O Bergatiños B sigue indo a máis.
O lider Corme sumaba a sua 15ª vitoria e chegaba aos 30 puntos de 30 posibles sumando xa 80 goles a favor e 9 en contra, tendo tódolos records da liga a seu favor.
O Muxía e o Bergantiños da man na 2ª e 3ª praza cos mesmos puntos voltaban a gañar, e era ante o Cerqueda e Sporting Zas respectivamente, e suman tan só 3 derrotas no que vai de campionato o mesmo co Mazaricos que ca sua vitoria sobre o SD Baña, (2-0), aupábase a cuarta praza remontando ao Escolas de Fútbol “Juan Cabrejo” que caía no Vicente Carril” ante o Cabana, (1-3). O Corcubión derrotaba ao Soneira, (0-1), e agás a derrota da pasada semana co Corme suman 5 vitorias e un empate nos derradeiros 7 encontros. O Ponteceso sigue desfollando a margarida e tras 4 vitorias seguidas leva os derradeiros 5 encontros con derrota-vitoria-derrota…
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), marcou 4 esta xornada e xa suma 33 goles en 15 encontros disputados, e no segundo posto a muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), que non sumou esta xornada e ten 18 materializados en 14 choques, e pechando o podio, Barca Toba, (CF Muxía), que despois de volver tras unha grave lesión non para e xa suma 14, (5 p) en 8 encontros, e Carla Pose, (Corme CF), con 14 dianas tamén en 14 choques, (2 p).
A vindeira xornada é a adiada o 26 de Xaneiro
A vindeira fin de semana xógase a 12ª xornada de liga que fora adiada no seu día por fortes ventos que ese día superaron os 160 Kms/hora. Tocaba descansar, como así estaba no calendario por ser a época de Entroido, pero este ano son moitos os equipos que quedan sen descanso polo apretado do calendario e anúlase este parón para recuperar a xornada adiada.
O final das crónicas trala clasificación tes toda a previa da vindeira xornada.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G2
-16ª Xornada-
(23/02/2025)
CF Mazaricos 2-0 SD A Baña
Sporting Zas 0-4 Bergantiños CF B
Corme CF 8-0 SD Fisterra
Soneira SD 1-5 Ponteceso SD
UD Corcubión 4-0 SCD Pastoriza B
UD Cerqueda 0-4 CF Muxía
EFCC Juan Cabrejo 1-3 Cabana SD
-CRÓNICAS-
O SD A Baña estreou equipación.
CF Mazaricos 2-0 SD A Baña
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “Gran partido contra o Mazaricos das amarelas convertidas en “panteras”, que estrearon equipación, agradecemos dende o Clube a Fontanería Trillo e Club Hípico Costa da Morte.
Gran primeira parte en donde as panteras, fixeron frente a un gran Mazaricos, rival duro e con gran experiencia futbolística.
Na segunda parte, tras a lesión de duas das nosas xogadoras tivemos que reorganizar o equipo, e nesa organización caiu o primeiro gol. Comenzamos a chegar menos á portería rival, e nun saque dende arriba da porteira rival ás costas da defensa, recibimos o segundo e último tanto.
Seguimos aprendendo e mellorando e eu non podo estar máis orgullosa das compañeiras que forman o SD A Baña Feminino“.
Goles : 1-0, Saray, (67´); 2-0, Graciela, (87´).
Xeira de 9 vitorias e 1 empate levan as carballesas.
Sporting Zas 0-4 Bergantiños FC
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que o Bergan tiña o balón e a posesión pero que non facía perigo algún na primera parte. Neses 45 minutos iniciales Lara erra un man a man ca porteira e Nerea encontra o pau nun golpeo desde a frontal para o Zas.
O sair dos vestuarios era un pouco a misma tónica de partido, pero xa cun Bergan máis metido na nosa área e abrirían o marcador no 55, eso afectóunos un pouco anímicamente despois do desgaste físico que estábamos a facer, e en 10 minutos marcaron 2 goles máis. O primeiro de un golpeo lonxano e o segundo a saida dun saque de curruncho.
Pola nosa parte xa non fomos quen de chegar arriba con claridade, salvo algunha xogada aillada e a balón parado. No último minuto farían o 0-4 desde a frontal”.
Xogamos con . Noelia, Sara, lucia, María, Carlota, Inés, Lara, Andrea, Nerea, Tania e Lucia R. Tamen xogaron : Alvite , Olalla, Elsiña e Lorena.
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido tranquilo para lo que se esperaba en Zas. El Bergan salió muy fuerte de inicio teniendo varias ocasiones de gol claras desde el pitido inicial, pero que transcurridos los minutos tranquilizaba su juego manteniendo la posesión y esperando materializar alguna internada sin precipitarse. El Sporting Zas sacaba balones en largo intentando apartar el peligro y esperando segundas jugadas sin éxito.
En la segunda parte, salían igual las visitantes marcando en el minuto 10′ y manteniendo el control sobre el partido. A partir del gol, se vinieron abajo las locales y la paciencia visitante tuvo sus frutos anotando tres goles más hasta el pitido final“.
Goles : 0-1, Arancha, (55´); 0-2, Ainhoa, (66´); 0-3, Yousra, (69´); 0-4, Amelia, (90´).
Corme CF 8-0 SD Fisterra
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido que se resolvería nos primeiros 15 minutos, donde saimos moi enchufadas, algo que me preocupada moito vindo da tensión dun derbi, que se puidera xerar certa relaxación, pero non foi así. Vexo o equipo coas ideas moi claras e moi enfocado e eso ponme contento.
Minutos para todas, cun moi bo partido de Salomé, algo que nos pon moi contentas dentro do vestuario…A seguir traballando e a polo seguinte“.
Xogamos con : Lucía, Saskia, (Aurora), Laura, (Aroa), Irene.
Candela, (Zeltia), Salomé, Olalla, (Lucía), Nati. ,Ana (Carla Vázquez), Naroa, e Cris.
Goles : A primeira metade acabou 6-0. Os goles do encontro foron obra de : Naroa (4), Candela, Zeltia, Cris, e Ana
O Ponteceso volta a senda do trunfo.
Soneira SD 1-5 Ponteceso SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Un partido cun gran vento en Vimianzo que complicou en ocasións en algo o xogo. As rapazas non saíron ao campo moi cómodas e costoulles un pouco adaptarse ao ritmo e o estilo de xogo das rivais que saíron ao campo con máis intensidade e garra.
As locais adiantaríanse no minuto 13, tras unha falta. O que lles dou enerxías as de Vimianzo e minou un pouco as de Ponteceso.
Dez minutos despois Eva Lago igualaría o marcador para encamiñar algo máis o partido e antes do descanso volvería a aumentar a distancia de falta lonxana.
Ao volta do descanso e co vento en contra, había que loitar o dobre, tras un cambio de esquema as nosas intentaron seguir anotando máis goles e serían elas quen terían o dominio absoluto de toda a segunda metade.
Claudia logrou zafarse das rivais para entrar en área rival e marcar o primeiro do segundo tempo. Pouco despois, Andrea, en dúas xogadas casi seguidas, anotaría outros dous.
Minutos despois da hora de partido as do Ponteceso xa tiñan asegurada a vitoria, 1-5, fronte a un Soneira de recente creación que está a facer un bo traballo no seu primeiro ano“.
Ponteceso SD : María Lema, Berdeal, Ainhoa, Myre, Laura R, (Karen 65′), Silvia, (Virgi 45′), Eva Carril, Muíño, Claudia, (Lucivili 70′), Lago, e Andrea.
Goles : 0-1, Uxía, (13´); 1-1, Eva, (23´); 1-2, Eva, (40´); 1-3, Claudia, (58´); 1-4, Andrea, (62´); 1-5, Andrea, (65´).
UD Corcubión 4-0 SCD Pastoriza B
Goles : 1-0, Alexandra, (13´de penalti); 2-0, Sandra, (29´); 3-0, Ana, (40´); 4-0, Paula, (56´).
UD Cerqueda 0-4 CF Muxía
Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O partido estivo moi ben disputado ata parte final donde o físico pasounos factura, xa que as baixas que levamos arrastrando non nos permiten darlle relevo as xogadoras e algunas cóstalles xogar moito tempo, ademáis aos 10 minutos de xogo tivemos que cambiar a unha das xogadoras porque non se encontraba ben. Ainda así estivemos competindo ata o final e a seguir traballando para mellorar”.
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Primeira parte na que o Muxía quería controlar o partido pero non era capáz de entrar na defensa pechada que tiña o Cerqueda, ainda así tivo un par de ocasions de Claudia e o gol de Elsy que nos puxeron por diante.
Na segunda melloramos pero non chegaban os goles ata que Nerea nun corner facía o segundo e o equipo comezaba a xogar máis tranquilo e mellor, e así chegarían os goles de Barca e Andrea para ó 0-4 final“.
Goles : 0-1, Elsy, (23´); 0-2, Nerea, (71); 0-3, Barca Toba, (85´); 0-4, Andrea, (90´).
O equipo camariñán veuse superado por un bo Cabana.
EFCC “Juan Cabrejo” 1-3 Cabana SD
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido que a priori era complicado polo rival e o vento ademáis condicionou o choque para ambas escadras. No primeiro tempo adiantámonos e a pesares de ter ocasións non fomos quen de ampliar a ventaxe e no segundo tras un corner que nos marcamos en propia porta e o Cabana apretou e consigueu poñerse por diante. Non queda outra que seguir, esta é unha carreira de fondo na que queda moito por diante e a ver se imos incorporando a xente que temos lesionada para elevar o nivel competitivo do equipo “.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantouse pronto o Juan Cabrejo o rematar Yara un lanzamento de falta. O dominio era alterno con chegadas as duas porterías pero sin concretar.
Xa no segundo tempo as nosas fixeronse co control do encontro e rondaban a portería camariñana, ata que nun corner marcaba en propia meta Laura, o que lle deu máis folgos as nosas.
Adriana aproveitaba un rexeite da porteira para adiantarnos no marcador e case sen tempo a recuperarse as camariñanas deste gol, Adriana voltaba a ver porta e pechaba o encontro“.
Xogamos con : Míriam, María, Sheila (Antia Torres), Laura, Begoña, (Valeria), Inma, Alejandra, Antía Pazos, (Nuria), Irene, Adriana, (Jessie Pose), e Iria, (Natalie).
Goles : 1-0, Yara, (8´); 1-1, Laura Pose, (59´en propia porta); 1-2, Adriana, (74´); 1-3, Adriana, (76´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 45 puntos
2º CF Muxía : 34 puntos
3º Bergantiños FC B : 34 puntos
4º CF Mazaricos : 32 puntos
5º EFCC “Juan Cabrejo” : 30 puntos
6º UD Corcubión : 29 puntos
7º Ponteceso SD : 28 puntos
8º Cabana SD : 28 puntos
9º SCD Pastoriza B : 11 puntos
10º Sporting Zas : 11 puntos
11º Soneira SD : 8 puntos
12º SD A Baña : 6 puntos
13º SD Fisterra : 5 puntos
14º UD Cerqueda : 4 puntos
-PREVIA-
-12ª Xornada-
(Xornada adiada ó 26 de Xaneiro)
(02/03/2025)
Cabana SD-UD Corcubión, ás 17:00 horas
UD Cerqueda-Soneira SD, ás 16:00 horas
EFCC Juan Cabrejo-Corme CF, ás 12:00 horas
CF Muxía-Sporting Zas, ás 17:00 horas
SCD Pastoriza B-CF Mazaricos, ás 12:00 horas
Ponteceso SD-SD A Baña, ás 18:30 horas
SD Fisterra-Bergantiños CF B, ás 19:30 horas
AVISOS
Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores
-Foto Patri e Barca : Marina Busto
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto : Camariñas-Cabana : Dulce “Corcu”
-Foto A Baña : Leti Fernández
-Foto Bergantiños : Noe Iglesias