CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 15ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “XALLAS, DUMBRÍA E CEE, PECHAN UNHA PRIMEIRA VOLTA MAGNÍFICA”.

Eva Lema, (Dumbría), pichichi e porteira circunstancial.

 

Primeira xornada do 2025 e derradeira da primeira volta e a vagaxe para os equipos costeiros é de notable alto, en especial para o Xallas que pecha unha primeira volta de sobresainte a un punto das líderes, Pastoriza, e habendo colleitado unha derrota en 15 encontros, só superadas neste eido polas pastoricenses que continúan invictas. Notable alto para o Dumbría, debutante na categoría e que comeza o ano e dalle a volta a liga na 7ª posición con 24 puntos tras derrotar cn solvencia e moito oficio ao filial do Lugo. Cos mesmos puntos e un chanzo máis abaixo cas dumbriesas temos ao Cee, que igualmente está facendo unha gran campaña e que caía ante o Orzán B, cuarto clasificado e que lita por todo.

GOLEADORAS

a muxiana de Merexo, Eva Lema, (CF Dumbría), con 18, (3 de penalti), é a primeira lider do 2025 na categoría, tralos seus dous goles ante o Lugo B, encontro no que acabou de porteira, tendo a seu carón na prata do podio de “Pichichis” a Paula Veiga, (UC Cee), con 17 goles, (1 de penalti), os mesmos que atesoura Ánxela Prado, (CD Lugo B). O podio de goleadoras péchao Lucía Camisón, (SCD Pastoriza), con 14 tantos e nas portas deste podio temos a Olalla, (Xallas FC), con 12, (1 p).

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-15ª Xornada-

-12/01/2024-

SD Tordoia 4-1 UDJ Almeiras

 CF Dumbía 4-2 CD Lugo B

 Orillamar SD 4-0 Sporting Meicende

 Silva SD 1-5 SCD Pastoriza

PM Friol B 1-0 Sporting Burgo

 Orzán SD B 5-1 UC Cee

 Cultural Maniños 0-6 UD Carral

Brexo Lema 0-2 Xallas FC

CRÓNICAS

 

Orzán SD B 5-1 UC Cee

Goles : 1-0, Sofía, (33´); 2-0, Carmen, (34´); 3-0, Sofía, (36´); 4-0, Alexia, (62´); 5-0, Sofía, (65´); 5-1, Paula Veiga, (89´)

 

CF Dumbría 4-2 CD Lugo B

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Rematamos a primeira volta recibindo no conco o Lugo B, non tíñamos referencias do equipo pero esperábamos un equipo moi xove e con moita calidadde. Saimos coa idea de meter intensidade e un ritmo alto, esto sumado a que o Lugo saía coa liña adiantada faría que pronto encontraríamos os espacios as costas, o cal faría que nos puxéramos rápido con unha ampla ventaxe no marcador, gracias os goles de Eva e Paula Fandiño.

O vernos cun marcador tan amplo tan pronto fixo que pouco a pouco nos fóramos relaxando e por intres, non entender que requería o partido, permitindo que as visitantes encontraran espacios e recortaran distancias en apenas duas xogadas consecutivas, nas que demostraban a calidade que teñen algunhas das suas xogadoras, nese intre o equipo reaccionou e foi capaz de aguantar o envite rival ata o descando, sin un xogo vistoso pero efectivo.

Trala volta do descanso, xa un pouco máis ordenadas ainda que un “pelín” precipitadas, fíxonos dominadoras e non pasar grandes apuros, pero sin tampouco terminar con claridade os nosos ataques.

Unha falta na frontal que Paula convertiría no 2-4 dábamos a tranquilidade necesaria, con un Lugo que iría a polo partido en todo momento e un Dumbría que aguataría con unha boa solidez defensiva, ata que nun balón direto, a dianteira visitante nos gañaría a partida nunha saída de Liss que tocaría o balón co brazo fora da área e quedaríamos con 10, e tendo que Eva facer as funcións de porteira parando esa falta desde a frontal. Demostrou nese momento o equipo que aprendiu a poñerse a funda de traballo e reordearse para non sufrir no que quedaba de partido, sendo un partido trabado desde ese momento.

Unha xogadora lucense tivo que ser trasladada en ambulancia tras un balonazo na cabeza, sabemos que o TAC que lle realizaron dou todo ben e quedaba pasando a noite en observación sin ningunha gravedade, oxalá se quede só nun susto e enviámoslle moito ánimo”.

Goles : 1-0, Eva Lema, (7´); 2-0, Paula Fandiño, (17´); 3-0, Eva Lema, (21´); 3-1, María Paredes, (34´); 4-2, Paula Fandiño, (69´).

Incidencias : O colexiado Alejandro Barbeira expulsou a meta dumbriesa Lissette no minuto 80 por tocar o balón ca man fora do área. Desexarlle toda a sorte e que só fora un susto a xogadora lucense que tivo que recibir asistencia hospitalaria tras un golpe na testa.

 

Brexo Lema SD 0-2 Xallas FC

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Volvíamos do parón e visitábamos un campo complicado como é o do Breixo Lema. Saimos moi ben enchufadas e dominando cun gran xogo asociativo, adiantámonos por medio de Barcia, tras unha gran xogada combinativa, que Espasandín mete un pase deses que só ve ela antre central e lateral, e Paula define a perfección diante da porteira. Seguimos dominando e tendo ocasións por medio de Noe Facal, Espasandín e Olalla, que perdoa un man a man contra a porteira rival.

Na segunda metade, as rivais saen apretarnos máis arriba dificultándonos a saída de balón, ainda así seguimos insistindo coa nosa idea e volvemos ter un remate de cabeza por medio de Oli, a centro de Espasandín, que a porteira rival fai un paradón. Ao pouco temos unha falta algo lonxe da frontal do área que Oli como é costume co seu peculiar golpeo de empeine seco, mete o balón pola mesma cruzeta, un auténtico golazo da nosa 10.

A partires de aí durmimos algo máis o partido e seguimos tendo ocasións. Elas creáronnos perigo nun golpeo en longo, que Rosio esta algo adiantada e ainda así fai un auténtico paradón. Gran partido das nosas defensivamente para manter a portería a 0“.

Goles : 0-1, Paula Barcia, (8´); 0-2, Olalla, (58´).

 

-CLASIFICACIÓN-

SCD Pastoriza : 39 puntos

2º Xallas FC : 38 puntos 

 SD Tordoia : 32 puntos

4º Orzán SD B : 32 puntos

UD Carral : 29 puntos

 Sporting Burgo : 26 puntos

7º CF Dumbría : 24 puntos 

8º UC Cee : 24 puntos

9º CD Lugo B : 18 puntos

10º Brexo Lema SD : 17 puntos

11º PM Friol B : 16 puntos

12º UDJ Almeiras : 12 puntos

13º Sporting Meicende : 10 puntos

14º Orillamar SD : 10 puntos

15º Cultural Maniños : 8 puntos

16º Silva SD : 5 puntos

 

-PREVIA-

-16ª Xornada-

-19/01/2025-

Cultural ManiñosBrexo Lema, ás 12:00 horas 

 Orzán SD BUD Carral, ás 16:00 horas 

 PM Friol-UC Cee B, ás 16:30 horas 

 Silva SD-Sporting Burgo, ás 16:00 horas

Orillamar SD-SCD Pastoriza, ás 10:30 horas 

 CF Dumbía-Sporting Meicende, ás 12:00 horas

 SD TordoiaCD Lugo B, ás 12:00 horas 

UDJ AlmeirasXallas FC, ás 12:15 horas 

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. 

 

 

-Foto : FaceBook Veteranos CF Dumbría

-Texto : Xosé Búa “Pirata/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies