CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 13ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “O CORME SIGUE INTRATABLE SÓ LLE QUEDA O EF “JUAN CABREJO” POR DERROTAR PARA HABER DERROTADO A TÓDOLOS EQUIPOS DA LIGA NESTA PRIMEIRA VOLTA QUE SÓ LLE FALTA A XORNADA SUSPENDIDA”.

O Corme defíxose do Muxía nun gran encontro.

 

Xogábase o encontro da xornada no “O Cairo” co lider indiscutible e intratable Corme recibindo a un Muxía que tras recuperar xogadoras importantes viña ca flecha hacia arriba.

O encontro deideuse por detalles como día Rubén Souto no seu comentario, pero o detalle é que o seu equipo suma a 12ª vitoria en 12 encontrao, é con diferenza o equipo máis realizador con 62 tantos, ca pichcihci da liga no seu plantel, Naroa Parga, (24 goles), e a terceira máis goleadora, Carla Pose, e no que se refire ao apartado defensivo, tan só recibeu 8 goles, só superadas por un incrible Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”, que se situa na segunda praza con tan só 21 goles marcados, pero o que é espectacular son eses 7 goles que encaixou en 12 encontros, 0´33 goles por encontro.

Ca derrota do Muxía e o empate do Mazaricos ante o Ponteceso, (2-2), o Corme vaise aos 9 puntos sobre o segundo, (EFCC Juan Cabrejo), e a 10 do terceiro, CF Mazaricos, e a un máis do Muxía e Bergantiños, que tamén aproveitou o pinchazo de muxianas e mazariquenses.

Firo histórico

As cormelanas nesta primeira volta que ven de rematar derrotaron a tódolos equipos, e para facer pleno só lle falla o EFCC “Juan Cabrejo”, co que tiña que haner xogado a semana pasada na xornada suspendida polo temporal 2Herminia” e que se xogará, en principio o 2 de Marzal.

GOLEADORAS

Naroa Parga, (Corme CF), lidera a táboa de máximas goleadoras con 24 en 12 encontros disputados, con Patri Romaní, (CF Muxía), a 8 con 16 materializados nos mesmos encontros disputados e pechando o podio tres rapazas con 13 goles, Carla Pose, (Corme CF), tamén en 10 choques, (2 foron de penalti).

 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G2

-13ª Xornada-

(02/02/2025)

UD Corcubión 4-0 UD Cerqueda

Soneira SD 0-1 EFCC Juan Cabrejo

Corme CF 4-2 CF Muxía

Sporting Zas 2-2 SCD Pastoriza B, CRÓNICA

CF Mazaricos 2-2 Ponteceso SD

SD A Baña 1-0 SD Fisterra

Bergantiños CF B 3-0 Cabana SD

 

-CRÓNICAS-

 

UD Corcubión 4-0 UD Cerqueda

Miguel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que ten pouco que comentar, nós saimos ben, planteando un partido defensivo porque íamos con moitas baixas, só levábamos as 11 titulares e cando había que dar algún relevo pois non tiñamos para facer eses cambios, i eso perxudicounos durante todo o partido”.

Goles : 1-0, Noa, (15´); 2-0, Noa, (24´); 3-0, Serena, (61´); 4-0, Noa, (65´).

 

 

Soneira SD 0-1 EFCC “Juan Cabrejo”

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido que sabíamos que ía a ser complicado xa que esperábamos a un Soneira motivado. Tratamos de sair a polo partido dende o pitido inicial e tratar de roubar o máis próximo a sua porta. Tivemos algunha ocasión pero síguenos a faltar o gol a pesares de crear. Non pasamos apuro ningún no primeiro tempo e no segundo saimos ca mesma idea.

Pronto chegou o noso gol por medio de Paula e a partires de aí repregámonos e buscamos bontrolar e tratar de sacar algunha contra. O Soneira tratou de sprprendernos a balón parado pero defendemos en liñas xerais bastante ben. Queríamos matar o encontro pero a verdade é que non creamos situacións claras para facelo. Boa vitoria para seguir sumando e seguir mellorando e crecendo pouco a pouco”.

Goles : 0-1, Paula Mouzo, (50´).

Incidencias : O colexiado do encontro Alejandro Barbeira expulsou o delegado local, Víctor Lema no 90´.

 

Corme CF 4-2 CF Muxía

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido durisimo contra o mellor rival que nos enfrentamos hasta ahora, todos os respetos a éste Muxia que sin duda nos competiu de tu a tu os 3 puntos, para min incluso sendo superiores durante os primeiros 45 minutos. Foi un partido donde se decidiu por detalles, o Muxia ten unha falta que Patri Romaní lanza o longueiro, e uns minutos despois, Carla ten outra e poñería o 1-0. Así chegariamos o descanso.

Na segunda o Muxía sae con todo e consegue igualar o partido a 1-1, nun remate dun corner boísimo, e sen moito tempo para virse a baixo, Naroa acudiría o rescate cun gol que penso que foi moi importante animicamente para nós, que nos deu moita calma, e xusto despois o Muxía metería un gol en propia que as deixou moi tocadas, e aí sí que se acaba o partido, donde nós empezamos a encontrar a calma necesaria para mover o balón e o noso rival baixou un pouco os brazos.

despois chegaria o noso cuarto nunha bonita xogada entre Zeltia e Naro e o do Muxía de penalti xusto no último minuto. Como dixen, foron detalles que se foron dando e que esta vez nos favoreceron a nós.

Moi contento coa implicación e concentración defensiva do equipo, xa que tocaba enfrentarse a que para moitos e a mellor xogadora que hai na Costa, Patri Romaní, e non defraudou, e unha maravilla vela xogar o fútbol.

O dito, noraboa o Muxía, creo obxetivamente que foi o primeiro rival que foi mellor que nós durante eses primeiros 45 minutos, e en ningún momento nos deixou xogar cómodo como a nós nos gusta, ata ese gol en propia.

Pola nosa parte, moi orgulloso de todo o meu equipo, da actitude e das gañas de conseguir o noso obxetivo. Oxalá pronto poder contar con todo o equipo regularmente tanto nos entrenos como nos partidos…+3 e vamos a polo seguinte“.

Xogamos con : Lucía, Laura, Saskia, Aroa, Lucía, (Candela), Zeltia, Carla (Irene), Cris e Naroa.

Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Chegábamos o Cairo xogándonos afianzar a segunda praza e intentar recurtarlle distancias ao Corme. Na primeira parte teríamos varias ocasións para poñernos por diante no marcador pero a sorte non estaría do noso lado. Patri tiraba unha falta ao longueiro e practicamente na seguinte xogada encaixábamos un gol de falta. Chegábamos ao descanso cun gol por debaixo no marcador, pero co bo sabor de boca de que a primeira parte foi dominada polas nosas e merezendo máis.

A segunda parte foi para o Corme pero conseguiríamos empatar nun corner. Despois do empate o Corme empezaría a apretar e con un balón longo conseguirían o 2-1, tras unha gran xogada de Naroa. A raiz de eso encaixaríamos un gol en propia porta tras un mal despexe, e pouco despois encaixábamos o cuarto, tras unha xogada parecida. Despois deses erros non conseguimos repoñernos pero na última xogada conseguíamos marcar o definitivo 4-2, desde o punto de penalti.

Partido no que marchamos do Cairo cun mal sabor de boca, xa que penso que merecíamos máis, pero a sorte non estivo do noso lado, pero estamos contentos polo traballo e o visto no campo por parte das nosas.

Felicitar o Corme que é un gran equipo con grandes xogadoras e ben traballado.
Toca seguir traballando para intentar ir a por esa segunda praza”.

Goles : 1-0, Carla, (12´); 1-1, Paula, (50´); 2-1, Naroa, (56´); 3-1, Ana, (58´en propia porta); 4-1, Naroa, (66); 4-2, Barca Toba, (90´de penalti).

 

Sporting Zas 2-2 SCD Pastoriza B

Crónica : PREME AQUÍ.

 

 

CF Mazaricos 2-2 Ponteceso SD

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Tocaba visitar un campo complicado como é o do Mazaricos cunhas rivales que non o ían poñer fácil. O Puenteceso saiu moi metido no partido incluso chegando a dominar máis o xogo e empezando a construir ocasións. No minuto 9, Claudia poñería o primeiro gol do partido cabeceando nunha xogada de cabeza.

A partires de aí o encontro foi tornando máis igualado e as de Mazaricos conseguiron facer algo máis de dano aínda que sen supoñer ningún cambio no marcador. De novo, a media hora de encontro, Claudia volvería a aumentar a distancia cun moi bo gol de tiro cruzado dende a área. Pouco despois entrarían no partido as locais tras unha falta que se desviaría ao pau da portería de María. Aproveitarían a segunda xogada para anotar e ir 1-2 ao descanso.

Ao pouco de comezar a segunda parte Silvia tería unha gran ocasión para poñer outro gol para as de Curro pero finalmente acabaría fóra. Tamén tiveron boas ocasións Muíño, Oanes e Eva Lago que non foron transformadas.

O equipo de Ponteceso tiña o partido bastante encamiñado para os 3 puntos cando nunha xogada do Mazaricos, Tamara acabaría no chan tras unha xogada con Karen na área. O colexiado pitou a pena máxima o que fixo que finalmente rematase o partido en táboas.

Acabase así a primeira volta. Toca seguir traballando para superar esta mala xeira e volver a mellor versión do equipo”.

Xogamos con : María (Karen 66′), Berdeal (Virgi 87′), Eva , Myre, Noe, (Laura R 66′), Silvia, Lago, Muiño, Ainhoa, Oanes, Claudia, (Lara 71′).

Goles : 0-1, Claudia, (10´); 0-2, Claudia, (30´); 1-2, Tamara, (74´); 2-2, Silvia, (84´de penalti).

 

SD A Baña 1-0 SD Fisterra

Leticia Fernández, (Adestradora do SD A Baña) :Partido intenso e apretado ata o final desta fin de para as nosas amarelas. Un partido en donde a Baña dominou, con pases moi bos o espazo e combinando moi ben entre elas.
Con varias ocasións de tiros a porta dende o comezo do mesmo, o gol non entraría ata case o final do partido, cun galazo da nosa Yoli…Seguimos mellorando e dándolle “lume“.

Goles : 1-0, Yoli, (84´).

 

 

Bergantiños FC B 3-0 Cabana SD

Noelia Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Buen partido en As Eiroas con claro dominio local. A pesar de que ya en la primera parte la posesión y las ocasiones fueron del Bergan, el buen hacer de las visitantes en defensa hicieron llegar al descanso con 0 -0 en el marcador.

Tras la reanudación, seguimos dominando el encuentro con mayor número de ocasiones, muchas neutralizadas por la gran actuación de la portera rival. Aún así, de las múltiples ocasiones se materializaron tres goles que cerraron el partido y la victoria local”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte na que o Bergantiños dispoñía de máis posesión, pero topábase con un Cabana moi concentrado que impediu as chegadas das locais, salvo nun par de balóns en profundidade que resolve Míriam. Tampouco dispuxeron de ocasions claras as as nosas, que se achegaron cunha serie de córners sin consecuencias.

Xa no segundo tempo o Bergantiños adiantábase pronto e nós tentamos estirarnos pero topámonos ca velocidade das puntas carballesas que de rompían o encontro”.

Goles : 1-0, Arancha, (50´); 2-0, Paula, (74´); 3-0, Julia, (77´).

 

-CLASIFICACIÓN-

 Corme CF : 36 puntos

 EFCC “Juan Cabrejo” : 27 puntos

3º CF Mazaricos : 26 puntos 

 CF Muxía : 25 puntos

 Bergantiños FC B : 25 puntos

 UD Corcubión : 23 puntos

 Ponteceso SD : 22 puntos

 Cabana SD : 19 puntos

 SCD Pastoriza B : 10 puntos

10º Sporting Zas : 8 puntos

11º Soneira SD : 7 puntos

12º SD A Baña : 6 puntos

13º SD Fisterra : 5 puntos

14º UD Cerqueda : 4 puntos

 

 

-PREVIA-

-14ª Xornada-

(09/02/2025)

SD A Baña-Bergantiños CF B, ás 17:30 horas

CF Mazaricos-SD Fisterra, ás 17:00 horas

Sporting ZasPonteceso SD, ás 12:15 horas

Corme CF-SCD Pastoriza B, ás 16:30 horas

Soneira SD-CF Muxía, ás 18:30 horas

UD CorcubiónEFCC Juan Cabrejo, ás 16:30 horas

UD Cerqueda-Cabana SD, ás 16:00 horas

AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Foto Bergantiños : Noe Iglesias

-Fotos Corme-Muxía : Fin Lema

-Comentarios : Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies