A Esteirana mantense lider pese a sua primeira derrota.
A Esteirana mantén o liderato por golaveraxe a pesares de que caía por primeira vez esta tempada no encontro estelar da xornada que as enfrontaba o segundo Céltiga, (5-1), que pasa a ser o único equipo invicto.
As de Fran Figueroa xogaban esta pasada fin de semana dous encontros, o primeiro o sábado ante as colistas do Catoria, as que goleaban, (18-0), e o segundo contra a sua máxima rival do que vai de tempada. Siguen polo tanto líderes pero cun encontro máis, xa que ese encontro ante o Catoria era o suspendido da pasada xornada polo temporal “Herminia”. O resto desta xornada xogarase, en principio, o 2 de Marzal.
Pola sua banda o Miúdas empataba a ceros en Noia ante o Apóstoli e o Outes caía no Conchido co Concello de Boiro, equipo de similares características.
GOLEADORAS
Rut, (Esteirana), cos 8 goles que lle endosou o Catoria chega a frioleira cifra de 40 tantos en 13 choques liderando o grupo das Pichichi, superando en 15 a segunda clasificada, a compañeira de equipo Bárbara, que cos 4 desta semana suma 25 en 12 encontros e Laura do Taragoña su8mou un nesta pasada xornada e xa conta con 22, pero en 12 encontros, para completar o podio de goleadoras.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G4
-13ª Xornada-
-02/02/2025-
Outes FC 1-4 EFMC Boiro B
Juventud Cambados 2-0 CD Rois
EFF Sonnoia Portus Apóstoli 0-0 ED As Miúdas
Céltiga FC 5-1 SCDR Esteirana
Catoira SD 0-11 CCD Taragoña
CD Mosteiro 5-2 Milladoiro SD
Bastavales UD 1-7 SD Chispa
-CRÓNICAS-
SCDR Esteirana 18-0 Catoria SD
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Partido adiantado trala suspensión da semana anterior polo temporal. Moitos cambios tanto de roles como de xogadoras nun partido con unha diferencia notable, onde procuramos condicionar a maneira de atacar pero sempre mostrando o maior dos respetos a unhas rivales que medrarán cos entrenamentos e coa suma de experiencia.
Resultado do que non se pode estar orgulloso, pero si é de destacar a actitude noble e deportiva de cada xogadora e corpo técnico, que estuvemos presentes no campo”.
11 inicial : Maruxa, Marta, Nerea, Martina, Uxía, Leti, Nuria, Bábara, Rut, Alba e Lola. Cambios : Naira, Sandra, Inés, Terre e Sara.
Goles : Rut, (8), Bárbara, (4), Alba, (2) Sandra,(2), Nerea e Nuria.
Céltiga FCF 5-1 SCDR Esteirana
Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Contexto totalmente diferente neste duelo tan esperado no máis alto da tabla, no cal a pesar de adiantarnos no marcador e incluso dispoñer de 2 paus para ampliar vantaxe antes do descanso, non supemos competir, nin en intensidade, nin nos duelos, e nada que se arrime ó plan de partido.
Tocou un día do máis apático no que as rivales superon estar mellor e demostraron que a sua bagaxe non deixa lugar a dudas polo mostrado no campo, e superon aproveitar as concesións das nosas.
Convencido de que nos vai servir para saber medrar cos pes onde toca, sabendo tamén que se está a competir desde o inicio da temporada en posicións impropias dun equipo de nova creación, e cunha esixencia que ás veces non é realista para o tempo que levamos competindo xuntas.
Asumimos manter o reto na segunda volta, con máis traballo e ganas para recoller o que merezamos ó final da temporada“.
11 inicial: Naira, Terre, Marta, Martina, Sara, Leti, Lara, Sandra, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén xogaron : Maruxa, Nerea, Lidia, Uxía e Alba.
Goles : 0-1, Leti, (11´); 1-1, Paula, (16´); 2-1, Alba, (55´de penalti); 3-1, Patricia, (60´); 4-1, Paula, (66´); 5-1, Paula, (79´).
EFF Sonnia Portus Apóstoli 0-0 ED As Miúdas
Goles : 0-0
Outes FC 1-4 EFM Concello Boiro
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido que para nada nos saleu como esperabamos, que empezamos atenazadas por uns nervios que estamos intentando controlar e que fixeron que os primeiros 25 minutos o Boiro nos superase en marcador e en xogo. Logramos igualar o marcador antes do descanso e desfacernos un pouco deses nervos para recuperar sensacións.
Sen embargo, nada máis comezar a segunda metade, un despiste costábanos outro gol e un pequeno baixón. A partires de aí tomamos a iniciativa e salvando algunha entrada forte de máis, volcámonos en ataque pero sen fortuna de cara a portería, o cal nos costou nunha contra o derradeiro gol en contra.
Semana para traballar, quitarnos pantasmas e pensar en sacar os 3 puntos co Rois na vindeira xornada“.
Goles : 0-1, Naría Rebollido, (7´); 1-1, Erika, (32´); 1-2, María Rebollido, (42´); 1-3, Mariela, (59´); 1-4, Julia, (89´).
-CLASIFICACIÓN-
1º SCDR Esteirana : 36 puntos, (1 encontro máis)
2º Céltiga FC : 36 puntos
3º Juventud Cambados : 28 puntos
4º CCD Taragoña : 25 puntos
5º SD Chispa : 23 puntos
6º ED As Miúdas : 20 puntos
7º EFMC Boiro B : 16 puntos
8º CD Mosteiro : 16 puntos
9º CD Rois : 15 puntos
10º Outes FC : 13 puntos
11º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos
12º Bastavales UD : 7 puntos
13º Milladorio SD : 3 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos, (1 encontro máis)
-PREVIA-
-14ª Xornada-
-09/02/2025-
CD Mosteiro–Bastavales UD, ás — horas
Catoira SD-Milladoiro SD, ás 16:30 horas
Céltiga FC-CCD Taragoña, ás 12:00 horas
EFF Sonnoia Portus Apóstoli-SCDR Esteirana, ás 18:30 horas
Juventud Cambados–ED As Miúdas, ás 18:30 horas
Outes FC–CD Rois, ás — horas
EFMC Boiro B-SD Chispa, ás 12:00 horas
AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.
-Foto Esteirana : Fran Figueroa
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”