CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “VITORIA DO CEE E DERROTA DO DUMBRÍA NOS ENCONTROS DA XORNADA SUSPENDIDA O 26 DE XANEIRO”.

Eva Lema fixo o gol do Dumbría.

Tal e como vos adiantamos e vos informamos en varias ocasións nas crónicas e nas previas, esta pasada fin de semana de “Entruido” xogábanse os encontros suspendidos o pasado 26 de Xaneiro polo forte temporal que azotou o noso pais ese día. Houbo algún, moi poucos, que se xogaron o día anterios, (sábado 25/01), antre eles nesta liga o Xallas 1-0 Cultural Maniños. Polo tanto quedaban sen xogar nesta 2ª Galega Feminina G1 os encontros do Cee e o Dumbría. As ceenses derrotaban pola míninma as colistas do Silva, (1-0), namentras que as dumbriesas víanse a cara coas segundas, Pastoriza, (2-1), que loitan xo Xallas polo título de liga, (están a 2 puntos), e que só cederan unha derrota e 3 empates nesto que vai de liga, pero en fronte tiveron a un Dumbría que mereceu non perder e a tenor do que nos conta Santi Cubelo, adestrador das dumbriesas non sería descabezado pensar en que mereceron a vitoria.

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría), fixo un gol nesta xornada  e encabeza a táboa das “Ada Heberberg” da liga con 23 goles, (3 penalti), en 19 encontros e de segunda Ánxela Prado, (CD Lugo B), que fixo 2, e ten 21 goles en 18 choques. Paula Veiga, (UC Cee), pasa a terceira praza con 20 goles en 18 encontros, (2 de penalti), e empate con ela, gracias aos 2 tantos que acadou este pasado Domingo, Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 20 en 19 choques e todos os goles de xogada.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

Agradecémosvos que se vedes algún erro que nos avisedes.

 

2ª GALEGA FEMINA G1

-17ª Xornada-

-02/03/2025-

Xallas FC 1-0 Cultural Maniños

  Brexo Lema 1-0 Orzán SD B

UD Carral 4-0 PM Friol B

 UC Cee 1-0 Silva SD

 Sporting Burgo 2-1 Orillamar SD

SCD Pastoriza 2-1 CF Dumbía

Sporting Meicende 0-1 SD Tordoia

CD Lugo B-UDJ Almeiras, Suspendido

 

CRÓNICAS

Xallas FC 1-0 Cultural Maniños

Xogado o 25/01/2025

Goles : 1-0, Sonia, (27´).

 

Unha das grandes ocasións do Dumbría.

 

SCD Pastoriza 2-1 CF Dumbría

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Visitábamos a un dos equipos punteiros da categoría, sabíamos que ainda facendo moi bo partido podríamos sacar un resultado negativo, pois para o meu gusto e o equipo máis completo, con respeto o Xallas que van punteiras por méritos propios e oxala rematen a liga nesa posición.

Empezabamos a primeira metade co vento en contra e co equipo un tanto condicionado polas baixas, pero sabendo o partido que nos tocaba plantear, o Pastoriza faríase co dominio do xogo casi desde o principio e nos soubemos defendernos sin apenas conceder espacios e sin xerar muito perigo, ata que atopamos como facerlles dano e conseguindo pisar área rival con perigo, pero atopándonos continuamente ca porteira local, a cal tería a tarde e para a nosa desfortuna chegaría o gol local tras unha falta direta. Nese intre o equipo desestructurouse ca fortuna de empatar pronto por medio de Eva, desde o gol do empate o equipo seguía coa misma tónica, con un Pastoriza que tería a posesión e un Dumbría que se sabía defender e sair a contra, podendo incluso aumentar a distancia, pero unhas veces a defensa e outras a porteira evitaban que o conseguísemos.

Xa a volta do descanso, e reafirmando a forma de defendernos e facerlles dano, o partido igualaríase en canto a posesión pero disporíamos das mellores ocasións, e quen non outra vez a porteira local evitaría continuamente as nosas internadas e desviaría os nosos remates. Defensivamente non concedemos ocasións en casi toda a segunda metade, ata que tras un corner e un mal despexe, quedaría o balon na frontal, e tras un bo golpeo o Pastoriza poñería o 2-1 no marcador. Volcaríamonos o ataque en ese intre, pero sin fortuna, unhas veces a prisa e outras a porteira evitarían que puidésemos empatar.

Moi contento do traballo do equipo sabendo que merecíamos algo máis, pero o fútbol e esto. Seguiremos traballando para que dependa menos da sorte e aproveitar mellor as ventaxas que sacamos”.

Goles : 0-1, Lucía Camisón, (33´); 1-1, Eva Lema, (35´); 2-1, Lucía Camisón, (80´).

 

UC Cee 1-0 Silva SD

Goles : 0-1, Saray, (83´).

Se alguén, (xogadora, directivo/a, colaborador/a do clube, afeccionado/a), quer colaborar mandándonos a información do UC Cee femeinino pode facelo contactando connosco.

 

-CLASIFICACIÓN-

Xallas FC : 56 puntos

SCD Pastoriza : 54 puntos

 UD Carral : 42 puntos

4º Sporting Burgo : 42 puntos

5º Orzán SD B : 39 puntos

UC Cee : 39 puntos

 SD Tordoia : 38 puntos

CF Dumbría : 37 puntos

9º PM Friol B : 22 puntos

10º Brexo Lema SD : 20 puntos, (1 encontro menos)

11º Orillamar SD : 19 puntos

12º CD Lugo B : 18 puntos, (1 encontro menos)

13º Cultural Maniños : 17 puntos

14º UDJ Almeiras : 16 puntos

15º Sporting Meicende : 14 puntos

16º Silva SD : 8 puntos

 

-PREVIA-

-22ª Xornada-

-09/03/2025-

Silva SDPM Friol B, ás 20:00 horas 

 Orillamar SDOrzán SD B, ás 12:30 horas 

 CF DumbíaCultural Maniños, ás 16:00 horas

SD Tordoia Brexo Lema SD, ás 19:30 horas 

UDJ Almeiras-UD Carral, ás 19:00 horas 

UC Cee-CD Lugo B, ás 18:00 horas 

Sporting Meicende- Sporting Burgo, ás 17:00 horas 

SCD PastorizaXallas FC, ás 17:00 horas 

 

AVISOS

A data e os horarios son oficiosos non oficiais polo que poden trocar, poñerémolos fixos na “AXENDA PIRATA” o vindeiro venres.

As manifestacións dos adestradores son propias, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Fotos : FaceBook Dumbría Femenino

-Texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies