PRIMEIRA FUTGAL G2
14ª Xornada
Domingo 07/12/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía 3-0 SD Cacheiras
SD Fisterra 1-2 Bastavales UD
SCDR Esteirana 0-4 SD Castriz
Camariñas FC 1-2 CSD Arzúa
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
Crónica xeral
A 14ª xornada da Primeira Futgal G2 deixou unha combinación explosiva para os equipos da Costa: un Muxía en plena ascensión, un Castriz que asina un derbi perfecto, un Camariñas que cae nos minutos finais, e un Fisterra que continúa afundido na táboa tras encaixar un gol devastador na última xogada. Pola súa banda, a Esteirana segue sen reaccionar e ocupa o último posto.
O gran titular é para o CF Muxía, que suma a súa quinta vitoria consecutiva e métese de cheo na pelexa pola parte alta tras dobrar con claridade ao que era segundo, o SD Cacheiras. Un triunfo que golpea a táboa e reforza a moral dun equipo que mira cara arriba.
No derbi da xornada, o SD Castriz protagonizou a exhibición máis contundente: 0-4 ante a Esteirana, un resultado que lle permite manterse fóra do descenso e reforzar sensacións. O Camariñas, pola contra, cae do 6º ao 10º posto tras ser remontado polo Arzúa nun final cruel. Finalmente, o Fisterra que sobrebivía do bo facer na casa segue na tráxica dinámica e nun encontro con polémica arbitral, encaixa un gol no minuto 97 que o deixa como penúltimo.
Crónicas individuais
CF Muxía 3-0 SD Cacheiras
O Muxía superou con oficio un encontro condicionado polo forte vento na Arliña. Na primeira metade tocou sufrir con vento en contra, pero sen conceder máis que unha ocasión visitante nun córner. Co cambio de campo, o equipo de Pataca dominou e impuxo o seu ritmo ata resolver con autoridade.
Sergio “Pataca” (adestrador do CF Muxía):
“Partido con moi mal tempo na Arliña. Tocou na primeira parte aguantar co vento en contra, na que eles só teñen unha ocasión nun córner. Na segunda, co vento a favor, fomos dominadores e conseguimos marcar. Eles tiveron que arriscar algo máis e aí fomos capaces de sentenciar. Cinco seguidas do equipo, que debería seguir mirando cara arriba.”
Goles:
1-0, Fran Moreira (65´)
2-0, Carlos Costa (70´)
3-0, Fran Moreira (89´)
SD Fisterra 1-2 UD Bastavales
O Fisterra mereceu máis, pero quedou de baleiro outra vez. Nun partido igualado, con fases de mellor fútbol local, o equipo reclamou dous posibles penaltis (un deles, segundo o técnico, claro por mans). Co 1-1 no desconto parecía sumar un punto, pero un córner no minuto 97 deixou o golpe máis duro da tempada. Ademais, o delegado Sergio Insua foi expulsado.
Declaracións de Leo Picallo (adestrador do SD Fisterra):
“Partido igualado, no que nós estivemos un pouco mellor, xerando varios achegamentos que puideron inclinar a balanza ao noso favor. Incluso chegamos a pedir dous penaltis, un deles bastante claro por man, pero non foi o día. Para colmo, márcannos na última xogada e de córner.”
Goles:
0-1, Gabriel (16´)
1-1, Isaac Fábregas (90´)
1-2, Pablo Fernández (97´)
Incidencias: No minuto 97 foi expulsado o delegado do Fisterra, Sergio Insua, con vermello directo.
SCDR Esteirana 0-4 SD Castriz
Golpe de autoridade do Castriz no derbi dos necesitados. Un gol no primeiro minuto abriu un partido que se puxo de cara desde o inicio, acompañado da mala fortuna da Esteirana cun autogol. A segunda metade confirmaría a superioridade visitante cun marcador tan contundente como importante na loita pola permanencia. A Esteirana continúa última.
Miguel Chouza, (adestrador do SD Castriz) :
“Derbi da Costa no que os dous equipos nos xogabamos estar fora das plazas de descenso. E os dous chegamos mermados polas baixas. Sabíamos que o factor psicolóxico ía ser moi importante, e desde a primeira acción do partido co noso gol, púxosenos todo de cara.
Fomos superiores na primeira parte e chegamos 0-2 ó descanso. Si estivésemos máis acertados de cara a porta poderíamos ter sentenciado o partido. Non o fixemos, e na segunda parte saíu moi ben a Esteirana, indo a presionar arriba e poñéndonos en apuros. Aguantamos o vendaval un cuarto de hora, e cando amainou logramos sentenciar o encontro. A última media hora xa foron minutos da basura cun rival frustrado pola derrota.
Agradecerlle á Esteirana que nos deixaran unhas equipacións para xogar e a súa deportividade en todo momento. Ogallá saian do descenso nas próximas xornadas.”
Goles:
0-1, Marcos Corzón (1´)
0-2, Godofredo en propia porta (22´)
0-3, Carlos Rieiro (64´)
0-4, Marcos Corzón (81´)
Camariñas FC 1-2 CSD Arzúa
O Camariñas compite, pero non puntúa. O Arzúa adiantouse cedo cun penalti que condicionou o ritmo do partido. O tanto de Javi Antelo reactivou ao equipo, que buscou a remontada, pero un gol no 89´ castigou a falta de pegada nos minutos decisivos. A derrota fai caer ao Camariñas da 6ª á 10ª posición.
Goles:
0-1, Iván García (14´, penalti)
1-1, Javi Antelo (58´)
1-2, Martín Lamas (89´)
Clasificación
1º Bertamiráns FC – 28 pts
2º CSD Arzúa – 25 pts
3º SR Calo – 24 pts
4º SD Cacheiras – 24 pts
5º CF Muxía – 23 pts
6º Vizoño SD – 22 pts
7º RAC San Lorenzo – 22 pts
8º Praíña Sporting – 21 pts
9º Boimorto CF – 21 pts
10º Camariñas FC – 21 pts
11º Club do Mar – 20 pts
12º Cire de Melide – 18 pts
13º CCD Queixas – 17 pts
14º SD Tordoia – 16 pts
15º SD Castriz – 14 pts
16º UD Bastavales – 13 pts
17º SD Fisterra – 11 pts
18º SCDR Esteirana – 9 pts
PRIMEIRA FUTGAL G2
15ª Xornada
Domingo 14/12/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
Bertamiráns FC – CF Muxía
SD Cacheiras – SD Fisterra
CSD Arzúa– SCDR Esteirana, ás 17:00
SD Castriz -CCD Queixas, ás 17:00
CF Cire de Melide – Camariñas FC, ás 17:00
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
-Fotos Muxía : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa/adestradores





