CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O LIDER, ZAS, DA UN GOLPE ENRIBA DA MESA O DERROTAR A DOMICILIO AO SOFÁN B, (2º), RESULTADO QUE SÓ APROVEITA O MALPICA”.

Sofán e Zas saudan as suas afeccións tralo encontro estelar.

Tal e como xa vos apuntamos nas crónicas da xornada anterior coma na nosa AXENDA PIRATA, esta pasada fin de semana xogábase a xornada que foi suspendida por forte temporal ó 26 de Xaneiro polo que non houbo descanso do Entruido.

O encontro estelar para pechar o completo a primeira volta o destiño, ou a providenza, quixo que fose a loita antre o primeiro e o segundo co liderato en xogo. O encontro foi trepidante e cheo de emoción e foi un golpe enriba da mesa para o zas de Rubén Forján que se vai a 4 puntos dos sofanistas dirixidos por José Barca.

Non aproveitou o Volantes de Baño, (3º), para subir o segundo chanzo xa que se vía sorprendido por un bo Nantón, o de Adrián Varela, que lle empataba no Eleuterio Balayo, (1-1), e sí aproveitaba o Malpica que sube a cuarta praza con 46 puntos a puntos iguais cos de Baño e a 1 punto dos de Sofán, segundos. Tamén deixou escapar a ocasión de arrimarse o Cerqueda de Gurita que non pasaba do empate ante o Camelle do Crejo, (1-1).

Destacar por abaixo a primeira vitoria do curso do Laxe de José Manuel Ordóñez. Derrotou a un Buño, (1-0), que xa xoga este venres o encontro da 22ª xornada dado que este vindeiro sábado ten lugar a “Queima da Mikaela” en Buño, o acto máis multitudinario do entruido na Costa da Morte.

GOLEADORES

Non marcou nin Raúl Corzón, (Sporting Zas), nin Ismael Ramos, (Sofán B), no duelo antre os seus equipos e siguen mandando na táboa dos Pichichi con 27 goles, en 18 encontros o primeiro e en 19 o segundo, con 3 de penalti o zacense e 2 ó sofanista. Adrián Vázquez, (Sofán B), tampouco marcou neste choque direto e suma 22 tantos, (1 pen), ocupando o segundo caixón do podio. Completan o podio no terceiro chanzo Salah, (UD Cerqueda) e Raúl Lestón, (Volantes de Baño FC), con 18 goles, o primeiro en 13 e o segundo en 16 encontros e con 2 dos goles de penalti Salah e 1 Raúl. Ningún dos dous anotou esta xornada.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-17ª Xornada-

-02/03/2025-

CF Muxía B 0-2 CD Baiñas

  UD Cerqueda 1-1 SD Camelle

SD Sofán B 2-3 Sporting Zas 

SCD Malpica 2-1 Atlético Pereiriña FC

Inter de Brens 2-5 Sporting Seaia CF

 Volantes de Baño FC 1-1 CD Nantón

SD Laxe 1-0 SCD Buño

Descansa : SD Oza

 

 

-CRÓNICAS-

Os rapaces muxiáns igualaron un 0-2.

 

CF Muxía B 0-2 Sporting Zas

Isidro Caamaño, (Adestrador do CF Muxía B) : “En espera do comentario…”.

Goles : 0-1, Kevin Fandiño, (80´); 0-2, Fabio Allo, (83´).

 

O Cerqueda suma un insuficiente punto.

 

UD Cerqueda 1-1 SD Camelle

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido totalmente dominado pola nosa parte no que unha vez mais non soupemos finalizar todas as ocasións de peligro que fomos capaces de xerar. O rival creounos unha ocasión de verdadeiro perigro en todo o partido e terminou en gol. Toca seguir aprendendo dos nosos erros, e seguir loitando ata o final”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “En espera do comentario…”.

Goles : 0-1, Lucas Caamaño, (25´); 1-1, Brais, (57´).

 

O Zas saeu consolidado do Carral.

 

SD Sofán B 2-3 Sporting Zas

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :Un encontro marcado pola intensidade e o alto ritmo de xogo, nunha xornada clave para as aspiracións do club de cara ao ascenso á Liga da Costa, no ano do seu 50 aniversario.

O partido, disputado ante unha grada chea no Carral, comezou cunha gran igualdade e cunha intensidade moi alta por parte de ambos equipos. Foi o Sofán B quen logrou adiantarse primeiro no marcador, tras aproveitar un saque de esquina para facer o 1-0. Pero este Zas xa demostrou en varias ocasións que sabe reaccionar nos momentos adversos, e pouco a pouco foi levando o partido ao seu terreo. A presión e o dominio visitante deron os seus froitos cun inspirado Dani Mato, que asinou unha remontada espectacular antes do descanso: primeiro cunha falta directa á frontal da área e despois cun cabezazo nun córner que poñía o 1-2 no marcador ao intermedio.

Na segunda metade, o Sofán B saíu máis enchufado e obrigou ao Zas a redobrarse en defensa. Os visitantes non tiveron a mesma claridade ofensiva que na primeira parte, e tras un saque de banda longo, os locais lograron o 2-2 cun remate no segundo pau. O empate deixaba o partido aberto, e o Sofán gozou das ocasións máis perigosas no tramo final, pero cando máis sufría o Zas apareceu Pablo Fuentes para rematar de cabeza un corner e facer o 2-3 definitivo.

A partires dese gol, o Sporting Zas introduciu cambios para renovar enerxía e controlar o partido ata o asubío final”.

Goles : 1-0, Eloy, (10´); 1-1, Dani Mato, (23´); 1-2, Dani Mato, (36´); 2-2, Nacho, (55´); 2-3, Pablo Fuentes, (79´).

 

SCD Malpica 2-1 Atlético Pereiriña FC

Goles : 1-0, Ferreiro, (6´); 1-1, Juan “O vello”, (49´); 2-1, Crístian, (89´).

 

Inter de Brens 2-5 Sporting Seaia CF

Goles : 0-1, Fernando Torres, (11´); 0-2, Alejandro, (38´); 1-2, Miguel Papín, (45´+ 4); 1-3, Fernando Torres, (61´); 1-4, Alejandro, (78´); 2-4, Adrián Pasantes, (83´); 2-5, Alejandro, (85´).

 

Volantes de Baño FC 1-1 CD Nantón

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Chegabamos a Muros con bastantes baixas, planteamos un partido cun bloque baixo,e poidemos adiantarnos no marcador con ocasions de Jorge e Yago en sendos mans a mans, primeira parte igualada onde o volantes tiña o balon, pero non o control do partido e ca sensación de que as ocasións máis claras foran as nosas.

Segunda parte coa mesma dinámica, onde o Volantes se adianta por un fallo en cadena noso e unha xogada do Volantes. En ningún momento lle perdemos a cara o partido, e conseguimos empatar por un erro da defensa local, un balon de adri o espacio , e Jorge despois dunha boa presión e unha indecisión entre o defensa e o porteiro marca a placer, unha segunda parte donde as maiores ocasión foron nosas e que fai que marchemos de Muros cunha sensación de que deixamos marchar 2 puntazos.

Traballazo enorme dos nosos ante un dos candidatos o ascenso.
Destacar a actuación do meta local, culpable de que o partido acabase nun 1–1″.

Goles : 1-0, Manuel Fernández, (57´); 1-1, Jorge Rey, (75´). 

 

SD Laxe 1-0 SCD Buño

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “M0ito vento que condicionaba o xogo. Intentamos ter o dominio do balón, pero non creamos muito peligro na primeira parte, o buño a pesar de ter poucas ocasións mandou un balón o largeiro e nos tamén, todo esto na primeira parte.

Na segunda o principio o Buño colleu o control pero pouco a pouco fomos dominando, Raúl tirou unha o pau, e todo parecía como sempre, ocasións sin materializar e ou empate ou derrota en algún fallo, pero nun bo pase a espalda Abdel conseguio poñer o 1-0, resultado asustado pero creo que xusto.

De agradecer o compromiso dos xogadores, en esta temporada difícil pero que siguen peleando“.

Goles : 1-0, Abderrahmane, (68´).

 

Descansou : Volantes de Baño FC

 

-CLASIFICACIÓN-

 Sporting Zas : 51 puntos

 SD Sofán B : 47 puntos

3º Volantes de Buño FC : 46 puntos

4º SCD Malpica : 46 puntos

 UD Cerqueda : 39 puntos

  SD Oza : 30 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 28 puntos

 CD Baiñas : 26 puntos

 CD Nantón : 23 puntos

10º Sporting Seaia CF : 18 puntos

11º SCD Buño : 15 puntos

12º Inter de Brens : 14 puntos

13º SD Camelle : 13 puntos

14º CF Muxía B : 11 puntos

15º SD Laxe : 8 puntos

 

PREVIA

-22ª Xornada-

-09/03/2025-

Atlético Pereiriña FCSporting Zas, ás 18:00 horas

  Sporting Seaia CF-SD Camelle, ás 17:30 horas

 SD Oza-CD Baiñas, ás 19:30 horas

CD Nantón-UD Cerqueda, ás 17:30 horas

SCD Buño-SD Sofán B, 07/03 ás 21:00 horas

SD Laxe-SCD Malpica, ás 18:00 horas

 Volantes de Baño FC-Inter de Brens, ás 16:00 horas

Descansa : CF Muxía B

AVISOS

 -Os horarios e datas son oficiosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

-As opinións e comentarios dos adestradores e colaboradores son propias e intrasferibles. piratasdemuxia.es non se fai responsable de ningunha das mesmas.

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Foto Cerqueda : Adrián “Gurita”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies