CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 15º XDA DA 3ª DA COSTA : “POR ARRIBA NINGUÉN DA CHANCE NESTE COMEZO DE ANO E REMATE DA PRIMEIRA VOLTA”.

O Zas remata a primeira volta no podio da liga.

 

Órdago goleador para rematar a primeira volta e comezar este 2025 coa frioleira de 41 goles repartidos antre os 7 encontros que conforman a xornada sendo o Oza e o Cerqueda os autores da metade destes goles. Tan só 3 equipos quedaron sen marcar neste inicio de liga, o Camelle, que facía suar o Malpica para levarse os 3 puntos do Rodeiro, (tal e como xa vos contamos na noite do sábado), o Laxe, que se vía sometido polo Oza e o Muxía B, que chegaba cun cambio e que era goleado polo Cerqueda.

Por arriba non fallou ninguén polo que o Malpica sigue mantendo a distanza de 2 puntos co Sofán B e por detrás a dous dos sofanistas e 4 dos malpicáns o Sporting Zas e o Volantes. Un pouquiño máis distanciado, pero con opcións a engancharse a loita por todo está o Cerqueda, e na loita por entrar na promoción hai un grupiño de varios equipos.

Para semana sen dúbida o encontro da xornada será o Sporting Zas-Malpica, choque estelar para comezar a segunda volta e ao que estarán moitos equipos atentos e de seguro que levará o San Andrés un gran ambente.

GOLEADORES

Raúl Corzón, (Sporting Zas), sigue encabezando a clasificación de goleadores desta liga con 22 goles, (3 de penalti), seguido de Ismael Ramos, (Sofán B), con 18, todos eles de xogada, e completando o podio, Adrián Vázquez, (Sofán B), e Raúl Lestón, (Volantes), ambos con 16 tnto dos que en ambos casos un deles foi de penalti.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª DA COSTA

-15ª Xornada-

-12/01/2025-

CD Nantón 6-2 SCD Buño

 SD Oza 11-0 SD Laxe

Sporting Seaia CF 1-3 Volantes de Baño FC

Sporting Zas 4-1 Inter de Brens

SD Camelle 0-1 SCD Malpica

  CD Baiñas 0-3 SD Sofán B

UD Cerqueda 9-0 CF Muxía B

Descansa : Atlético Pereiriña FC

 

-CRÓNICAS-

 

CD Nantón 6-2 SCD Buño

Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Partido moi floxo pola nosa parte,cun resultado demasiado abultado e un tanto inxusto. Un primeiro tempo no que non estivemos nada finos en ningún aspecto do fútbol pero ainda asi Iago consegiu poñernos por diante no marcador e David minutos mais tarde falla a bocaxarro unha falta sacada por Iago. Estas dúas foron e outra de Javi que non acerta co remate cando solo era empuxala, foron as ocasións das que dispuxemos na primeira parte. Non estabamos comodos e o Buño puxo o 1-1 antes do Descanso.

Na segunda parte a entrada de Benbe dounos un pouco mais de poderío no medio e de control pero unha perdida nosa en campo propio propiciou o 1-2 do Buño nunha contra rapida.

A partir de aí as nosas ocasions foron indo á máis e tras unha boa xogada de Josué por banda sirve a placer a Benbe para poñer o 2-2. Apartir de ahi o partido decidiuse pola eficacia nas areas e ahi nos estivemos máis acertados. David cun hat-trick e Iago poñian o definitivo 6-2.

Resultado moi engañoso e excesivo castigo para un bo Buño que vendiu moi cara a súa derrota, xa que mereceron moito máis. E nos sumamos 3 puntos para completar unha racha de 7 partidos consecutivos sin perder que nos deixa a 4 da promoción”.

Goles : 1-0, Iago Torres, (27´); 1-1, Brais, (32´); 1-2, Andrés, (63´); 2-2, Julio César, (70´); 3-2, David Fariña, (83´); 4-2, David Fariña, (85´); 5-2, David Fariña, (93´); 6-2, ().

 

O Oza deuse un gustazo ante o Laxe.

 

 

SD Oza 11-0 SD Laxe

Gonzalo Novo, (Adestrador do SD Oza) : “Sabíamos da importancia destes tres puntos, xa que volvíamos do parón Navideño e ganando metiamonos en Play Off de ascenso. Os rapaces saliron moi fortes en ataque e sendo un muro defensivamente, ainda que tivemos un par de sustos que poidemolos pagar caros, pero ahí estaba o noso Samuel, que está a facer unha campaña espectacular e sacaba 2 mans a mans que parecian imposibles. Froito do acertante que estivemos en ataque iríamos xa ao tempo de lecer 5-0.

Tralo paso por vestiarios seguiríamos igual de fortes, cun equipo moi Ben posicionado e que buscabamos por segunda xornada consecutiva deixar a porteria a cero, un traballo que este ano nos estaba costando, xa que levabamos unha media de goles en contra moi alta e que faciasenos moi complicado ganar partidos.

Pouco Mais que añadir o partido, felicitar os nosos por un traballo espectacular o de onte, que tanto Michel coma eu sabiamos que iba acabar saindo polo visto nos adestramentos e felicitar tamen o Laxe que a pesares da derrota tan abultada non baixaron os brazos en ningún momento e peleaban por marcar polo menos o gol da honra”.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Moi pouco que contar, só houbo un equipo no campo. Resultado xusto ainda que demasiado abultado. Estiveron moi acertados de cara a porta”.

Goles : Primeira metade : Nacho Pose, (2), Salah e Saad, (este último de penalti). Segunda metade : Nacho Pose, Abib, (5), e Saad.

 

Sporting Seaia CF 1-3 Volantes de Baño FC

Gustavo Figueiras, (Adestrador do Volantes de Baño) : “Partido a verdade é que moi igualado. Eles sairon ben e non nos deixaban circular o balón e fixeron que tivésemos que xogar en longo buscándolles as costas a defensa e aí si que lles fixemos dano. Eles apretaban e foron superiores no medio do campo e complicaron o noso xogo. Despois na segunda metade correximos un pouco no medio do campo e aí si que comezamos a dominar e a conseguir levarnos os primeiros e segundos balóns e a eles costoulles máis chegar o noso campo e aí fomos capaces de marcar o segundo gol.

Tivemos moitas baixas por mor da epidemia que temos de gripe e tiven que levar varios xuvenís e o facer os trocos notouse no medio do campo e chegou o gol deles, no que pedimos fora de xogo, que podía estar, o porteiro quedouse a media saida e aí ben o gol.

Tras esta xogada conseguimos de novo facernos co balón e combinando con pases medios e longos e conseguíamos chegar a porta contraria e fixemos o terceiro e na celebración expulsaron a Hugo pola celebración e pouco despois lesionousenos outro xogador e acabamos con 10 e sufrindo por falta de xente o non ter trocos. Na primeira metade mereceron máis ca nós e na segunda tivemos máis oficio, máis correudos e máis solventes”.

Goles : 0-1, Raúl Lestón, (50´); 0-2, Hugo, (71´); 1-2, Fernandfo, (75´); 1-3, Hugo, (81´).

Incidencias : O colexiado Luis Mourelle, expulsou con dobre cartón, (78´e 85´), ao xogador do Volantes, Hugo González.

 

Un gran Zas na segunda metade goleou o Brens.

 

Sporting Zas 4-1 Inter de Brens

Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) :O Sporting Zas comezou o 2025 en San Andrés coa intención de consolidarse como un dos equipos máis fiables da categoría cando xoga como local.

O encontro arrancou cun Zas que asumiu a iniciativa, mantendo o control do balón e buscando furar o bloque defensivo rival. Con todo, a falta de ritmo tras o parón navideño fíxose evidente no equipo local, que, malia xerar ocasións, non logrou concretar. A máis clara chegou tras unha serie de remates consecutivos que acabaron no longueiro, deixando a sensación de que o gol estaba preto pero non chegaba.

Pola súa banda, o Inter de Brens gañou en confianza a medida que avanzaban os minutos. Aproveitando un despiste defensivo, Adrían recibiu un balón longo e,
adiantou aos visitantes no marcador.

Este tanto serviu de despertador para o Zas. Poucos minutos despois, Raúl aproveitou un barullo tras un córner para marcar o empate, enviando o partido ao descanso cun 1-1 que deixaba todo por decidir.

Na reanudación, o Sporting subiu unha marcha e comezou a mostrar a súa mellor versión. Dani Mato filtrou un pase preciso que Raúl,converteu no 2-1. Con este tanto, o Inter de Brens viu como o partido se lle escapaba das mans.

Pouco despois, Redondo ampliou a vantaxe cunha gran xogada individual pola banda que culminou co 3-1. Este gol afundiu un pouco o Inter que non foi quen de manter o ritmo nin de reaccionar. A guinda púxoa Raúl cun auténtico golazo que entrou pola escadra, completando o seu hat trick particular e poñendo o 4-1 definitivo no marcador“.

Goles : 0-1, Adrián, (39´); 1-1, Raúl, (44´); 2-1, Raúl, (55´); 3-1, Iván, (65´); 4-1, Raúl, (73´).

 

Encontro dos de antes o que se veu no Rodeiro.

SD Camelle 0-1 SCD Malpica

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) :Partido entretido e duro, polo rival e polo mal estado do campo. Empezaríamos con chegadas e con boas ocasións, pero non as levaríamos a cabo, en cambio eles no único fallo defensivo poñeríanse por diante. Non nos viñemos abaixo e houbo xogadas de gol para ambos lados, ata os últimos 5 minutos desta primeira parte donde dominou claramente o Malpica pero non acertaron. Vímonos abrigados a facer un cambio na defensa ca lesión de Hucho.

Empezaria a segunda parte intensa, donde o árbitro deixou xogar “demasiado” ata que a cousa se lle fui da mans, armándose unha tangana, que se resolveu cun expulsado de cada equipo. No futbolístico, sería intenso tamén, pero en ocasións, e en xogo creo que nós fomos un pouco máis superiores, pero igualados no que se refire en ocasións claras, pero a pesares disto o marcador non se movería”.

Goles : 0-1, Sergio, (12´).

Incidencias : O colexiado Jonathan Pardiñas, expulsou tras unha “tangana” no minuto 74 con vermello direto ao xogador do Camelle, (que estaba de suplente), Óscar, e ao do Malpica, (que estaba xogando), Luis Manuel.

 

CD Baiñas 0-3 SD Sofán B

Goles : 0-1, Raúl, (17´); 0-2, Adrián, (20´); 0-3, Ismael, (25´).

 

UD Cerqueda 9-0 CF Muxía B

Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Non fixemos o noso mellor partido sobre todo na primeira parte, na segunda xa si que estivemos mellor (con un Salah estelar anotando el só 5 goles), e o resultado así o reflexa. Cabe destacar a seriedade, as boas formas e a deportividade do rival“.

Goles : Primeira metade : Davidson e Salah, (2). Segunda metade : Salah, (3), Marcos Pensado, Suso Amado e Iván Rey.

 

Descansou : Atlético Pereiriña FC

 

+++++

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCD Malpica : 37 puntos

 SD Sofán B : 35 puntos

3º Sporting Zas : 33 puntos

4º Volantes de Buño FC : 33 puntos

 UD Cerqueda : 30 puntos

  SD Oza : 21 puntos

 Atlético Pereiriña FC : 21 puntos

 CD Nantón : 17 puntos

 CD Baiñas : 16 puntos

10º Sporting Seaia CF : 14 puntos

11º SD Camelle : 12 puntos

12º Inter de Brens : 11 puntos

13º SCD Buño : 9 puntos

14º CF Muxía B : 7 puntos

15º SD Laxe : 2 puntos

 

PREVIA

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

CD BaiñasUD Cerqueda, ás — horas

  SD CamelleSD Sofán B, ás — horas

 Sporting ZasSCD Malpica, ás — horas

Atlético Pereiriña FC-Inter de Brens, ás — horas

SD OzaVolantes de Baño FC, ás — horas

CD NantónSD Laxe, ás — horas

SCD Buño-CF Muxía B, 23/11 ás — horas

Descansa : Sporting Seaia CF

 

 

-Fotos Zas : Sporting Zas

-Foto e vídeo Oza : Gustavo Novo

-Foto Camelle : Roi Búa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies