Novo derbi costeiro no “Conchido”, desta volta chegaban as líderes de Esteiro, un derbi con ambientazo, goles e emoción. Foi para Esteiro, pero as outesas que amosaron un gran crecemento segundo foi transcurrindo a tempada non lle perderon nunca a cara o encontro. Pola sua banda o As Miúdas conseguía traerse un punto de Boiro a pesares de chegar a terras boiresas, (0-0).
A vindeira xornada é a adiada o 26 de Xaneiro
Dos 3 equipos costeiros só estarán en liza dous deles xa que a Esteirana cando se disputou a 12ª xornada, un 26 de Xaneiro xogaba en sábado e non lle tocaba o forte temporal do día seguinte no que se anulou a xornada en todo o fútbol galego de tódalas categorías. Os ventos ese día superaron os 160 Kms/hora. A Esteirana goleaba o Catoria por 18-0, agora tócalle descansar, como así estaba no calendario por ser a época de Entroido, pero este ano son moitos os equipos que quedan sen descanso polo apretado do calendario e anúlase este parón para recuperar a xornada adiada.
O resto dos equipos xogarán e xa haberá un encontro o venres, dous o sábado, (un deles o do As Miúdas, co liderato en xogo xa que recibe o Céltiga, empatado a puntos cas líderes, Esteirana) e o resto o Domingo 3 de Marzal. O Outes visita o Domingo o Chispa, 5º clasificado.
O final das crónicas trala clasificación tes toda a previa da vindeira xornada.
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), sigue e seguirá liderando con amplitude a táboa das “Ada Heberberg” da liga, con 43 tantos en 15 choques, un deles de penalti. A segunda no podio a sua compañeira de equipo, Bárbara Caamaño, suma 30 en 15 encontros. Na RFGF aparece con 29 xa que a mala xestión na redacción do acta arbitral fai que non se lle otorgue un dos goles. De non reclamar o euipo esteirán poñeremos o que dín os “mandamás”, hoxe recollemos o que nos pasa o adestrador das das Salinas, Fran Figueroa. Na terceira praza das goleadoras está e Laura Gómez do Taragoña con 23 en 14 encontros.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G4
-16ª Xornada-
-23/02/2025-
Catoira SD 0-11 CD Mosteiro
Céltiga FC 4-0 Bastavales UD
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 3-5 Milladoiro SD
Juventud Cambados 2-3 CCD Taragoña
Outes FC 2-6 SCDR Esteirana
EFMC Boiro B 0-0 ED As Miúdas
CD Rois 1-6 SD Chispa
-CRÓNICAS-
A Esteirana reibindicou a nosa fala.
Outes FC 2-6 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Derbi de proximidade que afrontábamos con moitas baixas pero convencidas de poder competir en boas condicións. Dominio para as roxazuis que souberon manexar o encontro desde o medio do campo madurando as xogadas e aproveitando a velocidade en ataque. En defensa salvo algunha indecisión e unha boa xogada ensaiada de córner do Outes, apenas xeraron perigo, abusando algo do xogo direto.
Na segunda parte con 0-2 seguimos tendo posesión e ocasións para ampliar a vantaxe, só cara o final, co partido algo atrancado, o xenio de Laura permiteu ás locales recurtar en 2 zarpazos, pero sin perigar en ningún momento que os puntos viaxaran cara Esteiro.
Felicitar ó equipo do Outes pola melloría competitiva que ven mostrando en pouco tempo.
Esperamos poder recuperar efectivos para seguir mirando cara arriba e deixar de mandar traballo ó personal sanitario.
No remate sacamos a foto de equipo reivindicando o uso e defensa da lingua máis fermosa da terra, a nosa, A GHALLEGHA!!!”.
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido moi importante para nos, mais alá do resultado mismo, era unha espiña que tíñamos clavada da primeira volta e penso que fomos quen de sacala. Plantexamos o partido con coñecemento do poderío goleador que ten a Esteirana, e pese a recibir dous goles na primeira metade, tivemos 3 ocasións claras de marcar que outro día máis atinadas cara a portería cambiaría o curso.
As de Esteiro atacaban mediante Bárbara e Nuria e nós contestábamos o contragolpe, foi así incluso tras o descanso donde quedou claro que contra as actuais lideres calquer pequeno despiste pagase con gol. Pero o que na ida lles funcionou, este domingo non, e demostramos e sobre todo a nós mismas que imos a máis pese a quen lle pese. E revolvémonos, collendo máis balón e atacando ata o final para realizar 2 goles que deixan ver que o resultado non e o reflexo do acontecido. Poñendo cara ata o final.
Acabamos de empezar con esta aventura e quédanos moitísima guerra que dar. Enormes as miñas rapazas que fixeron un esforzo enorme este domingo”.
SCDR Esteirana : Maruxa, Lidia, Uxía, Marta, Martina, Leti, Lara, Sandra, Dara, Bárbara e Nuria. Tamén xogaron : Inés, Naira, Alba, Gina e Carla.
Outes FC : Candela, Natividad, Cris, Alicia, Laura, Míriam, Carla, Carmen, Gema e Natalia. Tamén xogaron : Engracia, Marinha, Paula, Claudia e Valeria.
Goles : Polo Outes marcaron Engracia e Laura e Bárbara, (3), Nuria, Lara e Sandra pola Esteirana. O parecer no acta están mal recollidas as goleadoras.
EFMC Boiro B 0-0 ED As Miúdas
Non vos podemos dar a crónica do encontro das Miúdas xa que non temos colaboración a pesres de habela pedido. É unha pena tendo en conta do moito que vos informamos deste equipo xa desde o momento en que tan só era un xerme ata que se convirteu nunha realidade e logo a sua traxectoria ata o día de hoxe.
Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.
O choque acabou sen goles no “Vista Alegre” de Boiro e cun gran esforzo por parte das muradanas que chegaron o enfrontamento cas boiresas con tan só 12 xogadoras.
Goles : 0-0
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 43 puntos, (1 encontro máis)
2º Céltiga FC : 43 puntos
3º CCD Taragoña : 32 puntos
4º Juventud Cambados : 30 puntos
5º SD Chispa : 30 puntos
6º ED As Miúdas : 22 puntos
7º CD Mosteiro : 22 puntos
8º EFMC Boiro B : 21 puntos
9º CD Rois : 18 puntos
10º Outes FC : 16 puntos
11º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos
12º Bastavales UD : 10 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos, (1 encontro máis)
-PREVIA-
-12ª Xornada-
-02/03/2025-
(Xornada aprazada o 26/01)
SD Chispa-Outes FC, ás 12:00 horas
EFMC Boiro B-Juventud Cambados, 01/03 ás 16:30 horas
CD Rois-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 17:00 horas
ED As Miúdas-Céltiga FC Féminas, 01/03 ás 12:30 horas
SCDR Esteirana 18-0 Catoira SD
CCD Taragoña-CD Mosteiro, 28/02 ás 21:00 horas
Milladoiro SD-Bastavales UD, ás 19:30 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
–Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores