CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 14ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “A ESTEIRANA MÁIS LIDER GRACIAS A UNHA CADEA DE EMPATES NAS PERSEGUIDORAS AXUDADO POLO MIÚDAS…A ÚNICA DERROTA COSTEIRA SUFREUNA O OUTES”.

A Esteirana aumenta a distanza na cabeza da tánoa.

 

A Esteirana despide a primeira volta goleando ó Noia, (1-6) e abre fenda na primeira praza xa que os5 equipos que as preceden non pasaron do empate nos seus encontros, algúns antre eles mesmos, coma o bo emapte que sumaba o Miúdas de Muros ante o Juventud Cambados, (1-1), terceiras contra sextas, así coma o empate do segundo clasificado, Céltiga, ante o cuarto, Taragoña, (1-1), e tamén o Chispa non pasaba da igualada ante Boiro B, (3-3). Quinto classificado contra 9º.

O outro equipo costeiro do grupo, o Outes, caía por un axustado 2-3 nun choque no que fixeron méritos para levarse os puntos.

GOLEADORAS

 Rut, (Esteirana), sumou 3 goles nesta xornada e xa son 43 tantos en 14 choques liderando o grupo das Pichichi. A segunda no podio tamén é costeira, a compañeira Bárbara, que suma 26 en 13 encontros e Laura Gómez do Taragoña completa o podio de máximas realizadoras con 22 en 13 encontros.

 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-14ª Xornada-

-09/02/2025-

CD Mosteiro 4-2 Bastavales UD

Catoira SD 0-2 Milladoiro SD

Céltiga FC 1-1 CCD Taragoña

EFF Sonnoia Portus Apóstoli 1-6 SCDR Esteirana

Juventud Cambados 1-1 ED As Miúdas

Outes FC 2-3 CD Rois

EFMC Boiro B 3-3 SD Chispa

 

-CRÓNICAS-

 

EFF Sonnia Portus Apóstoli 1-6 SCDR Esteirana

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Comezo agrudulce da segunda volta da competición que se saldou con unha nova victoria pero que se cobra a baixa de Sara por unha lesión nunha rodilla ainda pendientes de valorar o alcance.

Empezaron as de Esteiro dominando en campo rival pero sin concretar as xogadas dentro da area. Non foi ata case a media hora de encontro cando Rut abría a lata, pero pronto igualaron as locales tras un novo despiste dentro da area que trouxo a incertidumbre para as visitantes agravado pola lesión de Sara nun lance fortuíto. Bárbara faría o 1-2 pouco antes do descanso a pesares de que non había un claro dominador.

Na reanudación veuse outra cara, o ritmo e o dominio tiña xa un solo dono e o marcador foi poñendo o reflexo do cambio de actitude ata o 1-6 final.

Esperando que as probas da rodilla de Sara sexan favorables para non perder a unha das pezas importantes na defensa e no vestuario roxazul“.

11 inicial : Maruxa, Nerea, Terre, Sara, Marta, Leti, Lara, Sandra, Nuria, Bárbara e Rut. Cambios: Lidia, Naira, Dara, Uxía e Alba.

Goles : Rut, (3), Bárbara, Leti e Dara. Polo equipo de Noia marcaba Noa, o que representaba o 1-1 aos 31 minutos de xogo.

 

Juventud Cambados 1-1 ED As Miúdas

Goles : 1-0, Aldara, (20´); 1-1, Pati, (27´).

 

Outes FC 2-3 CD Rois

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Primer partido da segunda volta, primeira revancha. Empezabamos o partido coas pernas un pouco atenazadas e non axudaba o penalti pitado case o primeiro de todo, pero recibir ese gol dounos garra para o moi pouco lograr o empate con gol de Laura pero facendo ver que os entrenos valen.

O resto da primeira metade foi de ida e volta co rois xogando en longo e nos respondendo, a porteira visitante lucíase para defender a meta. Todo moi igualado ata que un rexeite de un saque de esquiña lle cae a unha xogadora do Rois que golpea alto e o balón cae tocando o longueiro. Momentos de nervos nunha contra recibimos o terceiro.

Tras o descanso, fartas de inxustizas, saimos a por todas, a morrer no campo, dominamos o balón, practicamente se xogaba só no campo do Rois e tras unha falta lanzada por Lauriña, entraba Cristina o rexeite e facía o seu primeiro gol no Outes e no futbol, (leva apenas uns meses xogando).

A cercanía no marcador impulsábanos máis e nin a tromba de auga que caeu nos paraba, o Rois respondía residualmente con un par de contragolpes pero sen perigo real. Tivemos un par de ocasions claras para lograr o empate pero por unha cousa ou outra non puidemos sacar puntos.

Así e todo contento coas rapazas, que demostran que queren mais e que se poña diante o que sea elas van a loitar“.

Goles : 0-1, Erika, (6´de penalti); 1-1, Laura, (10´); 1-2, Erika, (20´); 1-3, Maria Lougzili, (25´); 2-3, Cristina, (60´). 

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCDR Esteirana : 39 puntos, (1 encontro máis)

2º Céltiga FC : 37 puntos

Juventud Cambados : 29 puntos 

 CCD Taragoña : 26 puntos

 SD Chispa : 24 puntos

ED As Miúdas : 21 puntos

 CD Mosteiro : 19 puntos

 CD Rois : 18 puntos

 EFMC Boiro B : 17 puntos

10º Outes FC : 13 puntos

11º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos

12º Bastavales UD : 7 puntos

13º Milladorio SD : 6 puntos

14º Catoria SD : -3 puntos, (1 encontro máis)

 

-PREVIA-

-15ª Xornada-

-16/02/2025-

SD Chispa-CD Mosteiro, ás 12:00 horas

Bastavales UD-Catoira SD, ás — horas

Milladoiro SD-Céltiga FC, ás 19:00 horas

CCD Taragoña-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 19:00 horas

SCDR Esteirana-Juventud Cambados, ás 12:00 horas

Outes FCED As Miúdas, ás 16:00 horas

CD Rois-EFMC Boiro B, ás — horas

AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies