CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 16ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “PLENO CAS VITORIAS DO XALLAS, DUMBRÍA E CEE”.

O Xallas sacou os 3 puntos para seguir presionando as líderes.

 

Pleno de vitorias para os equipos costeiros neste inicio da segunda volta. O Xallas vencía no difícil campo de Os Loureiros o Almeiras, namentras que o Dumbría dobregaba ao Sporting Meicende, (3-1), no Conco, namentras que pola sua banda o Cee visitaba o campo A Reigosa para enfrontarse o filial do Friol ao que derrotaba por 1-2.

GOLEADORAS

Eva Lema, (CF Dumbría), sumou un novo gol esta xornada e xa conta con 19, (3 de penalti), sendo unha semana máis a lider da categoría, na prata do podio de “Pichichis”, Paula Veiga, (UC Cee), non sumou esta semana e sigue con 17 goles, (1 de penalti), os mesmos que atesoura Ánxela Prado, (CD Lugo B), que tampouco veu porta nesta pasada xornada. O podio de goleadoras péchao Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 15 tantos, sumándolle un a sua conta particular, o que lle marcou o Orillamar.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

Cultural Maniños 3-1 Brexo Lema

 Orzán SD B 1-1 UD Carral

 PM Friol B 1-2 UC Cee 

 Silva SD 0-2 Sporting Burgo

Orillamar SD 0-2 SCD Pastoriza

 CF Dumbía 3-1 Sporting Meicende

 SD Tordoia 1-0 CD Lugo B

UDJ Almeiras 0-1 Xallas FC

 

CRÓNICAS

 

PM Friol B 1-2 UC Cee

Goles : 1-0, Noelia, (22´); 1-1, Naiara, (57´); 1-2, Saray, (94´)

 

CF Dumbría 3-1 Sporting Meicende

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Partido marcado polo frio e a chuvia. Saíamos intentando marcar un ritmo alto de partido, facendonos co dominio e conseguindo adiantarnos muy pronto, o que ocasionou que baixaramos un punto n intensidad e axudado polo frío que facía que concederamos demasiadas facilidades e segundos balóns que farían que as visitantes encontraran a forma de facernos daño igualando o partido desde os 11 metros, subiríamos o ritmo e poríamonos por diante tras un rechace que Juli mandaría o fondo das redes, hasta o descanso o partido estaría en terra de nadie, sin dominador claro.

Tras a volta dos vestuarios ambos equipos lles costou volver a coller ritmo de novo, pola temperatura e a molladura ca que nos fomos os vestuarios, faríamos o terceiro que nos daba unha certa tranquilidade tras un corner, sendo unha segunda parte apatica para ambos equipos, tivemos ocasións para sentenciar, pero sin ter a soltura e frescura para conseguilo“.

Goles : 1-0, Paula Fandiño, (2´); 1-1, Jasmina, (22´de penalti); 2-1, Juliette, (30´); 3-1, Eva Lema, (54´).

 

Brexo Lema SD 0-1 Xallas FC

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Comezabamos a segunda volta da competición, visitando un rival moi físico como nos demostraran na primeira volta e nun campo que polas dimensión non favorecía o noso xogo. Dominamos case todo o partido moi ben nos dous primeiros tercios de campo, pero faltounos profundidade e verticalidade por fases do partido.

Na primera parte tivemos unha ocasión de Valeria que tapa moi ben a porteira rival, e varias chegadas perigosas a área pero sen finalización. Na segunda parte damos un paso máis adiante, e temos varias chegadas pero sen tino. Elas tiveron unha ocasion clara nunha perda na saída de balón que Rosío fai un paradón. No 80 expúlsannos a Cali por doble carton a amarelo, recompoñémonos e cando firmábamos o empate, temos un man man de Oli, que erra ante a saida da porteira.

O gol chegaria no 87 nunha apertura a banda de Oli que Barcia gaña liña de fondo e fai un pase da morte, para que Espasandín remate a pracer. Despois teríamos o 0-2 nunha contra por medio de Facal, que ante a saida da porteira remata e sae “chorando” onda o pao. Gran partido das nosas, sumando unha porteria máis a cero e sacando a diante 3 puntos moi complicados“.

Goles : 0-1, Espasandín, (87´).

Incidencias : O colexiado Manuel García expulsou con dobre cartón, (63´e 80´), a xalleira, Cali.

 

-CLASIFICACIÓN-

SCD Pastoriza : 42 puntos

2º Xallas FC : 41 puntos 

 SD Tordoia : 35 puntos

4º Orzán SD B : 33 puntos

UD Carral : 30 puntos

 Sporting Burgo : 26 puntos

7º CF Dumbría : 27 puntos 

8º UC Cee : 27 puntos

9º CD Lugo B : 18 puntos

10º Brexo Lema SD : 17 puntos

11º PM Friol B : 16 puntos

12º Orillamar SD : 13 puntos

13º UDJ Almeiras : 12 puntos

14º Cultural Maniños : 11 puntos

15º Sporting Meicende : 10 puntos

16º Silva SD : 5 puntos

 

-PREVIA-

-17ª Xornada-

-26/01/2025-

Xallas FCCultural Maniños, 25/01 ás 18:00 horas 

 Brexo Lema-Orzán SD B, ás 16:30 horas 

 UD Carral-PM Friol B, ás 19:30 horas 

 UC Cee-Silva SD, ás 12:15 horas

Sporting Burgo-Orillamar SD, ás 17:30 horas 

 SCD Pastoriza-CF Dumbía, ás 17:00 horas

 Sporting Meicende-SD Tordoia, ás 19:00 horas 

CD Lugo B-UDJ Almeiras, ás 16:00 horas 

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. 

 

 

-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies