1ª GALICIA A COSTA/SANTIAGO GRUPO 2B
Xornada redonda para o Mazaricos cos pinchazos de Negreira e Tordoia.
12ª Xornada
Domingo 22 de Xaneiro 2022
Soneira SD 1-1 SD Tordoia
Hora : 16:30
Campo : “Municipal de Vimianzo”
Colexiado : David Castreje Ferrío. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos locais, e 1 aos visitantes.
Duro oso de roer o que visitaba aos vimianceses, o lider, que viña de ca moral alta trala vitoria a semana pasada ante o Negreira, máximo favoritpo, sobre o papel, a levarse a liga, pero que caia esta xornada ante o Baio, (0-1), o que posibilitaba a escapada dos tordoieses, pero topouse cun Soneira moi serio que se adiantaba ao fío do descanso cun tanto de Adrián Lema, (44´). Con este resultado íase ao descanso. Xa na segunda metade o lider apretaba e conseguía igualar no 63 por medio de Rubén Fraga. Con este resultado os soneiráns seguen sen engancharse a parte alta e fan que o Mazaricos iguale a 25 puntos cos de Tordoia, coliderando a liga.
CF Dumbría 2-2 SD Ponteceso
Hora : 16:30
Campo : “O Conco”, (Dumbría)
Colexiado : Hiran Hismel Dopico Pérez. Amosoulle 1 cartón amarelos aos locais, e 31 aos visitantes.
Parecía que os dumbrieses ían a levarse o derbi costeiro, cando se poñían aos 25 minutos de xogo cun craro 2-0, con goles de Mario Insua, (6´e 15´), pero reaccionaban os da Vila de Pondal que acurtaban na primeira metade por medio de Luca, (23´) e igualaban aos 10 minutos da reanudación, cun tanto de Abel. Ata o final o choque tivo a incertidume do resultado, pero este non se movería.
SD Negreira 0-1 CD Baio
Hora : 16:30
Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira)
Colexiado : Miguel Teijeiro Fernández. Amosoulle 1 cartón amarelos aos locais, e 4 aos visitantes.
Unha gran xogada de equipo culminada por Martín MC, no minuto 20 de xogo, deulle os 3 puntos a un Baio moi serio, que comprime a parte alta e pono as portas dos postos de promoción, a 1 punto dos nicranienses, que ocupan o terceiro chanzo da liga, pero estes cun encontro menos.
Vitoria do Mazaricos ante un duro Belvís.
Mazaricos CF 2-1 CD Belvís
Hora : 16:30
Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)
Colexiado : Ángel Acuña Piñeiro. Amosoulle 1 cartón amarelos aos locais, e un vermello direto ao seu preparador de porteiro, Eduardo Teira, e 1 amarelo, e un vermello dreto o delegado do equipo, Juan Manuel Vázquez, por parte dos visitantes.
Choque xogado de poder a poder, no que os visitantes pegaron primeiro cun tanto de Jesús de Belén, (19´), pero a resposta foi rápida por parte dos mazariquenses, que empataban por medio de Mario Núñez, 10 minutos despois. Co empate íanse os equipos a vestiarios. Xa na segunda metade Manuel Sueiro, facía o gol da vitoria no 77, pero o choque non decaeu ata o pitido final, podendo chegar o empate, ou o gol da sentenza. Con este trunfo os de Mazaricos, empatan co lider SD Tordoia a 25 puntos, e co mesmo número de encontros xogados, e vanse a 6 puntos do Negreira, (3º), que ten un encontro menos.
O Corme foiselle o encontros no derradeiro suspiro.
Corme CF 2-3 Volantes de Baño CF
Hora : 16:30
Campo : “O Cairo”, (Corme)
Colexiado : Pedro Rodríguez Penas. Amosoulle 1 cartón amarelos aos locais, e 4 aos visitantes.
Terceira vitoria consecutiva dos de Baño, que xa miran hacia arriba, tras un comezo de liga malo. Unha vitoria épica, remontando un 2-0 en contra, no derradeiro suspiro do choque, xa que Diego Pérez, adiantaba no 19 aos cormeláns, que tralo gol de Alejo no 72, parecía que ían a sumar a segunda vitoria do campionato e abandoar o posto de pechacancelas, pero un penalti materializado por Pesco no 84, dáballes as forzas de superación necesarias, que se multiplicaban por 100, cando no seguinte ataque tralo saque de centro dos cormeláns, o propio Pesco, acadaba o empate. As pantasmas voltaron o Cairo, e no desconto Kike Riomayor, facía o definitivo 2-3, deixando os cormaléns co mel nos beizos e abatidos.
CLASIFICACIÓN
-Fotos Mazaricos-Belvís : Jorge Villar “Gorrión”
-Foto Corme-Volantes : Fin Lema
-Texto : piratasdemuxia