LIGA DA COSTA
12ª xornada
Domingo 14/12/2025
CF Corme 1-2 UD Monte Louro
CD Muros 2-1 Sporting Zas
SD Sofán “B” 1-5 UD Corcubión
Soneira SD 2-2 Outes FC
Xallas FC 0-2 SCD Malpica
CF Mazaricos 0-5 CF Porteño
CD Baio 1-1 Ponteceso SD
SD San Lorenzo 2-1 Cabana SD
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
As crónicas están abertas e segundo nos cheguen máis comentarios dos colaboradores iremos subíndoas o respectivo encontro.
CRÓNICA XERAL
O San Lorenzo mantén o liderado nunha xornada con duelos directos e goleadas.
A 12ª xornada da Liga da Costa deixou emoción, cambios na clasificación e varios resultados contundentes. O San Lorenzo segue firme no liderado tras un triunfo sufrido ante o Cabana, mentres que o Malpica asaltou Fontenla nun encontro clave polo ascenso. O Corcubión ven de maneira ascendente e asinou unha das goleadas da xornada cunha segunda metade para o recordo en Sofán, e na outra o Porteño pasou por enriba dun Mazaricos cada vez máis afundido na táboa. Pola parte baixa, o Monte Louro colle aire en Corme e o Soneira confirma a súa melloría cun empate ante un dos aspirantes.
CRÓNICAS
CF Corme 1-2 UD Monte Louro
Partido marcado pola necesidade de ambos conxuntos. O Corme segue sen atopar o camiño da regularidade e suma só unha vitoria nas últimas cinco xornadas. Pola súa banda, o Monte Louro rompeu unha xeira negativa de tres derrotas consecutivas e colle folgos na loita pola permanencia.
Goles:
-
0-1, Adrián (21’)
-
0-2, Javier Caamaño (35’)
-
1-2, Borja Torrado (48’)
CD Muros 2-1 Sporting Zas
Duelo directo pola zona baixa no que o Muros soubo sufrir e golpear nos momentos clave. Os de Muros encadean a segunda vitoria consecutiva e colócanse na zona media da táboa, abrindo unha fenda de seis puntos sobre o descenso. O Zas continúa nunha dinámica negativa con só unha vitoria nos últimos seis encontros.
Goles:
-
1-0, Ramón Lago (23’)
-
2-0, Daniel Fernández (79’)
-
2-1, Iván Redondo (92’)
Rubén Forján, (adestrador do Sporting Zas) :
“Partido de necesitados o que se viviu en Muros, con dous equipos inmersos na loita por escapar da zona baixa da clasificación e con dinámicas de resultados moi semellantes. O encontro comezou cun Sporting Zas algo máis entoado, xerando o primeiro achegamento á portería local, aínda que sen a chispa nin a claridade necesarias para transformar as ocasións dentro da área.
Co paso dos minutos, o Muros foi atopando nas transicións a súa principal arma ofensiva. Así chegou o primeiro tanto do partido: un auténtico golazo desde uns 40 metros, cun disparo lonxano que sorprendeu á defensa e abriu o marcador. O gol deu ás ao conxunto local, que a partir dese momento dispuxo de novas chegadas con perigo, aínda que sen acerto no remate, chegando ao descanso co 1-0 no electrónico.
A segunda metade mantivo o mesmo guión. O Zas intentaba atopar espazos na defensa do Muros, mentres os locais continuaban apostando polas transicións rápidas. Daniel dispuxo de varias ocasións claras e, xa no minuto 80, culminou unha delas para facer o 2-0, un gol que parecía sentenciar o encontro.
Lonxe de renderse, o Sporting Zas adiantou liñas e meteu máis presión nos minutos finais. Xa no tempo engadido, o equipo visitante recortou distancias co 2-1, un tanto que lle devolveu emoción ao partido pero que non chegou para evitar a derrota do Zas.”
SD Sofán “B” 1-5 UD Corcubión
Tras unha primeira metade moi igualada na que o Sofán adiantouse nun saque de esquiña, pasouse a unha segunda parte na que apareceu a figura de César Lojo, que revolucionou o encontro con tres goles e liderou un Corcubión brillante, que asinou os seus mellores 45 minutos da tempada cun fútbol rápido e combinativo.
Goles:
-
1-0, Diego Rodríguez (13’)
-
1-1, César Lojo (52’)
-
1-2, César Lojo (64’)
-
1-3, César Lojo (66’)
-
1-4, Luís Lojo (74’)
-
1-5, Jon (76’)
Isidro (adestrador do UD Corcubión):
“Encontro moi igualado, en especial na primeira metade, na que se adiantaron nun córner ao aproveitar un balón morto na área. Tratamos de xogar polas bandas e tivemos ocasións, pero sen moito perigo. Eles tamén tiveron algunha chegada, pero de pouco perigo. O máis xusto sería un empate ao descanso.
Na segunda metade entrou César Lojo, que chegara xusto para xogar, e nunha falta colocou o balón a unha banda e a partir de aí foi un vendaval dos nosos, con tres goles de César Lojo. Xogamos moi ben ao fútbol, penso que foron os mellores 45 minutos da tempada, con ritmo alto e xogo moi combinativo, aproveitando as segundas xogadas, en especial unha de Ce que manda ao pau e entra para dentro.
Sen tempo a nada, un centro de Jon que lle dá a Luís Lojo e fai un golazo pola escadra. Eles tiveron un penalti, que para min non foi, e parou Bruno. Dende o 1-2 fomos moi superiores, pero tiveron unha moi boa ocasión despois dese 1-2 que, se chega a entrar, podería ter cambiado o encontro”.
Soneira SD 2-2 Outes FC
Encontro moi trabado, con moita intensidade e numerosas interrupcións, especialmente na segunda metade, na que se amosaron ata oito cartóns. O Soneira confirma a súa melloría tras dúas xornadas sumando, cedéndolle o posto de colista ao Mazaricos e demostrando que pode competir ante equipos da zona alta.
Goles:
-
1-0, Adrián Lema (46’)
-
1-1, Adrián Caamaño, de penalti (57’)
-
1-2, Sergio Martínez (85’)
-
2-2, Sergio Suárez (87’)
Xallas FC 0-2 SCD Malpica
Sen dúbida, o encontro da xornada. O Malpica chegaba obrigado a gañar tras perder o liderado e non fallou ante un Xallas que tamén se xogaba moito. A vitoria permite aos malpicáns colocarse segundos, mentres que o Xallas cae ata a quinta praza.
Goles:
-
0-1, Saydou (32’)
-
0-2, Cristian (42’)
Bruno Prego, (adestrador do Xallas FC):
“O equipo comezou o encontro cunha gran intensidade e foi claro dominador durante os primeiros 30 minutos, propoñendo xogo, acumulando ocasións e levando o control do ritmo. Sen embargo, nos últimos 15 minutos da primeira metade, dous erros defensivos groseiros déronnos as costas, e o rival soubo aproveitalos con eficacia para poñerse por diante no marcador (0-2).
Na segunda metade, o equipo non conseguiu reaccionar. Mostrámonos apáticos, sen claridade nin frescura ofensiva, e apenas xeramos perigo real sobre a portería rival. O marcador non se moveu, e rematamos cun sabor amargo, conscientes de que a falta de concentración nun momento clave nos custou un partido no que por tramos fomos mellores. Toca aprender, corrixir e seguir traballando”.
CF Mazaricos 0-5 CF Porteño
O Porteño non tivo piedade dun Mazaricos que segue afundido na clasificación. Os visitantes resolveron o choque con autoridade e suman tres puntos que os manteñen na zona media-alta da táboa.
Goles:
-
0-1, Baba (35’)
-
0-2, Gabriel (40’)
-
0-3, Juan Martín (52’)
-
0-4, Yuyo (83’)
-
0-5, Yuyo (89’)
CD Baio 1-1 Ponteceso SD
Reparto de puntos nun partido condicionado pola expulsión de José M. Pazos no Baio. Os locais adiantáronse cedo, pero o Ponteceso reaccionou e sacou un empate que lle permite seguir na zona nobre da clasificación.
Goles:
-
1-0, José Pazos (6’)
-
1-1, Daniel Rodríguez (30’)
Incidencias: Expulsado José M. Pazos (Baio) por dobre cartón (25’ e 73’).
SD San Lorenzo 2-1 Cabana SD
O líder tivo que sufrir ata o último intre para sumar os tres puntos. O Cabana adiantouse xusto antes do descanso, pero o San Lorenzo reaccionou na segunda metade e levou o triunfo cun gol no tempo engadido.
Goles:
-
0-1, Simón (44’)
-
1-1, Iago López (52’)
-
2-1, Javier Pérez (90’)
Incidencias: Expulsado con vermello directo o adestrador do San Lorenzo, Iván Rojo (45’).
Iván Rojo, (adestrador do SD San Lorenzo) :
“O San Lorenzo conseguiu unha vitoria de moito mérito ante o Cabana nun partido que se puxo costa arriba xusto antes do descanso.
O conxunto visitante adiantouse cun gol de falta no minuto 45, co que se chegou ao tempo de lecer co 0-1 no marcador.
Na segunda metade, o SanLo saíu decidido a darlle a volta ao encontro e no minuto 52 chegou o empate, Iago anotou de cabeza para os locais. A partir de aí, o xogo estivo marcado por numerosos paróns, que dificultaron a continuidade e o ritmo do partido.
A pesar diso, o San Lorenzo non deixou de intentalo e buscou o gol da vitoria ata o final. O premio chegou no minuto 90, cando Javi marcou o tanto que desatou a ledicia e confirmou unha gran remontada.”
GOLEADORES
1º Daniel Fernández, (Muros)– 11 goles en 10 encontros
2º Javier Pérez, (San Lorenzo) – 10 en 11
3º Sergio Martínez, (Outes) – 10 en 11
4º *César Lojo, (Corcubión) : 10
*Na listaxe da Federación a César Lojo non lle teñen postos os 3 goles que lle fixo o Malpica.
CLASIFICACIÓN
1º S.D. San Lorenzo – 26 pts
2º S.C.D. Malpica – 24 pts
3º C.D. Baio – 23 pts
4º Outes C.F. – 21 pts
5º Xallas F.C. – 20 pts
6º U.D. Corcubión – 19 pts
7º Porteño C.F. – 18 pts
8º Ponteceso S.D. – 18 pts
9º C.D. Muros – 16 pts
10º Corme C.F. – 15 pts
11º Cabana S.D. – 14 pts
12º U.D. Monte Louro – 13 pts
13º S.D. Sofán “B” – 12 pts
14º Sporting Zas – 11 pts
15º Soneira S.D. – 10 pts
16º Mazaricos C.F. – 10 pts
LIGA DA COSTA
13ª xornada
Domingo 21/12/2025
UD Corcubión – Soneira SD
SCD Malpica – SD San Lorenzo
Cabana SD – CF Mazaricos
UD Monte Louro –Ponteceso SD
CF Porteño – CD Baio, ás 16:00
CF Corme – CD Muros, ás 16:30
Sporting Zas – SD Sofán “B”, ás 16:30
Outes FC – Xallas FC, ás 17:00
(Os horarios son oficiosos os definitivos poñerémolos na nosa AXENDA PIRATA da fin de semana)
Os comentarios dos adestradores son propios e intrasferibles dos propios protagonistas polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Soneira : Lolita Campaña
-Foto Corcubión : Isidro Trillo





