CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA 3ª DA COSTA : “O CF PORTEÑO FREA O LIDER FC CAMARIÑAS, (2-2), OUTES CF E UD MONTE LOURO NON FALLAN”.

RESULTADOS

17ª Xornada

SD Camelle 4-2 CF Castrelo

UD Corcubión 0-3 UD Monte Louro

-CD Nantón 5-0 Sporting Seaia CF

CF Porteño 2-2 FC Camariñas

SD Laxe 1-3 Outes CF

Descansa : SD Ameixenda.

 

Iago Lema, “buque enseña” do UD Corcubión.

 

UD Corcubión 0-3 UD Monte Louro

Carlos Lema, (Presidente do UD Corcubión) : “Cando nois chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Boa victoria nun campo complicado ante un Corcubión que nos puxo en moitos problemas na primeira parte donde o noso porteiro Iago salvarianos e duas ou tres intervencions de moito merito, antes do descanso Geiko poñerianos por diante do marcador con un bo disparo. Na segunda parte saliriamos mais enchufados e con un Corcubión que fisicamente pasaballe factura o esforzo da primeira parte, e co segundo gol noso ai creo que terminou o partido. Darlle a noraboa o Corcubión e a seu adestrador que pese a sua posicion na tabla fixerón un gran partido e pelexando ata o ultimo minuto”.

 

Goles : 0-1, Gabriel, (42´); 0-3,  Daniel, (62´); 0-3, Jose Louro, (73´).

Árbitro : Jorge Calvete. (Só amosou un cartón amarlo a cada equipo).

 

CD Nantón 5-0 Sporting Seaia CF

Rodrigo Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido sen moita historia que xa encarrilamos aos 10 minutos e tivemos baixo control todo o tempo. Buscamos ben as espaldas da defensa, que era o noso obxetivo, e a partir de aí fixemoslle dano”.

Da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que empezamos perdendo os dez minutos, 1-0, nun bo gol dende fora da área pola escadra, o Seaia en ningún momento foi quen de adaptarse o campo, mentres que o Nantón se sentía moi cómodo. Ainda así teríamos tres claras. Unha nun corner no que Iván non chega a rematar. Logo Josi nun tiro que para moi ben o porteiro, e incluso un centro no que Isaac resbala e non chega a rematar cando estaba só, pero sería o Nantón o que marcaría antes de ir o descanso. Xa na segunda metade adiantamos liñas, ante un Nantón ben repregado e saindo a contra. Nós non chegaríamos con claridade, e eles a contra terminaron marcando tres goles máis”.

 

Goles : 1-0, Redondo, (9´); 2-0,  José Antonio, (42´); 3-0, Jose Antonio, (57´); 4-0, Chrístian, (90´); 5-0, Daniel, (desconto).

Árbitro : Lucas Vicente. (Amosoulle un cartón o Nantón e 2 ao Seaia).

 

CF Porteño 2-2 FC Camariñas

Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Partido de ti a ti, nun campo perfectamente “practicable”, non e o Nou Camp pero e o que nos tocou. De todas formas creo que estaba igual para os 22. O Porteño empeza máis metido no partido e adiantase no minuto 5 de saque de banda, con gol de Pejo. O árbitro anulanos un gol incomprensiblemente, que suporía o 2-0, xusto antes do descanso, (o propio xogador deles alegóu que non era falta). Xa na segunda o Camariñas empata cun golazo de Nazo. Aí o Camariñas sube presión e fainos pasar apuros. Xa no minuto 75 aproximadamente, o noso “pichichi” Ángel marca o 2-1. Aí o Porteño métese atrás e o Camariñas sube liñas. No 87 Mario, (o mellor xogador do Camariñas), marca o definitivo 2-2 en situación algo dubidosa. Si tiveramos sorte de ter VAR o xusto sería un 3-1”.

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido difícil de rivalidade no que eles xogábanse a liga particular gañándolle o Camariñas, con moita actitude e agresividade, con bastante menos, en tódolos partidos terían mas de 10 pero bueno. Regalamos o primeiro gol e despois fomos a remolque, nun campo impracticable, e logramos empatar, e despois de regalar o segundo, e anulándonos un gol clarísimo de Nazo. Logramos empatar e incluso teríamos o 3º pero non puido ser. Un punto importante no que o Porteño que xa levaba 2 partidos sendo moi perxudicado, tivo algo máis de sorte esta vez. A seguir sumando”.

 

Goles : 1-0, Andrade, (2´); 1-1,  Martín, (57´); 2-1, Ángel, (69´); 2-2, Mario, (85´).

Árbitro : Pablo Rama. (Amosoulle dous cartóns a cada equipo).

 

SD Laxe 1-3 Outes CF

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Un mal partido defensivamente nos costou puntuar.Empezamos moi ben o partido marcamos pronto pero dun mal despeje noso empataron eles pronto iso que tivemos un ocasión moi clara para poñernos 2-0 arriba pero non aproveitamos despois na segunda non estivemos nada acertados, pero ainda así eles volveron a marcar de sendos fallos nosos. Un partido para olvidar defensivamente”.

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Primeira parte donde estivo igualado, non éramos capaces de controlar algunhas situacións nas quenos facían dano. Tralo descanso correximos estas situacións e pasamos a controlar o partido ata poñernos por diante no marcador”.

 

Goles : 1-0, Martín, (12´); 1-1,  Rober Solís (19´); 1-2, Rober Solís, (75´); 1-3,  Santiago, (81´).

Árbitro : Daniel Martínez. (Amosoulle 3 cartóns amarelos o Laxe e 2 o Outes).

 

 

SD Camelle 4-2 CF Castrelo

Para ver a crónica deste encontro xogado o sábado : PREME AQUÍ

CLASIFICACIÓN

Aclaración : O Outes CF ten 3 puntos menos que a RFGF ainda non lle sumou do encontro que lle deron por gañado ante o Sporting Seaia CF. Polo tanto ten 38 en lugar dos 35 que aparecen na táboa.

 

PROXIMA XORNADA

18ª Xornada

UD Monte Louro – D Camelle 

Sporting Seaia CF – UD Corcubión 

FC Camariñas – CD Nantón 

Outes CF – CF Porteño 

SD Ameixenda – SD Laxe 

Descansa : CF Castrelo

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

 Texto : Adestradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.