O Outes levouse o derbi costeiro da xornada.
A pesares de merecer máis a Esteirana non pasa do empate cas terceiras clasificadas, Juventud Cambados, (1-1), e fai que o Céltiga que acadaba a goleada da xornada ante o Milladoiro, (2-13), volva a estar empatado a puntos coas de Esteiro, que continuúan no liderato por golaveraxe pero cas de Fran Figueroa cun encontro máis.
Os outros dous equipos costeiros deste grupo, Outes e Miúdas, xogaban un derbi con gran ambente no “Conchido”, un derbi que se levaban as de Dani Salgueiro por un emocionante 3-2.
GOLEADORAS
Rut Castro, (Esteirana), ainda que non marcou nesta xornada sigue liderando con amplitude a táboa das “Ada Heberberg” da liga, con 43 tantos en 15 choques. A segunda no podio tamén é costeira, a compañeira de equipo de Rut, Bárbara Caamaño, que suma 27 en 14 encontros e Laura Gómez do Taragoña completa o podio de máximas realizadoras con 23 en 14 encontros.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G4
-15ª Xornada-
-16/02/2025-
SD Chispa 5-1 CD Mosteiro
Bastavales UD 6-0 Catoira SD
Milladoiro SD 2-13 Céltiga FC
CCD Taragoña 3-1 EFF Sonnoia Portus Apóstoli
SCDR Esteirana 1-1 Juventud Cambados
Outes FC 3-2 ED As Miúdas
CD Rois 0-4 EFMC Boiro B
-CRÓNICAS-
SCDR Esteirana 1-1 Juventud Cambados
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “As baixas non impediron ver un partidazo entre 2 equipos que xa na primeira volta ofreceron un bonito duelo. Arrancaban máis metidas no encontro as de Cambados, pero so conseguiron achegarse con un disparo lonxano que saeu desviado. Pola nosa banda conseguíamos sair con boas transicións a pesares de non dominar no medio e así, tras un roubo en campo rival de Rut cede a Bárbara que define por alto facendo o 1-0.
Cambiou co gol o dominio e conseguimos atacar e elaborar con mellor criterio, armadas cunha boa defensa e con unha Martina que dende o lateral esquerdo defendía e atacaba como si levara toda a vida xogando de lateral a perna cambiada, pero novamente tras un despexe na frontal o balón rebota no pé dunha rival e cólase por enriba de Naira, poñendo o empate antes do descanso.
Na reanudación xogamos prácticamente os 45 minutos en campo rival, pero desta volta o gas non chegou, e por veces a ansiedade e en algunha o acerto da meta visitante evitaron o gol da vitoria.
Un punto que sabe a pouco, pero que non nos quita a idea para canto queda por diante, intentando recuperar efectivos para disputar o derbi do próximo domingo en Outes“.
SCDR Esteirana : Naira, Lidia, Terre, Marta, Martina, Leti, Lara, Nerea, Sandra, Bárbara e Rut. Cambios: Uxía, Maruxa e Alba.
Goles : 1-0, Bárbara, (21´); 1-1, Carla, (37´).
Outes FC 3-2 ED As Miúdas
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Outro derbi de proximidade que empezaba cos dous equipos en modo tanteo. Os primeiros 10 minutos non houbo ningunha xogada de perigo para ningun dos dous equipos. Foi a partires de aí donde empezamos a crear máis perigo con tiros lonxanos que Adriana Siaba nos bloqueaba. E no minuto 16 chegaba o penalti por man que nos poñía por diante con gol de Gema.
Continuamos atacando e foi os cinco minutos que as Miúdas nos collen nunha contra para igualar o marcador. O partido poñíase de ida e volta, sen un controlador claro, e no 35 Laura vía a porteira adiantada e golpeaba ben o balón que entraba, para darnos de novo a ventaxa o descanso.
A volta dos vestiarios saimos con unha idea, tocar máis o balón e rápidamente deu resultado, pois nunha moi boa xogada combinada, quedaba Laura nun man a man coa porteira e facía o noso tercer gol.
Pouco a pouco o partido poñíase máis trabado e había menos xogo combinado, e as Miúdas empurraban duro con xogo en longo para pecharnos. E foi en un despiste de marcas donde se acercaban no marcador, pero defendémonos ben ata o final para quedar cos 3 puntos na casa, donde seguimos mellorando os resultados da 1ª volta.
Moitos ánimos a xogadora das Miúdas, Ximena que se lesionou durante o partido“.
Goles : 1-0, Gema, (16´de penalti); 1-1, Ximena, (22´); 2-1, Laura, (35´); 3-1, Laura, (48´); 3-2, Pati, (67´).
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 40 puntos, (1 encontro máis)
2º Céltiga FC : 40 puntos
3º Juventud Cambados : 30 puntos
4º CCD Taragoña : 29 puntos
5º SD Chispa : 27 puntos
6º ED As Miúdas : 21 puntos
7º EFMC Boiro B : 20 puntos
8º CD Mosteiro : 19 puntos
9º CD Rois : 18 puntos
10º Outes FC : 16 puntos
11º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos
12º Bastavales UD : 10 puntos
13º Milladorio SD : 6 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos, (1 encontro máis)
-PREVIA-
-16ª Xornada-
-23/02/2025-
Catoira SD–CD Mosteiro, ás 16:00 horas
Céltiga FC-Bastavales UD, ás 12:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-Milladoiro SD, ás 11:00 horas
Juventud Cambados-CCD Taragoña, ás 18:30 horas
Outes FC-SCDR Esteirana, ás 18:15 horas
EFMC Boiro B-ED As Miúdas, ás 12:00 horas
SD Chispa-CD Rois, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto Outes : Dani Salgueiro
–Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores