O Fisterra mantivo a porta a cero 7 semanas despois.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 13ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
CRÓNICA XERAL
Vitoria incontestable do Fisterra sobre o Tordoia, (0-5), e que ademáis representa a primeira do curso para os de Diego Lobelos. O equipo fisterrán foi o único da costa que acadou os 3 puntos, e ademáis consigue deixar a porta a cero tras 6 semanas seguidas sen conseguilo. O Dumbría facíalle fronte o lider incontestable, Club do Mar e sumaba un punto. Os de Caión ainda non saben o que é perder nos 14 choques que levan disputados da presente tempada. A Esteirana tamén sumaba un punto na sua visita ao Bertamiráns e o Muxía, Castriz e San Lorenzo caían derrotados en encontros nos que erros puntuais condeáronos a derrota. Nos de Verdillo, tal e como xa vos apuntamos a semana pasada debutaban no banco Iván Rojo e Caneiro.
GOLEADORES
Diego Estévez, (CF Dumbría), non sumou esta xornada e o seu veciño, Isaac Fábregas, (SD Fisterra), cos dous goles que acadou ante o Tordoia pasa a lideran a clasificación con 14 goles, (2 de penalti), un máis Adrián García, (SR Calo), que pasa a ser segundo, e dous máis co seu veciño Diego que con 12 pasa o terceiro chanzo dos goleadores da liga.
PRIMEIRA FUTGAL
-14ª Xornada-
-08/12/2024-
Vista Alegre SD 2-4 Boimorto CF
SD Castriz-SR Calo, ás 17:00 horas
Bertamiráns FC 2-2 SCDR Esteirana
CF Dumbría 0-0 Club do Mar
Praiña Sporting Club 2-1 SD San Lorenzo
UD Carral 3-1 CF Muxía
SD Agolada 2-1 Bastavales UD
SD Tordoia 0-5 SD Fisterra
Vizoño SD 1-3 Vea CF
-CRÓNICAS-
UD Carral 3-1 CF Muxía
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido moi igualado na 1ª parte, na cal o Carral ten unha ocasión moi clara que solventa cunha gran parada Adrián. A partires de aquí o partido volcase hacia o noso favor, incluso temos algunha aproximación con perigo e tapando ben o xogo direto do Carral, pero nos últimos minutos temo, unha páxara e vámonos con 2-0 o descanso.
Costounos levantarnos do golpe, e a segunda foi o Carral con balón direto e balón parado, e o nós tentándo con máis corazón que cabeza. Sentenciría cun gol de testa o equipo carralense. Recurtaríamos distancias cun gol de Fran xa no derradeiro minuto“.
Goles : 1-0, Martín, (44´); 2-0, Yago, (Jacobo 43´+ 3); 3-0, Jacobo, (72´); 3-1, Fran Moreira, (91´).
Praiña SPC 2-1 SD San Lorenzo
Iván Rojo, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Primeria parte igualada cos dous equipos ordenados, o equipo rival propoñía con chegadas por bandas e os nosos ordeados tentabamos recuperar e sair a contra. O Praiña ten unha ocasión clara a que responde cunha boa parada Mario. Tivemos varias chegadas que nadie conseguiu finalizar ata o final da primeira metade.
No comezo da segunda parte gol os 3 minutos do Praiña que fai moito dano o San Lorenzo, tras o paso por vestuarios. Tras este gol o partido rómpese e chega o segundo do Praiña, donde os nosos piden fora de xogo. Recortamos distancias tras un penalti, e cos cambios conseguimos meter o rival no seu campo, e temos unha ocasión clara de Eloy sin porteiro, donde despeja un central. Os nosos protestan un posible penalti sobre Raúl no tempo agadido”.
Goles : 1-0, Fabiano, (48´); 2-0, Manuel Soto, (73´); 2-1, Ricardo, (83´de penalti).
Incidencias : O colexiado Julián Buján, expulsou con vermello direto o adestrador do Praiña, José Antonio Fernández, (91´), e ao seu xogador Alberto García, (91´), cando xa non estaba no terreo de xogo.
Bertamiráns FC 2-2 SCDR Esteirana
Goles : 1-0, Adrián, (32´); 1-1, Adán, (57´); 1-2, Pablo Rama, (74´); 2-2, Salama, (88´).
SD Tordoia 0-5 SD Fisterra
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Na primeira metade fixemos un partido moi bo e fómonos ca sensación de ter podido irnos o descanso co encontro pechado. Marcamos de corner por medio de Isaac pero tivemos varias moi boas, tres delas de Bruno, outra de Isaac, Guille, Lobelos…para pechar o encontro ou telo ben decantao.
No descanso falamos que eles ían a vir a por nós pero que se seguíamos igual o partido sería noso. Vin o equipo moi ben, os duelos e os balóns divididos eran nosos. Saimos así na segunda e tivemos a sorte de que s que non entraros e puxémonos pronto 0-3. O segundo gol chegaba por medio de Juan, xogador xuvenil e logo Guille e despois repite Isaac nun man a man e pecha o marcador Dani. Abúltase, pero xa falábamos despois que eles fixeron un remate que para ben Joselu e nós tivemos moitas, as que xa dixen hai que sumar unhas claras de Aarón e Rubén.
Eles viñéronse abaixo o marcar pronto nós na segunda e esa lousa moral pesoulles e como que xa non competiron igual e en troques nós fomos igual e fomos gañadores en tódolos duelos. Os erros que puidemos ter solventáronse con compromiso, compañerismo e poderío. Para nós gañar desta maneira é un aliciente para nçós, era a sétima saida e non conseguíamos gañar polo que é bo para nós”.
Goles : 0-1, Isaac Fábregas, (27´); 0-2, Juan, (47´); 0-3, Isaac Fábregas, (63´); 0-4, Guille, (66´); 0-5, Dani Martínez, (87´).
SD Castriz 1-2 SR Calo
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “O de onte foi un tipo de encontro que se nos está dando ultimamente con máis frecuencia da que nos gustaría. Rival dun nivel similar ó que somos capaces de dominar, poñernos por diante no marcador e non pasar apuros, pero no último treito do partido erros individuais puntuais cóstannos puntos.
Estou satisfeito co nivel do xogo do equipo, pero temos que ter máis tranquilidade e concentración nos momentos decisivos para non botar por terra todo o ben feito nos minutos anteriores“.
Goles : 1-0, Borja, (37´); 1-1, Adrián, (74´de penalti); 1-2, Adrián, (80´).
Incidencias : O colexiado Martín García, expulsou con dobre cartón o xogador do Castriz, Juan Manuel Álvarez, (91´e 93´).
CF Dumbría 0-0 Club do Mar
Goles : 0-0
-CLASIFICACIÓN-
1º *Club do Mar : 34 puntos
2º *UD Carral : 29 puntos
3º CF Dumbría : 27 puntos
4º Boimorto CF : 26 puntos
5º CF Muxía : 25 puntos
6º *SD Fisterra : 22 puntos
7º *SD Castriz : 20 puntos
8º SR Calo : 18 puntos
9º *SCDR Esteirana : 18 puntos
10º *SD Tordoia : 18 puntos
11º *Vizoño SD : 17 puntos
12º *Vea CF : 17 puntos
13º Bastavales UD : 16 puntos
14º Praiña SPC : 14 puntos
15º Bertamiráns FC : 12 puntos
16º *SD Agolada : 12 puntos
17º *Vista Alegre SD : 5 puntos
18º SD San Lorenzo : 3 puntos
* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.
PREVIA
-15ª Xornada-
-15/12/2024-
Vista Alegre SD-SD Castriz, ás — horas
SR Calo-Bertamiráns FC, ás — horas
SCDR Esteirana-CF Dumbría, ás 16:00 horas
Club do Mar-Praiña Sporting Club, ás — horas
SD San Lorenzo-UD Carral, ás 16:00 horas
CF Muxía-SD Agolada, ás 16:00 horas
Bastavales UD-SD Tordoia, ás — horas
SD Fisterra-Vizoño SD, ás — horas
Boimorto CF-Vea CF, ás — horas
AVISO :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Os finais poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores