encontraba cómodo. El Corme hizo valer su papel de favorito para imponer su juego gran parte del partido y llegaba a la recta final ganando 2-3. En los últimos minutos, con un Bergan volcado con más corazón que cabeza, una gran internada de Julia daba el empate definitivo, muy celebrado en As Eiroas“.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido con 3 condicionantes importantes que xa sabíamos.
Primeiro, que o Bergan B iba a utilizar as xogadoras do A con ficha no B, algo habitual cando un club ten un A e un B, legal a nivel federativo, pero igual que dixen o ano pasado cando nolo fixo o Noia, éticamente debatible, ainda así, o meu equipo demostrou que está un nivel moi moi alto competindo de “ti a ti” con elas.
Segundo, as dimensions do campo, moi superiores o Cairo e que nos iba a poñer a proba físicamente, e pensó que o equipo pasou a proba con nota.
E terceiro, a Mikaela… Imposible de controlar en equipos amateur, e que acentuaba máis si cabe o segundo condicionante.
Co cual tomei a decisión de non ir a apretar arriba, para intentar conservar as forzas todo o partido para cando tiveramos balón, e eso xerou demasiada posesión para un rival que sabe o que facer si lle deixas o balón, e aí sufrimos na primeira parte, porque non estamos acostumbradas a ese escenario.
Na segunda con cambios necesarios, e saltando a presión a partir dunha premisa, xa se correxiu e xa pasamos a ter máis o control do partido. Ainda así, concedemos 2 goles, e o último doe especialmente, porque puidémolo defender moito mellor, cando sabemos que era a última xogada do partido.
Para min houbo erros arbitrais determinantes para éste empate (están grabados por si alguén ten dúbidas), pero nada que non levemos sufrindo todo o ano, así que si non protesto cando gaño, cando empato tampouco o poñerei de escusa, pero parece que si non o mencionamos e que estamos de acordo e non é así. Un puntiño e a polo seguinte partido!!.
E como sempre fago, gustame resaltar algo do rival, encántame éste Bergan B, gústame moito o que intenta propoñer, polo menos contra nós, e especialmente quixera destacar a Clara e a Julia, que penso que ambas fixeron un partidazo“.
Xogamos con : Lucía, Saskia, Laura (Aroa), Lucía, Candela, (Natalia), Ana (Aurora), Olalla, Zeltia, Cris (Irene), Naroa, e Carla e tamén estivo Salomé.
Goles : 0-1, Naroa, (23´); 1-1, Arancha, (40´); 1-2, Carla, (56´); 2-2, Yousra, (68´); 2-3, Carla, (71´); 3-3, Julia, (94´).
SD Fisterra 0-2 Soneira SD
Goles : 0-1, Sara del Carmen, (43´); 0-2, Sara del Carmen, (52´).
Importante vitoria do Ponteceso no Pinguel.
Ponteceso SD 6-3 UD Corcubión
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido importante no Pinguel para intentar subir postos na clasificación contra un Corcubión que podía complicar este obxectivo pero finalmente acabarían gañando as de Ponteceso.
As de Curro tiveron xa a primeira ocasión nos primeiros minutos de partido que ao final non resultou. Pouco despois Myre poñería as de Ponteceso por diante tras anotar un penalti.
As de Corcubión intentábano con moita insistencia pero a defensa local resolvía ben ante estes ataques. No minuto 24 Claudia poñería o 2-0 marcando pola escuadra unha pelota que se paseou pola área e parecía que ía acabar fóra do campo. Pouco despois chegaría o 3-0 tras unha boa presión e coa axuda do vento que metería un tiro das visitantes na portería cando parecía que ía salir pola liña de fondo.
Na segunda parte, as de Corcubión tiveron máis ocasións e metéronse no partido pero Claudia seguiría aumentando a distancia noutras 3 ocasións. Foi a máxima anotadora do partido con catro goles. Finalmente o encontro quedaría 6-3 cerrando o partido cun moi bo gol de María Castro.
Tres puntos importantes para manterse na parte alta e aspirar a seguir subindo”.
Goles : 1-0, Myrella, (8´); 2-0, Claudia, (24´); 3-0, Cristina, (30´en propia porta); 3-1, Sandra, (46´); 3-2, Sandra, (56´); 4-2, Claudia, (57´); 5-2, Claudia, (62´); 6-2, Claudia, (78´); 6-3, María Castro, (92´).
SCD Pastoriza B 6-0 UD Cerqueda
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Pouco que contar…Na primeira metade peleamos ben e fomos o descanso con perdendo 1-0, marcando nós en propia meta. Unha primeira metade perxudicial para nós xa que se lesionaron duas xogadoras moi importantes e fomos moi limitadas no banquillo.
Na segunda metade non fomos capaces de facerlle frente ao pastoriza que foi superior a nós“.
Goles : 1-0, Mariña, (13´en propia porta); 2-0, Andrea, (50´); 3-0, Andrea, (68´); 4-0, Carlota, (73´); 5-0, Luna, (89´); 6-0, Noa, (90´)
Mañán colgaremos unha escolma de fotos deste encontro.
CF Muxía 3-0 EFCC “Juan Cabrejo”
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía B) : “Un derbi ao que chegábamos mellor nós en canto a últimos resultados, pero que sabíamos que iba a ser duro pola rivalidade. Fixemos unha mala primeira parte donde non conseguimos ter o balón nin crear ocasións de perigo.
Xa na segunda sairíamos con outra cara, máis volcadas ao ataque e co vento a favor, tras varias chegadas sería Barca a que abriría o marcador no primiero e segundo gol e pecharía a conta realizadora Patri. Boa segunda parte das nosas e deixando de novo a porteria a cero“.
Juan Cabrejo, (Adestrador do Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, (Camariñas)) : “O partido foi máis do que di o marcador. Nós a favor de vento na primeira metade tivemos as ocasións máis claras pero non conseguimos marcar, algo que nos está a pasar ultimamente. Na segunda metade xa co vento en contra estábamos aguantando ben pero na primeira que chegan nunha boa xogada antre Patri e Barca márcannos. Tralo gol tivemos que estirarnos máis na procura do empate e houbo aí unha xogada na que nós protestamos como posible penalti e na contra fannos o 2-0 e matan o partido. A diferenza estivo nesas duas xogadoras que ten o Muxía que nas ocasións que teñen aproveitanas e a nós pola contra cóstanos marcar. Contentos co traballo das rapazas, perdemos ante un dos mellores equips da categoría e ten que servirnos para aprender e seguir“.
Goles : 1-0, Barca Toba, (51´); 2-0, Barca Toba, (79´); 3-0, Patri Romaní, (85´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 49 puntos
2º CF Muxía : 40 puntos
3º Bergantiños FC B : 38 puntos
4º Ponteceso SD : 34 puntos
5º Cabana SD : 34 puntos
6º CF Mazaricos : 32 puntos
7º EFCC “Juan Cabrejo” : 30 puntos
8º UD Corcubión : 29 puntos
9º SCD Pastoriza B : 17 puntos
10º Sporting Zas : 14 puntos
11º Soneira SD : 11 puntos
12º UD Cerqueda : 7 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 5 puntos
-PREVIA-
-17ª Xornada-
(16/03/2025)
Sporting Zas – CF Mazaricos, ás 12:15 horas
Corme CF – SD A Baña, ás 17:00 horas
Soneira SD – Bergantiños FC B, ás 12:15 horas
UD Corcubión – SD Fisterra, ás — horas
UD Cerqueda – Ponteceso SD, ás 16:00 horas
EFCC “Juan Cabrejo” – SCD Pastoriza B, ás 12:00 horas
CF Muxía – Cabana SD, ás 11:00 horas
AVISOS
Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto A Baña-Zas : Prensa Sporting Zas
-Foto : Bergantiños B-Corme : Rubén Souto
-Foto Ponteceso-Coircubión : Marcos “Curro”
-Fotos, texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores