CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 15ª XDA DA LIGA DA COSTA : “O XALLAS E SONEIRA OS MÁIS BENEFICIADOS DOS CHOQUES ANTRE RIVAIS DIRETOS”.

C Camariñas e Monte Louro empataban no encontro da xornada.

 

Xallas e Soneira coas suas vitorias neste inicio de 2025, foron os máis beneficiados da xornada tralo empate antre o lider Camariñas e o Monte Louro e ca derrota inesperada do Baio en Corcubión, unha derrota que non lle sentou nada ben o adestrador dos baieses Félix Raposo.

Os xalleiros póñense a 3 puntos do lider neste remate da primeira volta do campionato e os vimianceses engánchanse a loita por todo a 3 puntos da promoción. Por abaixo o Cee sigue na sua particular “Vía Crucis” a 9 puntos da salvación e ningún dos 4 que o preceden, (Lira, Coristanco, Muros e Outes), foron quen de sumar de 3, sendo o Lira o máis perxudicado, pero a 3 do Coristanco e 5 de Muros e Outes. Si lle sentou ben a xornada o Corcubión que remontou a estes 3 equipos ca sua brilante vitoria sobre o Baio.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

GOLEADORES

O podio dos goleadores da competición sigue encabezado por Djibril, (Camariñas FC), con 17 goles, (6 de  penalti), seguido por Martín “MC”, (CD Baio), con 13, (3 p), e completa o podio, César Lojo, (UD Corcubión), con 12 dianas, todas elas de xogada.

 

LIGA DA COSTA

-15ª Xornada-

-12/01/2024-

UD Corcubión 2-1 CD Baio

SD Coristanco 0-3 Soneira SD

Camariñas FC 1-1 UD Monte Louro

Corme CF 2-0 UC Cee

Cabana SD 1-3 CF Porteño

CD Muros 1-1 Ponteceso SD

Outes FC 2-3 CF Mazaricos

CF Lira 0-2 Xallas FC

 

-CRÓNICAS-

 

CF Lira 0-2 Xallas FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Tíñamos como obxetivo comezar ben o ano e vendo os rivais diretos que se enfrontaban antre eles. Tres puntos complicados que non extiveron exentos de traballo, de feito sudamos o noso para sacar o encontro. Saimos co habitual 1-4-3-2-1 con posicionamento avanzado para tratar de cortar a saida de balón deles que optaron cáseque sempre con balóns longos debido a nosa presión. Na primeira ocasión que tivemos chegou o gol, nun corner qui saca Peke e remata Ramón. Nesta primeira metade fomos superiores en canto a posesión de balón, nivel de xogo e dominando os espazos francamente ben e merecendo máis. Felicitar o equipo polo traballo e sacrificio.

Comezamos moi ben a segunda con 3-4 ocasións de gol e parecendo que íamos sacar distanzas, pero o Lira comezou con máis disputas e comezaron as imprecisións, polo que temos que aprender destas cousas e xogar o noso ritmo e manexar mellor os tempos e ter máis calma, parecía que tíñamos máis presa nos por marcar o segundo que o Lira o empate. Creo que mereceron algún gol e nós tamén. Fixemos trocos e déronnos ese aire fresco e ese físico que nos estaba a faltar e voltamos a ter o control do encontro e Rubén Blanco sentenzaba. Pensar na semana que ben ca visita o Baio e seguir nesta liña e con esta liña a seguir”.

Goles : 0-1, Joser, (2´); 0-2, Rubén Blanco, (96´).

 

UD Corcubión 2-1 CD Baio

Isidro Trillo, (2º Adestrador do UD Corcubión) : “Moi bo partido cun Corcubión moi ordenado xogando por bandas e desbordando o Baio con varias oportunidades antes de marcar César Lojo, cunha roubada de Martín dándolle o balón o espacio, e con velocidade marcaba o primeiro da tarde. Seguiría o Corcubión moi enchufado no partido e esta vez un pase de Iago o espacio, e César Lojo moi listo marcaría o segundo da tarde e así acabaría a primeira parte.

Na segunda o Baio adiantaría liñas e dominaría o partido, pero co Corcubión ben ordenado e saindo a contra con moito perigo, cunha ocasión clarisa de Luis Lojo que atallaría moi ben o porteiro do baies, que seguía intentando acortar distacias pero os nosos moi ben asentados no campo. Pasada a media hora desta segunda metade nun fallo de Bruno que quixo sacar o balón ca man e deoulle a un defensa nas costas e caille a MC que facía o 2-1, De aí ata o final o Baio intentouno pero sin recompensa. Trunfo do Corcubión moi merecido e desexarlle moita sorte o Baio ata final de temporada”.

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido DECEPCIONANTE e desastroso sempre e cando podamos charmerlle partido de futbol o visto por parte do Baio en Corcubion. Sen esconderme como MÁXIMO CULPABLE da situación, non podo permitirme o luxo de ter un equipo que adestra 3 días a semana con 18 xogadores no Platas Reinoso e o resultado sexa pasar vergoña o domingo nun campo de fÚtbol.

Xa non é a esixencia persoal, senón ser coherentes o club que representamos e que traballa para facilitarnos o traballo a partir do compromiso adquirido dende mes de agosto. Non nos chega con ser equipo de luns a venres, os exames aqui son os DOMINGOS.

Partido para reflexionar profundamente e saber que nesta liña a nosa liga vai ser ter a tranquilidade de manterse na categoría, o mellor eso para moitos é suficiente, para min como máximo responsable e para o club non debería ser a realidade“.

Goles : 1-0, César Lojo, (27´); 2-0, César Lojo, (41´); 1-2, Martín MC, (72´).

 

Cabana SD 1-0 CF Porteño

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte igualada ainda que con mais dominio por parte dos visitantes que se adelantaron con un gol aproveitando un malentendido noso en defensa. Despois do gol reaccionamos e conseguíamos empatar con un bo gol de Simón que finalizou moi ben un un para un co porteiro visitante tras unha excelente asistencia de Manu. Cando mellor estábamos nunha falta lateral Nando despeja coa mala suerte de que acabouben gol en propia meta facendo o 1-2 co que chegariamos ó descanso.

Na segunda parte tivemos a posesión en todo o momento xerando varias ocasions pero eles a contra tmn terian un par delas que desbaratou moi ben Manu. No minuto 80 xusto antes do 1-3 tivemos unha ocasión moi clara de Ferreiro pero o seu porteiro sacouna cos pes na línea de gol, ese 1-3 chegaria despois nunha xogada na que tampouco tivemos acertados na sua defensa.

De aí o final do partido tentámolo de todas as formas pero ata 3 veces os postes evitaron o gol, primeiro nun golpe de Migueliño, despois nun despexe de Pego que se metía na sua portería e finalmente cun lanzamento de falta de Moreno que saliu escupido polo poste...Xogamos con : Manu, Noé, David, (Mario), Ferreiro, Aarón, Nando, (Roi), Castro, (Pablo), Hugo, (Migueliño), Simón, Manu.

Roberto “Pirucho”, (Adestrador do CF Porteño) : “Houbo tres partes ben diferenciadas no encontro. Na primeira no inicio de encontro eles tartaban de sair xogando desde atrás e nós fomos presionar arriba o que fixo que tivesen dificultades para sacar o balón xogado o que fixo que roubásemos bastante ben e fixémoslles bastante dano. O ver que non saían ben co balón buscaron xogar máis en longo. Nun balón as costas da defensa por medio de David marca Yuyo de vaselina sobre o porteiro.

E3stábamos sendo superiores pero nun desaxuste defensivo noso conseguían marcar por medio de Simón que batía ben a Sergio. O segundo noso chega tras un saque de falta lateral no que despexan mal e introdúcese o balón na porta. Alfredo, Yuyo e Martín puideron marcar con boas ocasións.

Na segunda eles fóronse arriba e deixaban moitos espazos o que supuxo que disfrutásemos de varias contras con moitas ocasións, con paradas do orteiro ou sacando a defensa baixo paus. Non aproveitamos e eles nos derradeiros minutos fixéronnos bastante dano e con dous ou tres tiros a madeira. O encontro volveuse de ida e volta e puido haber moitos goles por parte dos dous. Tres puntos e a seguir…”. 

Goles : 0-1, Yuyo, (16´); 1-1, Simón, (32´); 1-2, Iván, (36´); 1-3, Ibra, (83´).

 

Camariñas FC 1-1 UD Monte Louro

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido disputado diante do Monte Louro, cunha primeira parte na que cometemos moitos erros sobre todo na saida de balón motivo polo que pasamos algún apuro e costaríanos o 0-1, nun erro garrafal defensivo.

Na segunda parte saimos a por todas e dominamos o partido, empataríamos pronto e tivemos moitísimas ocasións, pero non estivemos acertados cara portería mentras o rival nos trataba de facer daño contraatacando. Boa segunda parte dos nosos e temos que seguir remando”.

Crónica do FaceBook do UD Monte Louro :Chegábamos a casa do lider cas baixas de Riqui, David Pais, Javi, Chano, Juan Lois e Óscar. pero volvemos a deixalo nome do club moi alto. Na primeira metade saímos moi ben e apenas nos crearon problemas e nós dispuxemos de varias ocasións, (Raúl o longueiro, Iker, Brais….) pero non foi ata unha gran asistencia de Xián a Brais que este definiu con moita calidade e por momentos poidemos marcar o 0-2.

Na segunda metade tan pronto saímos o campo recibimos o empate. Tivemos 15 minutos de dúbidas pero pouco a pouco fomos dispoñendo de máis ocasións, ( Brais o longueiro, Iker, Xián, Fari…) pero non fomos quen de marcar. Partido que demostrou a lonxitude do plantel e o bo traballo do mister. Queremos agradecer o apoio d@s nos@s seareir@s…Vamos Louro!!!”.

Goles : 0-1, Brais, (35´); 1-1, Martín, (49´)

 

SD Coristanco 0-3 Soneira SD

Goles : 0-1, David, (2´); 0-2, Richi, (81´); 0-3, Richi, (86´).

 

Corme CF 2-0 UC Cee

Goles : 1-0, Xoel, (3´); 2-0, Teo, (91´).

 

CD Muros 1-1 Ponteceso SD

Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Na primeira parte estivo máis disputado o partido, aínda que nós levamos o peso deste. O Muros tinha as súas opcións mediante balóns en longo ou en accións de estratexia.Conseguimos adiantarnos pero pouco nos durou a festa xa que eles empataron rápido.

Na segunda parte si que tivemos todo o dominio e oportunidades para marcar, non o fixemos e por pouco non perdemos xa que eles no desconto ben puideron marcar o segundo”.

Goles : 0-1, Alberto Recarey, (28´); 1-1, Javier García, (36´de penalti).

 

Outes FC 2-3 CF Mazaricos

Goles : 0-1, Marcos, (37´); 0-2, Kevin, (69´); 1-2, Nicolás, (81´); 2-2, Adrián, (89´); 2-3, Adrián, (92).

 

-CLASIFICACIÓN-

-15ª Xornada-

 Camariñas CF : 36 puntos

  Xallas FC : 33 puntos

 UD Monte Louro : 31 puntos

 SD Soneira : 28 puntos

5º CD Baio : 27 puntos

 CF Porteño : 25 puntos

 Ponteceso SD : 22 puntos

 Corme CF : 20 puntos

 Cabana SD : 17 puntos

10º CF Mazaricos : 17 puntos

11º UD Corcubión : 17 puntos

12º Outes FC : 16 puntos

13º CD Muros : 16 puntos

14º SD Coristanco : 14 puntos

15º CF Lira : 11 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

 

-PREVIA-

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

Outes FC-CF Lira, ás — horas

CD MurosCF Mazaricos, ás — horas

Cabana SD-Ponteceso SD, ás — horas

Corme CFCF Porteño, ás — horas

Camariñas FC-UC Cee, ás — horas

SD CoristancoUD Monte Louro, ás — horas

UD CorcubiónSoneira SD, ás — horas

CD Baio-Xallas FC, ás — horas

******

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Foto : Dulce Corcu

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies