CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 16ª XADA DA 3ª DA COSTA : “O ZAS DESBANCA O MALPICA DO LIDERATO QUE PASA A SER DO SOFÁN BE E PON A 4 EQUIPOS EN 2 PUNTOS NA LOITA POR TODO”.

O Zas pon a loita polo título nun pano.

 

O Zas-Malpica era o encontro da xornada, o que levantaba tódalas miradas e así foi. A vitoria dos zacenses sobre os que eran líderes indiscutibles fai que o novo lider sexa o Sofán B que goleaba o Camelle, (3-7), e que todo esté nun puño cos malpicáns agora segundos a un punto dos sofanistas e por debaixo no terceiro e cuarto escalón, Sporting Zas e Volantes de Baño, ambos a 2 puntos do novo lider e a 1 do Malpica.

Por abaixo a nova máis destacada foi o empate do Laxe en Nantón, (1-1), suman así os laxenses o seu terceiro punto do campionato.

GOLEADORES

Raúl Corzón, (Sporting Zas), sigue encabezando a clasificación de goleadores desta liga con 22 goles, (3 de penalti). O zacense nesta xornada non veu porta. Sígeo na táboa de Pichichis, Ismael Ramos, (Sofán B), que esta semana facíalle 3 o Camelle e ponse con 21, todos eles de xogada, e completando o podio, Adrián Vázquez, (Sofán B), con 17 tantos, un deles foi de penalti.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

CD Baiñas 3-3 UD Cerqueda

  SD Camelle 3-7 SD Sofán B

 Sporting Zas 2-0 SCD Malpica

Atlético Pereiriña FC 0-0 Inter de Brens

SD Oza 3-5 Volantes de Baño FC

CD Nantón 1-1 SD Laxe

SCD Buño 4-3 CF Muxía B

Descansa : Sporting Seaia CF

 

-CRÓNICAS-

 

CD Nantón 1-1 SD Laxe

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido condicionado polo mal estado do cespede debido a auga. Ainda asi penso que fixemos unua primeira parte bastante correcta sendo superiores en chegadas a área pero erráticos na definición. Solo Jorge foi capaz de acertar cando recibiu un pase de Dani Añon e cun control orientado hacia dentro engancha un cañonazo pola escuadra para poñer o 1-0 que facía xustiza ata o momento. Co 1-0 tivemos un par de chegadas máis con Jorge e Manuel pero o porteiro Visitante fixo unha boa actuacion.

Na segunda parte o Laxe xa se soltou un pouco máis e o partido converteuse máis en ida e volta, nós non soubemos cerrar o partido a través das ocasións e démoslle máis vida o rival que incluso dispuxo dun penalti para empatar pero non acertaron entre os 3 paus.

Casi co partido morrendo, un balón longo entre central e lateral píllannos as costas e nun man en segunda instancia consiguen marcar a porta baleira o 1-1.
Unha segunda parte moi floxa que nos costan 2 puntos que nos impiden recortar puntos cos da zona de play off
“.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Campo encharcado, e difícil de manter o equilibrio, moito balón en longo buscando fallos defensivos. Notábase que o Nantón está más acostumado o terreno.

Tivo algunha ocasión máis que nós, pero en líñas xerais partido igualado. Marcharon o descanso co 1-0. Na segunda milloramos, e fallamos un penalti antes de marcar o 1-1, cando apenas quedaban 8 minutos·.

Goles : 1-0, Jorge Rey, (39´); 1-1, Unay, (83´).

 

O Oza que xogou ante o Volantes.

 

SD Oza 3-5 Volantes de Baño FC

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) :Nefasto partido noso en líneas generales, empezamos adiantándonos no marcador na primeira xogada do partido con unha boa xogada de Archi, que tras un desmarque e un regate espectacular bate entre as pernas o porteiro visitante. Pronto reaccionaría o Volantes, empatando 2 minutos despois, o partido volvíase algo tolo e volveríamos poñernos por diante de novo obra de Archi, que aproveita un barullo nun córner para metela a escadra dende a frontal da area.

A partires deste gol desaparecíamos en combate, recalcamos toda a semana e antes de entrar no campo o poderío deles no balón parado, e o perigo de Borja por arriba, entrenando toda a semana esta cuestión, pero de pouco serviu, porque tres goles que nos marcan na primeira metade serían a balón parado. Fomos o tempo de lecer bastante tocados porque víamos como despois de poñernos duas veces por diante no marcador perdíamos de 2, pero con gañas de remontar este partido que para nós era moi importante sumar os 3.

Saíamos a segunda metade con gañas de recortar no marcador e froito diso, Nacho remata un balón moi bo para mandalo o fondo da rede e vernos aí tan cerca faltando máis de media hora para poder remontar, pero outra xogada de infortunio deixábanos con un home menos trala expulsión de Álex Moreno, que para nós moi exagerada unha roxa direta, xa que o balón esta no medio dos dous e con tan mala sorte Álex dalle unha patada totalmente sin querer, froito desta falta un mal entendemento entre Samuel e Lagoa acaba empuxandoa un visitante na área pequena.

Volvíamos a estar dous por debaixo pero desta vez con un home menos, trocamos o esquema para ir o ataque e polo menos competir o empate pero unha defensa moi ben posicionada do cadro de Muros fíxonolo imposible Nin siquiera recortar distancias.

Partido para esquecer, agora vennos o parón por descanso e despois recibiremos o Inter de Brens, e intentaremos volver a senda da vitoria para engancharnos de novo nos postos de Play off.

Dende a familia do Oza queríamos mandar un saúdo e pronta recuperación o porteiro do Volantes, que nun choque con Nacho saía perxudicado tras levar un golpe na cabeza.

Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “A espera do coementario”.

Goles : 1-0, Archi, (1´); 1-1, Borja, (3´); 2-1, Archi, (13´); 2-2, Borja, (25´); 2-3, Manuel, (31´); 2-4, Lago, (33´); 3-4, Pose, (58´); 3-5, Barreiro, (61´).

Incidencias : O colexiado Marcos Ordóñez, expulsou con vermello direto o xogador do Oza, Álex, (60´). 

 

CD Baiñas 3-3 UD Cerqueda

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido totalmente tolo dende o inicio ata o final. Non entramos como tíñamos que facelo no partido e iso fixo que o rival pouco a pouco se fora metendo no partido, iso xunto coa expulsión de Adrian na metade da primeira parte fixo que o partido se puxera costa arriba e máis cando o Baiñas se puxo por diante.

Foi cando sacamos o noso mellor xogo e rápido remontamos e nos puxemos 1-3 no marcador, o final non soubemos manter esa diferencia e empatarían con duas xogadas a balón parado“.

Goles : 1-0, Pablo, (59´); 1-1, Salah, (61´); 1-2, Salah, (72´); 1-3, Alejandro, (78´); 2-3, Raúl, (81´); 3-3, Raúl, (91´).

Incidencias : O colexiado Esteban Domínguez, expulsou con vermello direto ao xogador do Cerqueda, Adrián García, (33´).

 

O  Zas pon a 100 a liga.

 

Sporting Zas 2-0 SCD Malpica

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :San Andrés viviu un deses partidos marcados en vermello no calendario, cun ambiente propio do fútbol da Costa. A pesar de ser o primeiro encontro da segunda volta, a tensión e a intensidade quedaron claras desde o inicio do partido.

O encontro comezou cun ritmo frenético, no que tanto o Zas como o Malpica estiveron preto de abrir o marcador. Primeiro, o Zas estrelou un balón no pau, e pouco despois, o Malpica viu como un gol seu era anulado por fóra de xogo.

Tras ese inicio dinámico, o partido entrou nunha fase máis táctica, onde o medio do campo converteuse no epicentro da acción. As liñas defensivas de ambos conxuntos estiveron sólidas, e a intensidade dos xogadores provocou varias tarxetas para os dous equipos. O momento clave desta primeira metade chegou antes do descanso, coa dobre amarela a Fran, que deixou ao Malpica en inferioridade numérica, condicionando o resto do encontro.

Conscientes da vantaxe numérica, o Sporting Zas saíu na segunda metade disposto a dominar o partido. Apenas cinco minutos despois da reanudación, Dani Mato aproveitou un espazo para lanzar un potente disparo desde fóra da área. O porteiro do Malpica non foi quen de atallar o balón, e o Zas adiantouse no marcador cun 1-0 que animou aos locais.

O Malpica intentou reaccionar axustando o seu sistema coa entrada de Charro, buscando máis profundidade no ataque. Pola súa banda, o Zas optou por pecharse atrás e buscar contras rápidas, aproveitando a entrada de xogadores frescos. O encontro viu un momento desafortunado cando o porteiro do Malpica sufriu unha lesión, desexando dende aquí que non sexa nada grave.

O Zas, lonxe de conformarse, seguiu buscando o segundo gol e atopouno nunha gran xogada individual de Andrés, que conseguiu chegar á liña de fondo para asistir a Álvaro, quen empurrou o balón á rede para o 2-0 definitivo.

Con dous goles de vantaxe, o Sporting Zas buscou aproveitar o momento para igualar o golaverage co Malpica, pero faltou puntería nas ocasións finais. Raúl tivo unha falta perigosa que foi desviada, e un córner de Amoedo estivo a piques de entrar, pero finalmente o marcador non se moveu máis”.

Goles : 1-0, Dani Mato, (50´); 2-0, Álvaro Fariña, (86´).

Incidencias : O colexiado Esteban Domínguez, expulsou dobre cartón ao xogador do Mapica, Fran García, (45 e 45´+1), e con vermello direto ao delegado Rubén Veres, (72´), e no desconto final o adestrador David Baña, e o xogador Diego García.

 

SD Camelle 3-7 SD Sofán B

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “A espera do comentario“.

Goles : 0-1, Adrián, (6´); 0-2, Samuel, (22´); 1-2, Gabri, (24´); 2-2, Sandro, (30´); 2-3, Isma Ramos, (33´); 2-4, Isma Ramos, (45´); 2-5, Nacho Moreno, (52´); 2-6, Isma Ramos, (57´); 3-7, Sandro, (desconto).

 

Atlético Pereiriña FC 0-0 Inter de Brens

Goles : 0-0

 

SCD Buño 4-3 CF Muxía B

Goles : 1-0, Brais, (26´); 2-0, Andrés, (37´); 3-0, Andrés, (39´); 3-1, Fabián, (41´); 3-2, Santiago, (47´); 3-3, Adrián, (60´); 4-3, Brais, (67´).

 

Descansou : Sporting Seaia CF

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 SD Sofán B : 38 puntos

 SCD Malpica : 37 puntos

3º Sporting Zas : 36 puntos

4º Volantes de Buño FC : 36 puntos

 UD Cerqueda : 31 puntos

  Atlético Pereiriña FC : 22 puntos

 SD Oza : 22 puntos

 CD Nantón : 18 puntos

 CD Baiñas : 17 puntos

10º Sporting Seaia CF : 14 puntos

11º SD Camelle : 12 puntos

12º SCD Buño : 12 puntos

13º Inter de Brens : 12 puntos

14º CF Muxía B : 7 puntos

15º SD Laxe : 3 puntos

 

PREVIA

-17ª Xornada-

-26/01/2025-

CF Muxía B-CD Baiñas, ás 16:00 horas

  UD Cerqueda-SD Camelle, ás 18:15 horas

 SD Sofán B-Sporting Zas, ás 17:00 horas

SCD Malpica-Atlético Pereiriña FC, ás 16:30 horas

Inter de Brens-Sporting Seaia CF, ás 16:00 horas

Volantes de Baño FC-CD Nantón, ás 16:30 horas

SD Laxe-SCD Buño, 23/11 ás 16:30 horas

Descansa : SD Oza

AVISO : Os horarios e datas son ofiviosos non oficiais, os oficiais poñerémolos venres na AXENDA PIRATA como cada semana.

 

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Foto e vídeo Oza : Gustavo Novo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies