Manu Nogueira fixo o gol da tranquilidade do Muxía.
Aquí tedes as crónicas e moito máis da 13ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando.
Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.
Empate no derbi antre a Esteirana e o Castriz, (3-3) e vitoria do Dumbría no outro derbi ante o San Lorenzo, (1-4), namentras que o Fisterra empataba co Agolada, (2-2), e vitoria con máis goles ca fútbol, do Muxía ante o Praiña, (5-3), na Arliña, onde sigue intratable.
GOLEADORES
No tocante a goleadores, Diego Estévez, (CF Dumbría), non marcaba pero sigue comandando a clasificación de máximos artilleiros con 12 tantos, pero agora ten ao tamén fisterrán, Isaac Fábregas, (SD Fisterra), cos mesmos goles gracias ao gol que lle facía o Agolada e que suporía o definitivo empate a dous, 82-2).
PRIMEIRA FUTGAL
-13ª Xornada-
-01/12/2024-
SR Calo 1-1 Vista Alegre SD
SCDR Esteirana 3-3 SD Castriz
Club do Mar 1-1 Bertamiráns FC
San Lorenzo 1-4 CF Dumbría
CF Muxía 5-3 Praiña Sporting Club
Bastabales UD 0-3 UD Carral
SD Fisterra 2-2 SD Agolada
Vea CF 2-4 SD Tordoia
Boimorto CF 3-2 Vizoño SD
-CRÓNICAS-
CF Muxía 5-3 Praiña Sp Club
Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “artido malo dende principio a fin, moi apresurados e con moitos fallos na fase defensiva. adiantámonos pronto con gol de fran pero pronto nos empatan, mantense o partido igualado e nuha boa xogada o debutante Rober pon un golazo dende 35 metros, pero pouco nos duraría xa que noutro erro empátannos.
Na segunda parte saimos frouxos e nunha xogada mal defendida póñese o Praiña por diante, aqui fago 3 cambios e o equipo parece que reaccionou ben. Empatamos por medio de Iago, pero antes de poñer o cuarto Adam o Praíña ten duas boas ocasións para adiantarse pero non estan atinados. Xa na última do partido sentenciamos con gol de Nogueira”.
Goles : 1-0,Fran Moreira, (5´); 1-1, Yago, (11´); 2-1, Rober, (26´); 2-2, Álvaro. (38´); 2-3, Manuel, (53´); 3-3, Iago Muiño, (65´); 4-3, Adam, (75´); 5-3, Manu Nogueira, (90´).
SD San Lorenzo 1-4 CF Dumbría
Goles : 1-0, Javier, (30´); 1-1, Daniel, (45´); 1-2, Miguel, (58´); 1-3, Brais, (62´); 1-4, Xabi, (81´).
SCDR Esteirana 3-3 SD Castriz
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Creo que foi un moi bo partido e que deixa unha gran imaxe do fútbol da Costa. Con dous equipos que non especularon co resultado en ningún momento. Empezamos moito mellor nós, dominando o xogo claramente, e puxémonos 0-2 á media hora, tendo ocasións para ampliar a distancia.
O árbitro expulsou inxustamente a Iván e a Esteirana avivouse coa tensión. No último cuarto de hora antes do descando igualouse o xogo e puidemos anotar calquera dos dous.
Na segunda parte os locais saíron a por todas, acumulando moita xente na nosa área buscando remates a centros laterais, deixándonos contraataques claros. Nese contexto, en menos de 10 minutos de tolemia, chegarían 4 goles, 3 deles e 1 noso. Co empate 3 no marcador, o partido baixou de revolucións e foise partindo o xogo a medida que se notaba a fatiga nos dous conxuntos. Calquera dos dous pudo levarse a victoria nos minutos finais.
Empate que creo que deixa máis satisfeita á Esteirana que ó Castriz, pero nós saímos satisfeitos co nivel do equipo e do partido”.
Goles : 0-1, Miller, (1´); 0-2, Juan, (33´); 1-2, Isma Pedrosa, (60´); 1-3, Borja, (62´); 2-3, Elías Ruso, (63´); 3-3, Isma Pedrosa, (65´).
Incidencias : O colexiado do encontro Adrián Ponte, expulsou con vermello direto o adestrador local, Iván González no 30´, e con dobre cartón a Isma Pedrosa, (28´e 90´), e por parte do Castriz, ao delegado Jorge Negreira.
SD Fisterra 2-2 SD Agolada
Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “A espera do seu comentario…“.
Goles : 0-1, Víctor, (18´); 1-1, Alejandro, (56´); 1-2, Alexandre, (57´); 2-2, Isaac Fábregas, (81´).
-CLASIFICACIÓN-
-Equipos da costa-
Lider : *Club do Mar : 33 puntos
2º CF Dumbría : 26 puntos
3º UD Carral : 26 puntos
4º CF Muxía : 25 puntos
5º Boimorto CF : 23 puntos
6º *SD Castriz : 20 puntos
7º *SD Fisterra : 19 puntos
8º SD Tordoia : 18 puntos
9º Vizoño SD : 17 puntos
10º *SCDR Esteirana : 17 puntos
11º Bastavales UD : 16 puntos
12º SR Calo : 15 puntos
13º Vea CF : 14 puntos
14º Praiña SPC : 11 puntos
15º Bertamiráns FC : 11 puntos
16º SD Agolada : 9 puntos
17º Vista Alegre SD : 5 puntos
18º SD San Lorenzo : 3 puntos
* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.
PREVIA
-14ª Xornada-
-08/12/2024-
Vista Alegre SD-Boimorto CF, ás — horas
SD Castriz-SR Calo, ás — horas
Bertamiráns FC-SCDR Esteirana, ás — horas
CF Dumbría-Club do Mar, ás — horas
Praiña Sporting Club-SD San Lorenzo, ás 16:15 horas
UD Carral-CF Muxía, ás — horas
AAD Agolada-Bastavales UD, ás — horas
SD Tordoia-SD Fisterra, ás — horas
Vizoño SD, ás — horas
AVISO :
Os horarios son oficiosos non oficiais. Os finais poñerémolos na AXENDA PIRATA do venres.
Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores