Zas e Ponteceso entrando no terreo de xogo no San Andrés.
Primeiro encontro da segunda volta e o lider intratable, Corme, aumenta a distanza co segundo, Mazaricos, a 10 puntos e as do Roncudo superan os 70 goles, 8719, en 13 choques seguindo invictas con pleno de vitorias. A derrota do Mazaricos, unida a do 2Juan Cabrejo” fai que o Muxía e o Baergantiños B se poñan por enriba das camariñanas e a un so punto das mazariquense, deixando todo moi apretado, pois as de Camariñas quedan a un punto de muxianas e carballesas e a 2 das segunda, pero tamén o Corcubión se pon a 23 do Mazaricos, (2º), e o Ponteceso a 4.
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), cos 5 que fixo nesta xornada ante o Pastoriza chega aos 29 en 13 encontros disputados, con Patri Romaní, (CF Muxía), que sumou un nesta pasada xornada e chega aos 17 materializados nos mesmos encontros disputados, e pechando o podio, Carla Pose, (Corme CF), con 14 dianas tamén en 13 choques, (2 foron de penalti).
AVISO : Estamos abertos a recibir omentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-14ª Xornada-
(09/02/2025)
SD A Baña 1-3 Bergantiños CF B
CF Mazaricos 6-0 SD Fisterra
Sporting Zas 0-4 Ponteceso SD
Corme CF 9-1 SCD Pastoriza B
Soneira SD 0-3 CF Muxía
UD Corcubión 4-1 EFCC Juan Cabrejo
UD Cerqueda 0-1 Cabana SD
-CRÓNICAS-
Bergantiños FC B : Arriba (izq a derecha): Nere, Sara, Mini, Arancha, Ainhoa e Amelia. Abaixo: You, Antía S., Lorena, Nuria, Sabela R., Aïsha ey Antia R.
SD A Baña 1-3 Bergantiños FC B
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “”.
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido con guión similar al de la ida, con partido controlado y con posesión para el Bergan y balones largos esperando sacar algo de alguna segunda jugada de las locales.
En esta ocasión,las visitantes tardaron un poco más en cerrar el partido a pesar de las múltiples ocasiones creadas, aún así, se mantuvo el control del partido en todo momento. Ya con el partido sentenciado, un disparo lejano que desvía involuntariamente una de nuestras centrales, despista a nuestra portera y pone el 1-3 final”.
Goles : 0-1, Yoursa, (21´); 0-2, Lorena, (72´); 0-3, Arancha, (76´); 1-3, Xastia, (82´).
CF Mazaricos 6-0 SD Fisterra
Goles : 1-0, María Senra, (3´); 2-0, María Senra, (22´); 3-0, María Senra, (33´); 4-0, Tamara, (53´); 5-0, Graciela, (61´); 6-0, Graciela, (80´).
Sporting Zas 0-4 Ponteceso SD
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido de dominio claro do Ponteceso os 90 minutos que tiña o balón e movía moi ben e rápido e o Zas esperaba coller algunha contra pero non acertaba a roubar con peligro. O descanso iríamos 0-2 , pero o Zas tuvo 2 ocasions claras nas botas de Inés e Nerea que a porteira as paraba. Na segunda parte igual a dinámica cando estábamos aguantando arreons visitantes,terian un penalti a favor que non fallaban , e o pouco farian o definitivo 0-4, nesta parte Lara e Lucía Ares tiñan acercamientos a area pero non se conseguía marcar.“.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Comeza a segunda volta e tocaba a viaxar ata Zas para intentar outra semana máis recuperar as boas sensacións.
As xogadoras de Ponteceso entraron con forza no campo facendo un bo xogo intentando facer dano en campo rival. O primeiro gol chegaría cerca do minuto 20 tras un tiro lonxano de Eva Lago. Poucos minutos despois anotaría Claudia Pérez tras un bo pase de Oanes. As de Zas tamén tiveron algunha que outra ocasión pero afortunadamente non lograron facer dano no marcador.
A volta do tempo de lecer, que xa facía falta para volver a entrar no partido, as de Curro seguiron aumentando a distancia tras un penalti transformado pola nosa killer, Andrea, que volveu aos terrenos de xogo tras estar moito tempo apartada deles. Tamén sería a 7 do Puenteceso a que anotaría o último tanto do partido. A partir da hora de partido o encontro descontrolouse un pouco máis e as locais, tiveron máis acercamentos a área rival pero finalmente o resultado sería 0-4.
Tres puntos moi importantes, sobre todo no aspecto moral, e a alegría de recuperar a Andrea, unha peza clave do equipo que estabamos desexando ver de volta“.
A nosa aliñación: María, (Karen 45′), Lara, (Myre 45′), Eva , Berdeal (Silvia 68′), Noe, Lago, (Laura R 68′), Muiño, Ainhoa, Oanes, Claudia, e Andrea, (Virgi 61′).
Goles : 0-1, Eva, (19´); 0-2, Claudia, (28´); 0-3, Andrea, (56´ de penalti); 0-4, Andrea, (61´).
Corme CF 9-1 SCD Pastoriza B
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido para empezar a segunda volta con moitas gañas, e quizáis eso non nos deixou xogar tan fluido como nós quixéramos. Ainda así dominamos o partido de principio a fin, pero con demasiados pases errados e concedendo un gol. Son +3, minutos para todas, cunha Naroa moi enchufada, sacándolle partido o balón parado e con reparto de goleadoras.
Sen dúbida o protagonismo deste encontro foi para Nati, que volvía a unha titularidade o día do seu cumple, e foi protagonista con un gol e unha asistencia a Naro. Ainda lle falta ritmo, pero vela volver a sonreir e disfrutar do fútbol ten moito mais valor para nos que unha victoria“.
A nosa aliñación: Lucía Dourado, Saskia, Aroa, (Irene), Lucia Rodríguez, (Aurora), Zeltia, Ana, (Salomé), Olalla, Nati, (Candela), Carla, Naroa, e Cris, (Laura).
Goles : Naroa (5), Nati, Ana, Saskia e Carla, por parte do Corme e por parte do Pastriza Claudia facía no 35 o que representaba o 3-1 no marcador.
Soneira SD 0-3 CF Muxía
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido ao que chegábamos con baixas, pero que dominamos desde o principio intentando ter o balón e sin riscos atrás. Pouco ritmo de partido onde o Soneira defendía ben e nós intetábamos atacar por diferentes frentes.
Felicitar o Soneira polo traballo feito nesta temporada, onde se ve que estan mellorando moi ben, tendo en conta que é o seu primeiro ano. Mención especial a porteira que fixo boas paradas en todo o encontro“.
Goles : 0-1, Barca Toba, (9´); 0-2, Patri Romaní, (39´); 0-3, Nerea, (47´).
UD Corcubión 4-1 EFCC “Juan Cabrejo”
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido que xa sabíamos que ía a ser complicado dado que é un equipo que se amosa forte na casa, como así o fixeron, partidoi duro dende o primeiro minuto, onde cada balón debidio era loitado moi forte. O primeiro gol foi un golazo pola escadra peo o que nos fixo moito dano foi o segundo, para nós fora de xogo clara.
O equipo no segundo tempo fixemos uns 20 primeiros moi bos, pero despois en dous erros moi claros fannos dous e o único foi polo menos acadar o gol da honra. Moi contento cas nosas, o resultado foi abultado pero dérono todo. Seguir traballando, loitando e mirarando cara adiante”.
Goles : 1-0, Helena, (30´); 2-0, Noa, (37´); 3-0, Andrea Romero, (64´); 4-0, Noa, (66´); 4-1, Maira, (91´).
UD Cerqueda 0-1 Cabana SD
Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “partido moi ben plantexado pola nosa parte contra un equipo algo superior, pero estivemos ben asentadas e en ningún momento lle perdemos a cara o partido, pero seguimos votando en falta as baixas que temos. O equipo estivo moi ben, moi solidario entre as xogadoras.
Nun balón dividido ao borde da área marcáronnos o gol. Nós intentámolo pero non puido ser. Imos a seguir traballando para seguir mellorando“.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Comenzou tomando a iniciativa o Cabana que dispuxo de varias ocasións, que ou ben polo desacerto das rematadoras, e outras veces pola intervención de Inés, non subiron o marcador. Conforme iba avanzando o partido o Cerqueda tentaba achegarse a meta do Cabana pero sin ocasións.
Xa no segundo tempo un remate de Irene acaba no fondo da rede do Cerqueda e daríalle os tres puntos as visitantes, que non fixeron un bo partido mentras que as locais tentaron apretar no último treito de partido pero sin inquedar a meta de Míriam“.
Xogamos con : Míriam, Antia Pazos, Sheila, (Nuria), María, Begoña (Antía Torres), Inma, Alejandra, Iria, Natalie, (Aitana), Adriana (Jessie Pose), e Irene.
Goles : 0-1, Irene, (62´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 39 puntos
2º CF Mazaricos : 29 puntos
3º CF Muxía : 28 puntos
4º Bergantiños FC B : 28 puntos
5º EFCC “Juan Cabrejo” : 27 puntos
6º UD Corcubión : 26 puntos
7º Ponteceso SD : 25 puntos
8º Cabana SD : 22 puntos
9º SCD Pastoriza B : 10 puntos
10º Sporting Zas : 8 puntos
11º Soneira SD : 7 puntos
12º SD A Baña : 6 puntos
13º SD Fisterra : 5 puntos
14º UD Cerqueda : 4 puntos
-PREVIA-
-15ª Xornada-
(16/02/2025)
Cabana SD-SD A Baña, ás 12:00 horas
Bergantiños CF B-CF Mazaricos, ás 17:15 horas
SD Fisterra-Sporting Zas, ás 16:30 horas
Ponteceso SD-Corme CF, ás 16:30 horas
SCD Pastoriza B-Soneira SD, ás 19:00 horas
CF Muxía-UD Corcubión, ás 12:45 horas
EFCC Juan Cabrejo-UD Cerqueda, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos Zas-Ponteceso : Prensa Sporting Zas/Marcos “Curro”
-Foto Corcubión-Camariñas : Dulce Corcu
-Foto Bergantiños : Noe Iglesias
-Comentarios : Adestradores