CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 15ª XDA DA 3ª DA COSTA : “O FC CAMARIÑAS GAÑA O “DUELO DAS ALTURAS” E VAISE A RITMO DE CRUCEIRO”.

RESULTADOS

3ª DA COSTA

15ª Xornada

Ameixenda 0-2 Camelle

Nantón 1-2 Castrelo

Porteño 1-2 Monte Louro

Laxe 4-1 Seaia

Outes 0-1 Camariñas

Descansou : Corcubión

 

O noso desexo dunha pronta recuperación para Roi,  (FC Camariñas),

que sufreu unha escordadura de nocello con afección nos ligamentos. 

 

COMENTARIO

Tiña o lider FC Camariñas a sobre o papel máis complicada das saidas e solventouna cun trunfo moi traballado ante o segundo clasificado o Outes CF, (0-1). Non fallaron os camariñáns e abren unha fenda de 5 puntos máis golaveraxe, co seu máximo perseguidor, nun rumbo o ascenso dos camariñáns invariable. Non desaproveitou o UD Monte Louro o pinchazo dos da Serra e derrotaba ao CF Porteño por 1-2, nun choque que puido ter calquera resultado, pero que deixa aos loureses a 3 puntos da segunda praza, que da acceso o ascenso direto e que parece vai a estar moi disputada. Tampouco desaproveitaron a situación os do SD Laxe para acercarse un chisquiño máis arriba e seguir afianzando unha praza como mínimo na promoción e tras golear ao Sporting Seaia CF, (4-1). Unha loita a dos postos de promoción na que o SD Camelle derrotaba ao SD Ameixenda, (0-2), para poñerse en postos promocionais e aproveitar o pinchazo do CD Nantón, que se vía sorprendido nas “Fontiñas” polo CF Castrelo, (1-2) que comeza o ano da mellor maneira. 

 

 

CRÓNICAS

 

Outes CF 0-1 FC Camariñas

Miguel da Laracha, (Adestrador do Outes CF) : “Cando nos chegue o seu comentario colgarémolo aquí”.

Berto Suárez, (Adestrador do FC Camariñas) : “Partido igualado con un outes un pouco revolucionado de mas no campo e banquillo. Importante triunfo e a seguir sumando”.

Goles : 0-1, Martín, (50´).

INCIDENCIAS : O árbitro, José Luis Reboredo expulsou o xogador do Outes CF, Sergio Santamaría por dobre cartón amarelo, (40´e 72´).

 

Manuel Chouza, (UD Monte Louro).

 

CF Porteño 1-2 UD Monte Louro

Castiñeiras, (Presidente do CF Porteño) : “Saimos moi fortes e os 10 minutos gol de Nene. Partido dominado ata o minuto 25, no que eles suben liñas e teñen un gol regalado, (3 metros fora de xogo), e a partir de aí ata o descanso dominio absoluto do Louro, con ocasións claras e marcan o 1-2 no 45 tras varios rexeites. Empezamos a segunda parte e metemos presión alta con dominio do Porteño, e ocasións claras do Louro a contra. En si, partido de “ti a ti”, que se puido declinar de calquera dos dous lados. Nós ocasións a balón parado e saques de banda. Eles ocasións a contra. Árbitro bastante malo, o peor da categoría. Felicitar o Louro que espero que consiga o ascenso. Equipo moi respetuoso, e da gusto xogar contra eles”. 

Juan Porrúa, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Outra vez mais nesta tempada que con todos os problemas que estamos tendo para configurar unha convocatoria de 16 xogadores para afrontar os partidos con garantías logramos quitar o partido adiante ante un bo Porteño que pelexou hasta o ultimo segundo. Na primeira metade sairía máis enchufado o Porteño e acadaría pronto o 1-0 nun saque de banda mal despexado a o frontal do area que con un bo golpeo se colaria pola escadra, lexos de virnos abaixo rapidamente empataríamos por medio de Pesco e minutos des pois poñeríamonos por diante por medio de Raúl. O Porteño ca sua arma principal “os saques de banda” meteríanos en moitos problemas pero ainda así teríamos as millores ocasions da primeira parte. Na segunda parte o equipo local apretaría ata o último minuto e aguantamos como auténticos guerreiros, inda as teríamos como 5 ou 6 ocasións claras de gol. E así lograríamos 3 puntos moi importantes para achegarnos un pouquiño o Outes”.

Goles : 1-0, Xoxe, (5´); 1-1, José “Pesco”, (18´); 1-2, Raúl Olveira, (44´).

 

SD Laxe 4-1 Sporting Seaia CF

José Antelo, (Adestrador do SD Laxe) : “Foi un partido no que nos costou meternos nél, pero donde nos adiantamos na metade da 1ª parte e xa cerca do final nos empatan eles. Xa na 2ª empezamos algo mellor e marcamos pronto. Llogo deso intentamos manter o balón e en duas contras marcamos outros dous goles. Tivemos algunha que outra ocasión para aumentar o marcador, pero xa non se movería”.

Sánchez da Silva, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido no que saimos ben, aguantando o Laxe que non chegaba a crear moito perigo. Nós si teríamos duas claras, unha de Parga nunha subida por banda, e outra de Dimaga cun tiro dende fora da área. Xa na segunda o Laxe sairía mellor e consiguiría meter o 1-0, que logo empataríamos por medio de Isaac a centro de Dimaga. A partires de aí teríamos as máis claras, pero nun mal pase do noso equipo adiantaríase de novo o Laxe. Subimos liñas e o Laxe a contra por bandas faríanos moito dano, e marcaría dous goles máis. O equipo acusou as baixas das sacións da anterior xornada”.

Goles : 1-0, Martín, (53´); 1-1, Isaac, (59´); 2-1, Daniel, (61´); 3-1, Juan, (77´); 4-1, Adrián, (87´).

 

CD Nantón 1-2 CF Castrelo

Fachal, (Adestrador do CD Nantón) : “Foi un partido que nos condicionou moito o noso inicio. Os primeiros 15 minutos nosos, onde houbo moitas imprecisions, lastraronnos o resto partido. Ainda asi, creamos perigo, tivemos multiples ocasions, pero non entraron. Nunha contra, a unica que tiveron na segunda parte, meteron o segundo”.

Sergio “Crejo”, (Adestrador do CF Castrelo) : “Un tempo para cada un. Saimos mellor nós e fixémonos co partido poñéndonos por diante cun tanto de Luis. Na segunda metade sairon eles mellor e máis atinados e conseguiron empatar. Nunha boa xogada antre Adrián e Capote, este último foise da defensa e facía o 1-2 no desconto, eles trataron de empatar colgando balóns o noso área pero non nos descompxemos e conseguimos levarnos a vitoria”.

Goles : 0-1, Luis Roget, (11´); 1-1, Iván, (78´); 1-2, Luis “Capote”, (90´).

 

Gran partido do meta do SD Ameixenda, Rivers.

 

SD Ameixenda 0-2 SD Camelle

Fernando Domínguez, (Xefe de prensa do SD Ameixenda) : “Superioridade, sobre todo no primeiro tempo, do Camelle que pronto se fixo co dominio do partido. Chegaban con bastante facilidade a área do Ameixenda, ben dirixidos por Riveiro no medio do campo. O dominio e as boas chegadas concretáronse no m.27 cando Felipe Barreiro culmina unha boa xogada polo medio do campo, facendo o 0-1. Apenas facía perigro o Ameixenda, que acusaba a baixa de Pichino na dianteira. Non tardou o Camelle en facer o 0-2, aproveitando Carlos Tajes un erro no despexe para marcar. O segundo tempo foi mais igualado. Dispuso o Ameixenda dalgunha ocasión para meterse no partido e Rivers desvaratou cas súas paradas dúas ou tres ocasións de gol. O final 0-2, merecido para o Camelle”.

José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Camelle) : “Na primeira parte dominamos o balón e movémolo ben e tivemos varias ocasións. Marchamos o descanso co 0-2, e  na segunda metade moi pouca intensidade e pouco fútbol”.

Goles : 0-1, Barreiro, (27´); 0-2, Carlos “Dido”, (39´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

PICHICHI

1º-Brandon, (FC Camariñas) : 12 goles en 13 encontros

2º-Javi Antelo, (FC Camariñas) : 10 en 11

3º-José A. Souto, (CD Nantón) : 10 en 11, (1 de penalti)

 

PRÓXIMA XORNADA, (16ª)

18-19/01/2020

CF Castrelo-UD Corcubión

UD Monte Louro-CD Nantón

Sporting Seaia CF-CF Porteño

FC Camariñas-SD Laxe

Outes CF-SD Ameixenda

Descansa : SD Camelle.

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

-Foto SD Ameixenda : Fernando Domínguez

-Resto de fotos : piratasdemuxia.es

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies