CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “O Camariñas escala con forza, o Muxía suma un triunfo sufrido, o Fisterra revive, o Castriz un punto de inflexión e a Esteirana na penumbra”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
12ª Xornada
Domingo 23/11/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía 1-0 Cire de Melide

SD Fisterra 3-2 CSD Arzúa

Boimorto CF 2-2 SD Castriz

SCDR Esteirana 1-4 Vizoño SD

Camariñas FC 3-2 Club do Mar

CRÓNICA XERAL

A 12ª xornada deixou sensacións opostas para os equipos da Costa, aínda que mellores que en semanas anteriores. O Camariñas segue en clara liña ascendente e escala ata a cuarta posición tras outra gran actuación de Djibril, autor dun hat-trick. O Muxía logrou unha vitoria moi traballada nun choque durísimo ante un Melide moi competitivo. O Fisterra, ao fin, atopou un inportante trunfo no Ara Solis que lle dá aire na clasificación.

O Castriz conseguiu rescatar un punto ante un dos equipos chamados a loitar polo ascenso o Boimorto nun partido no que chegou moi xusto de efectivos, mentres que a Esteirana volveu sufrir unha derrota dura e segue afundida no fondo da táboa.

CRÓNICAS

CF Muxía 1-0 Cire de Melide

Sergio “Pataca”, adestrador do CF Muxía:

“Partido moi disputado, ante un dos rivais que máis me gustaron do que vai de liga. Estivemos espesos en moitas fases do encontro. Resistimos a primeira parte co vento en contra, na que Iván realiza dúas intervencións desas que dan puntos.
Na segunda estivemos algo mellor e, co vento a favor, fomos capaces de poñer o Melide no seu campo. Nun córner conseguimos marcar o único tanto do partido, aguantando ata o final sen pasar moitos apuros.”

Goles:

1-0, Fran Moreira (63’).

SD Fisterra 3-2 CSD Arzúa

Goles:

  • 0-1, m.13: Brais Pedreira

  • 1-1, m.50: Isaac Fábregas

  • 1-2, m.65: Maikel Mouzo (p.p.)

  • 2-2, m.77: Adrián Makaay (penalti)

  • 3-2, m.90: Adrián Makaay (penalti)

Incidencias:

  • Expulsado Noé (Fisterra) con dobre amarela no 95’ (levaba só 3 minutos no campo).

  • Expulsado Adrián Mosteiro (Arzúa) con vermello directo no 90’.

Boimorto CF 2-2 SD Castriz

Miguel Chouza, (adestrador do SD Castriz) : 

“Partido que se nos presentaba moi complicado, contra un gran rival e máis no seu campo de herba natural que con choiva acábase convertindo nun barrizal e no que saben desenvolverse moi ben. A maiores chegamos moi mermados, cun solo xogador no banquillo e varios do campo con molestias físicas.

Foi moi superior o Boimorto na primeira media hora, na que non fomos quen de adaptarnos ás condicións do campo. Puxéronse 2-0 e puideron anotar algún máis. Pouco despois do segundo gol deles, tras varios rexeites nun balón colgado á área, Josiño anotaría o 2-1, que supuxo un claro punto de inflexión do encontro. A nós dounos confianza e ó Boimorto entráronlle as dudas. De aí ó descanso nivelouse o xogo.

A segunda parte foi moi bonita de ver, cos dous equipos dándoo todo sobre o campo embarrado. O Boimorto non especulou en ningún momento co resultado e o partido convertiuse nun xogo de ida e volta no que ambos dispuxemos de varias ocasións claras de gol. Xa no desconto, nun córner, Alemán anotaría de cabeza o empate.”

Goles:

  • 1-0, m.21: Borja Casal

  • 2-0, m.30: Borja Casal

  • 2-1, m.33: José Rey

  • 2-2, m.91: Gesto

O Castriz chegou ao Carballal con só 14 xogadores e aínda así conseguiu remar ata o empate cun gol no desconto, nun exercicio de carácter e supervivencia.

SCDR Esteirana 1-4 Vizoño SD

Goles:

  • 1-0, m.7: Ánxo

  • 1-1, m.33: Miranda

  • 1-2, m.61: Jesús Ois (penalti)

  • 1-3, m.85: Miranda

  • 1-4, m.91: Diatta

A Esteirana comezou mandando, pero o Vizoño reaccionou con forza e acabou xustificando unha goleada que mantén aos locais nunha situación extremadamente complicada.

Mario Suárez, (esq) nun intre do encontro.

Camariñas FC 3-2 Club do Mar

Goles:

  • 0-1, m.18: Alberto Díaz

  • 1-1, m.41: Djibril

  • 2-1, m.48: Djibril

  • 3-1, m.51: Djibril

  • 3-2, m.83: Tiago

Djibril, un dos mellores goleadores da Costa, volve polos seus fueros e xa suma 6 goles en 11 encontros. Os de Juan Cabrejo dan un salto enorme na táboa, situándose cuartos con 20 puntos.

CLASIFICACIÓN 

1º Bertamiráns : 24 pts
2º Calo : 23 pts
3º Cacheiras : 21 pts
4º Camariñas : 20 pts
5º Arzúa : 19 pts
6º San Lorenzo : 19 pts
7º Vizoño : 18 pts
8º Boimorto : 18 pts
9º Praíña : 17 pts
10º Club do Mar : 17 pts
11º Queixas : 17 pts
12º Muxía : 17 pts
13º Tordoia : 16 pts
14º Cire de Melide : 15 pts
15º Fisterra : 11 pts
16º Castriz : 10 pts
17º Bastavales : 10 pts
18º Esteirana : 6 pts

PRIMEIRA FUTGAL G2
13ª Xornada
Domingo 30/11/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

Bastavales UD CF Muxía

Cire de Melide – SD Fisterra, ás 17:00

Club do Mar  SCDR Esteirana, 

SD Castriz Camariñas FC, ás 17:00

-Foto Camariñas : Dulce Corcu

-Fotos Muxía : Marina Busto

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”