O UC Cee plantoulle cara as terceiras, SD Tordoia.
Fin de semana redondo para o Xallas que tras gañarlle o Orillamar o pasado xoves no encontro que fora aprazado por folga de conserxes nas intslacións da Torre, 2Arsenio Iglesias, en terras coruñesas, sumaba unha segunda vitoria desta vez sobre o Carral, rival direto na zona alta, e que fai que as xalleiras se poñan na cuarta praza empatadas cas segundas, (Orzán B) e terceiras, (Tordoia), e a 3 puntos das líderes, (Pastoriza) e cun encontro menos disputados cas orzanistas e tordoiesas, e deixando o Carral a 6 puntos. Pola sua banda o Cee derrotaba a domicilio ao Brexo Lema e curtaba unha xeira de 3 encontros sen perder. As ceenses teñen pendente o encontro suspendido polo temporal “Brest” do 24 de Novembro e no que se enfrontarán na Fontela o Xallas. O Dumbría xogaba ante o Tordoia, terceiro clasificado e tiveron a vitoria nas suas mans pero un gol nos derradeiros intres do encontroa facía que o encontro acabase en táboas, pero dando impresión de haber merecido os 3 puntos.
As crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.
GOLEADORAS
Paula Veiga, (UC Cee), sigue a mandar na táboa de goleadoras con 15 goles en 12 encontros, (1 de penalti), seguida da muxiana, Eva lema, (CF Dumbría), con 14, (2 de penalti), en 11 choques. O podio de goleadoras péchao Ánxela Prado, (CD Lugo B), con 13 tantos en 12 encontros.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
2ª GALEGA FEMININA G1
-13ª Xornada-
-08/12/2024-
CF Dumbría 0-0 SD Tordoia
Orillamar SD 3-0 UDJ Almeiras
Silva SD 0-4 CD Lugo B
PM Friol B 1-0 Sporting Meicende
SCD Pastoriza 2-1 Orzán SD B
Cultural Maniños 2-1 Sporting Burgo
Brexo Lema 0-1 UC Cee
Xallas FC 2-1 UD Carral
PARTIDO SUSPENDIDO POR FOLGA DE CONSERXES
Orillamar 1-6 Xallas, CRÓNICA
CRÓNICAS
Brexo Lema SD 0-1 UC Cee
Goles : 0-1, Paula Veiga, (93´).
CF Dumbría 1-1 SD Tordoia
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Recibíamos a terceira clasificada, un equipo coas ideas moi claras e con muito oficio, empezaríamos o partido tendo o control do ritmo, co paso dos minutos as visitantes estarían cada vez máis cómodas, e nós iríamonos acelerando forzando xogadas nas que non sacábamos toda a ventaxa posible, podendo calquera de ambos equipos adiantarse antes do descanso, sentindo que nós podíamos ter conseguido máis premio.
Xa na segunda metade, coas ideas máis clara ambos equipo, o partido romperíase e volveríase un pouco frenético, saindo ventaxosas e podendo adiantarnos no marcador, nese intre parecía que o partido poñíasenos de cara e tendo ocasións para pechalo, e contra estes equipos sabemos ben que como perdoes terminalo pagando. Nunha xogada aillada, poñerían o empate, o cal volvía a romper o partido. Tentámolo ata o final, podendo volver a adiantanos, pero sen conseguilo“.
Goles : 1-0, Claudia, (55´); 1-1, Tania, (81´).
Xallas FC 2-1 UD Carral
Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Volvíamos ao Fontenla despois de un mes, contra un rival direto. Saimos dominando dende o minuto un con un tiro ao longueiro de Espasandín nos primeiros minutos. Tvemos diversas ocasións por medio de Noe, Barcia e Facal, pero non demos resolto. Olalla tería un man a man que a porteira rival estivo acertada. Seguimos desplegando un gran xogo combinativo durante todo o primeiro tempo, e nunha presión alta, un roubo de Noe, dalla a Olalla e supera a porteira por alto dende fora da área.
Empataríannos antes do descanso nunha xogada illada, na que nos collen mal posicionadas, nun centro-chut frouxiño, no que a dianteira rival esta máis lista que a nosa defensa e anticípase, desviádonlle o balón a Rosio, sen poder facer nada. Resultado co que chegaríamos ao descanso, pero que non amosaba o visto no terreo de xogo.
Na segunda parte elas cambiaron o sistema e costounos atoparnos os primeiros 15 minutos, nos que elas estiveron máis intensas e con máis dominio. Facemos trocos e tentamos volver xogar entre liñas e dominar ao rival con balón, como así sería.
Tivemos ocasións por medio de Oli, B, Yaiza, Espasandín e Barcia coas suas internadas por banda pero parecía que o balón non quería entrar, ata que apareceu a máxia da zurda vimiancesa para deleitarnos cun pase por enriba das centrais, que deixaba a Olalla soa e batía a porteira con moita sangue fría.
Partido completísimo de todas a liñas, que podería ser o mellor da tempada. +3, gran finde semana das nosas“.
Goles : 1-0, Olalla, (27´); 1-1, Sabela, (40´); 2-1, Olalla, (82´).
Incidencias : O colexiado Pablo Rama, expulsou con vermello direto o adestrador do Torodoia Iván Castro, (83´), e no desconto final a sua xogadora Silvia Soto.
-CLASIFICACIÓN-
1º *SCD Pastoriza : 32 puntos
2º Orzán SD B : 29 puntos
3º SD Tordoia : 29 puntos
4º *Xallas FC : 29 puntos
5º *UD Carral : 23 puntos
6º *UC Cee : 21 puntos
7º *Sporting Burgo : 20 puntos
8º CF Dumbría : 18 puntos
9º *Brexo Lema SD : 16 puntos
10º CD Lugo B : 15 puntos
11º PM Friol B : 13 puntos
12º UDJ Almeiras : 12 puntos
13º Orillamar SD : 10 puntos
14º Cultural Maniños : 8 puntos
15º Sporting Meicende : 7 puntos
16º Silva SD : 5 puntos
* Os equipos con asterisco teñen un encontro menos xogado.
-PREVIA-
-14ª Xornada-
-22/12/2024-
Xallas FC–SD Tordoia, ás 16:30 horas
UDJ Almeiras–CF Dumbía, ás 16:30 horas
CD Lugo B–Orillamar SD, ás 16:30 horas
Sporting Meicende–Silva SD, ás 17:00 horas
SCD Pastoriza–PM Friol B, ás 16:30 horas
Sporting Burgo Orzán SD B–, ás 16:30 horas
UC Cee–Cultural Maniños, ás 16:30 horas
UD Carral–Brexo Lema, ás 16:30 horas
AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres.
-Foto : arquivo Bergantiños FC
-Texto : Xosé Búa “Pirata/adestradores