CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 13ª Xda DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “IMPORTANTES VITORIAS DO MUXÍA E A ESTEIRANA, EMPATE NO DERBI ANTRE CASTRIZ E CAMARIÑAS E NOVO DESCALABRO DO FISTERRA FORA”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
13ª Xornada
Domingo 30/11/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

Bastavales UD 1-3 CF Muxía

Cire de Melide 7-0 SD Fisterra

Club do Mar 0-1 SCDR Esteirana

AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…


CRÓNICA XERAL

Xornada de luces e sombras para os representantes costeiros na Primeira Futgal G2, pero cunha tendencia clara: Muxía e Esteirana dan un paso adiante, o Camariñas suma e mantén estabilidade, e Fisterra e Castriz seguen sufrindo en zona perigosa.

O Muxía CF sacou adiante un encontro cheo de loita nun campo en mal estado e continúa escalando postos ata rozar a zona nobre. A gran alegría chegou coa Esteirana, que sorprendeu cunha vitoria enorme en Caión, demostrando que o equipo non está nin moito menos morto.

O Camariñas sumou fóra da casa nun derbi moi disputado ante un Castriz que, pese ao bo do empate, segue sen atopar a senda da vitoria. E o Fisterra, un día máis fóra da casa, afúndese con outra goleada dolorosa, quedando tocado e en posicións de descenso.

A liga sigue dominada polo Bertamiráns pero sigue tremendamente igualada, e unha cousa queda clara: cada semana pode cambiar todo.

 CRÓNICAS

 Bastavales UD 1-3 CF Muxía

Sergio “Pataca”, adestrador do CF Muxía:
“Partido marcado polo mal estado do céspede artificial do Municipal de Brión, partido de duelos e segundas xogadas. A pesar das baixas o equipo competiu moi ben. Marcamos nun córner e nunha falta. Apenas xerou un par de ocasións o equipo local tamén a balón parado. Cando nos críamos cos 3 puntos, un erro fai que o Bastavales se meta no partido no desconto, pero practicamente na xogada seguinte conseguimos o terceiro.”

Goles:
0-1 Carlos Antelo (11’)
0-2 Fran Moreira (33’)
1-2 Pablo Castaño (91’)
1-3 Víctor Alcaina (93’)

 Cire de Melide 7-0 SD Fisterra

Leo Picallo, adestrador do SD Fisterra:
“Como cada partido fóra da casa, un mero trámite para os locais. A transformación do equipo entre xogar na casa ou fóra é inmensa. Onte só aparecemos polo campo… O resultado aínda se queda curto… Nada salientable pola nosa parte.”

O Fisterra chegou moi minguado, con só dous recambios no banco, e pagouno caro. Mal partido e unha goleada que afonda a crise como visitante.

Goles:
Primeira metade (4-0): Asier, Pereiro (p.), Álvaro
Segunda metade: Óscar Carro, Pampín, Jacobo

 Club do Mar 0-1 SCDR Esteirana

Gran sorpresa da xornada coa vitoria da Esteirana, que asina un triunfo enorme ante un Club do Mar que aspiraba a todo pero está anclkado na metade baixa da táboa e precisaba gañar xa que está a tan só 5 puntos da promoción, pero agora aos mesmos do descenso. Os costeiros ainda que siguen colistas cren e fan crer: “este morto está moi vivo”.

Goles:
0-1 Pablo Fernández (86’)

 SD Castriz 1-1 Camariñas FC

Miguel Chouza, adestrador do SD Castriz:
(En canto nos faga chegar a sua valoración do encontro será incluída.)

Juan Cabrejo, adestrador do Camariñas FC:
“Partido no que nos primeiros 20 minutos costounos entrar en xogo. Eles tiñan maior dominio territorial sen grandes ocasións. A partir de aí fixemos uns reaxustes e comezamos a ter maior control de balón ata o final da primeira metade.
No segundo tempo fomos claros dominadores, con chegadas por bandas, centros e finalizacións con remates. A máis clara, un remate ao longueiro que para nós rebota dentro.
O premio chegou cun golazo de libre directo de Adam. O seu empate vén nunha xogada illada que nos deixou fríos, pois xa contabamos coa vitoria. Un puntiño máis e a seguir traballando. Este punto farase bo se gañamos na casa a vindeira semana, sabedores de que nos visita o mellor equipo da liga, pero aquí calquera lle pode gañar a calquera.”

Goles:
0-1 Adam (78’)
1-1 Fabián (85’)

 CLASIFICACIÓN

1º Bertamiráns FC : 27 Pts
2º SD Cacheiras : 24 Pts
3º SR Calo : 23 Pts
4º CSD Arzúa : 22 Pts
5º Vizoño SD : 21 Pts
6º Camariñas FC : 21 Pts
7º Praíña Sporting : 20 Pts
8º Muxía CF : 20 Pts
9º RAC San Lorenzo : 19 Pts
10º Cire de Melide : 18 Pts
11º Boimorto CF : 18 Pts
12º Club do Mar : 17 Pts
13º CCD Queixas : 17 Pts
14º SD Tordoia : 16 Pts
15º SD Castriz : 11 Pts
16º SD Fisterra : 11 Pts
17º UD Bastavales : 10 Pts
18º SD Esteirana : 9 Pts

PRIMEIRA FUTGAL G2
14ª Xornada
Domingo 07/12/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía SD Cacheiras, ás 16:00

SD Fisterra Bastavales UD

SCDR Esteirana  SD Castriz, ás 16:30

Camariñas FC CSD Arzúa, ás 16:30

(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)

Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa/adestradores