RESULTADOS
3ª DA COSTA
-16ª Xornada-
CF Castrelo 4-3 UD Corcubión, (Crónica)
UD Monte Louro 1-1 CD Nantón
Sporting Seaia CF 1-0 CF Porteño
FC Camariñas 2-1 SD Laxe
Outes CF 9-0 SD Ameixenda
Descansa : SD Camelle.
O “Gran Capitán”, Javichu cumpleu 200 encontros co SD Ameixenda.
COMENTARIO
Escapouselle vivo das mans o lider FC Camariñas ao SD Laxe que puido golear na primeira metade no “Hermanas Patiño”, e acabou perdendo, (1-2), refacéndose os camariñáns na segunda para levarse os 3 puntos, e seguir disparado hacia a Liga da Costa e o seu inmediato perseguidor o Outes CF facía sangue do SD Ameixenda cunha tremenda goleada, (9-0), un trunfo que lle valía para abrir fenda co UD Monte Louro que non pasaba do empate no “Agra de Filgueira” co CD Nantón, (1-1), un resultado que lle valía aos nantoneses para acercarse a 1 punto do SD Laxe e seguir sumando na loita pola promoción que nestes intres da liga está moi apretada, pois o Sporting Seaia co seu agónico trunfo sobre o CF Porteño, (1-0), desbancaba da sexta praza ao SD Camelle, que descansaba e que era o que marcaba o derradeiro posto da promoción. O sábado o CF Castrelo e o UD Corcubión ofrecían un encontro pleno de goles, (4-3), e do que tes a crónica PREMENDO AQUÍ.
Decir que o Outes CF aparece nas clasificacións con 32 puntos en vez dos 35 que en realidade ten, xa que se lle dou por gañado o encontro ante o Sporting Seaia CF por 3-0. Un encontro que foi suspendido por quedar os seaieses con menos de 7 xogadores e finalizouse con vitoria dos da Serra.
A tódolos xogadores que sufriron lesións esta xornada desexámoslle unha pronta e satisfactoria recuperación.
CRÓNICAS
Gustavo, (SD Laxe).
FC Camariñas 2-1 SD Laxe
Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido con duas partes distintas a 1ª parte creo que foi a peor da historia do Camariñas, regalando 1 gol, e regalando ocasións para ir co resultado encontra máis abultado, e a 2ª totalmente distinta, moi enchufados máis agresivos e con ocasións para remontar, como asi foi. Resultado algo inxusto, pero bueno o fútbol e así. 3 puntiños e a seguir”.
Jose Antelo, (Adestrador do SD Laxe) :“Un partido moi disputado, donde na primeira parte puidémolo sentenciar con ocasións moi claras que dispuxemos, pero o que ten o fútbol de ir o descanso cun posible 0-4 tranquilamente, fomos cun 0-1, deixando moi vivo o lider Camariñas que por algo é o mellor equipo da categoría. Xa na segunda eles foron arriba a polo partido e dun corner direto empatarían e dun mal despexe noso marcarían desde a frontal o segundo. Despois dese gol xa non habería tempo para reaccionar. Agradecer os meus xogadores o gran partido realizado dos mellores que xogamos”.
Goles : 0-1, Paredes, (12´); 1-1, Gora, (73´en propia porta); 2-1, Carlos, (84´).
Árbitro : David Cancela
INCIDENCIAS : Tiveron que sair lesionados os xogadores do SD Laxe, Dani Reigía, os 11 minutos de xogo e Carra o comezo da 2ª metade.
UD Monte Louro 1-1 CD Nantón
Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Mal partido del Monte Louro donde no estuvimos a la altura de lo que nos jugábamos, desde el primer minuto no lograbamos salir jugando en corto, muchas imprecisiones en los controles y vasculación del balon, tampoco estuvimos comodos en el juego en largo donde el segundo balón lo dominaba el Nantón. En la segunda parte mas de lo mismo aun asi gozariamos de alguna ocasión para llevarnos los 3 puntos”.
Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Foi un partido intenso e igualado, no que o Monte Louro tivo boas ocasións, pero a nosa seriedade defensiva e os fallos deles, nos permiten sumar un bo punto nun campo difícil, e seguir na loita pola fase de ascenso”.
Goles : 1-0, Migule Verán, (21´); 1-1, David Fariña, (30´)
Árbitro : Joaquín Rivas.
Sporting Seaia CF 1-0 CF Porteño
Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido que polo forte vento era imposible xogar. Púxosenos de cara o encontro para nós cun penalti a favor por unhas mans. Toni erraba no lanzamento e acertaba no rexeite. Na segunda máis do mesmo, xa co Porteño metido no noso campo Loureiro tería unha clara que non chegou a finalizar ben”.
Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) :“Partido marcado polo forte vento, donde os 10 minutos o colexiado regala un penalti que o Seaia marca no rexeitee do noso porteiro. Pouco más na primeira parte. Na segunda o Porteño volcado con moitas chegadas e ocasións. Creo que o xusto sería un empate. O dos árbitros últimamente con nós e para escribir un libro, entre o da semana pasada e esta dan ganas de deixar o fútbol”.
Goles : 1-0, Toni Añón, (16´)
Árbitro : Esteban Domínguez.
INCIDENCIAS : Saeu lesionado aos 34 minutos de xogo o xogador do Sporting Seaia CF, Toni.
Once inicial do SD Ameixenda en Outes.
Outes CF 9-0 SD Ameixenda
Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Partido no que saimos decididos a marcar distancia no marcador e pronto o conseguimos. Co paso dos minutos os goles foron chegando. Resaltar a boa deportividade do Ameixenda a pesar do resultado”.
Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Versión futbolera da “Lei de Murphy” : “Cando algo pode ir a peor, irá a peor”. Si ó feito de que o equipo contrario xa é superior lle engadimos que o segundo gol entrou despois de bater o balón nun defensa, e que os 20 minutos Rivers bateu co hombreiro no pau e non puido seguir, tendo que poñerse un xogador de campo de porteiro, explica en parte a facilidade do Outes para impoñerse tan doada, como contundentemente. Bastante ben o fixo Ezequiel de porteiro improvisado, pero xa estaba todo o peixe vendido. Toca pasar páxina canto antes, apretar os dentes e seguir”.
Goles : 1-0, Eloy, (9´); 2-0, Rober Solís, (18´); 3-0, David, (22´); 4-0, Martín, (26´); 5-0, Rober Solís, (40´); 6-0, Martín, (47´); 7-0, Roberto, (50´); 8-0, Eloy, (52´); 9-0, Pullo, (82´);
Árbitro : Juan José Otero
INCIDENCIAS : Saeu lesionado o porteiro do SD Ameixenda, Rivers.
CLASIFICACIÓN
PICHICHI
1º-Brandon, (FC Camariñas) : 12 goles en 14 encontros
2º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 10 en 11
3º-Iago Lema, (UD Corcubión) : 10 en 13, (1 de penalti)
4º-José A. Souto, (CD Nantón) : 10 en 13, (1 p)
PRÓXIMA XORNADA, (17ª)
25-26/01/2020
SD Camelle-CF Castrelo, (25/01 ás 16:00 horas)
UD Corcubión-UD Monte Louro
-CD Nantón-Sporting Seaia CF, (26/01 ás 16:00 horas)
CF Porteño-FC Camariñas
SD Laxe-Outes CF
Descansa : SD Ameixenda.
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
-Fotos : piratasdemuxia.es/Fernando Domínguez
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.