CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª XDA DA LIGA DA COSTA : “APRÉTASE A LISTA DE PERSEGUIDORES DO LIDER QUE SE DISTANZA UN PUNTO MÁIS”.

O Monte Louro non pasou do empate ante o veciño Muros.

 

O Camariñas derrotaba o sábado ao Corcubión nun choque trepidante que acabaou 2-3 pero que puido ter moitos máis goles por parte de ambis equipos e no que os corcubioneses ata erraron duas penas máximas. Este trunfo unido o empate do Baio ante o Corme, fai que os camariñáns aumenten a 5 a sua ventaxe co segundo que pasa a ser o Xallas que derrotaba a domicilio ao Coristanco noutro encontro “tolo”, se cabe este máis ca o vivido no Novo Cubaleiro pois os xalleiros chegaron a ir gañando 1-6 e acabaron pedindo a hora, (5-6). Desaproveitou o Monte Louro a ocasión de poñerse segundo o non pasar do empate no derbi co Muros, no que o ambente estivo nas gradas e non no terreo de xogo, (0-0). Un solitario gol de Richi, sobre o Cabana válelle ao Soneira para arrimarse a loita de arriba. Por abaixo había un duelo direto , o que enfrontaba ao Cee e ao Outes e a pesares de telo de cara o equipo ceense que gañaba por 2-0 acabou entregando armas ante os outeses que gañaban por 2-3. Foi a única vitoria dos 6 da zona de perigo na que Muros e Mazaricos sumaron un punto nas suas visitas a Louro e Ponteceso respectivamente.

Coma acotío as crónicas iremos completándoas segundo nos cheguen máis comentarios dos adestradores ou colaboradores de equipos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

Xornada suspendida

Antre o vindeiro venres 6 de Nadal e o Domingo día 8, xogaranse 4 dos encontros que foron suspendidos polo temporal Brest o pasado 24 de Novembro correspondentes a 11ª xornada. Hai un que se pospón para o vindeiro 28 de Nadal, (Día dos Santos Iñocentes), e outros 3 xa se xogaron. O final das crónicas tes toda a información cos enfrontamentos e horarios.

GOLEADORES

O podio dos goleadores da competición está encabezado por Djiril, (Camariñas FC), con 15 goles, (4 de  penalti), seguido por Martín “MC”, (CD Baio), con 9, (2p), e completan o podio, Alberto “Vía”, (Soneira SD), César Lojo, (UD Corcubión) e Mario Suárez, (Camariñas FC), os tres con 8 dianas.

 

LIGA DA COSTA

-12ª Xornada-

-01/12/2024-

SD Coristanco 5-6 Xallas FC

UD Corcubión 2-3 Camariñas FC, CRÓNICA

CD Baio 2-2 Corme CF

Soneira SD 1-0 Cabana SD

UD Monte Louro 0-0 CD Muros

UC Cee 2-3 Outes FC

CF Porteño 4-0 CF Lira

Ponteceso SD 2-2 CF Mazaricos

 

-CRÓNICAS-

 

SD Coristanco 5-6 Xallas FC

Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido complicado ao que chegamos coa plantilla mermada por lesións e decisións técnicas, pero afrontámolo con moita ilusión e cas gañas de ir a polos tres puntos coma sempre. Sabíamos que ía a ser complicado, campo de dimensións pequenas e os rivais tamén dan sempre algo máis contra nós, métenlle máis gañas. Saimos co sistema habitual e a primeira metade deusenos moi ben co 4-2-3-1, ainda que o primeiro fallamos pases claros, nun campo no que tes que utilizar máis o fútbol direto con balóns longos.

Puxemos a Sergio Barbeira na punta, un xogador que as sabe baixar ben o balón e xogar de espaldas e de feito fai o primeiro gol que nos dou esa tranquikidade e a partires de aí foi un monólogo do Xallas, no cal ainda erramos varias ocasións claras. Fomos o descanso co encontro dominado e gañando os duelos. Igual os trocos que fixemos foron demasiado pronto, esperábamos que os que entraban ían a facelo ben, que son totalmente válidos que temos unha plantilla moi completa e compensada e sabemos que calquera dos que entrarn o poden facer igual cos que están no campo.

Igual co resultado que era de 1-6 se baixa o ritmo e tras varios erros defensivos e falla de concentración comezamos a encaixar goles, tal e como tíñamos o partido algo que a min faime ter un sabor amargo. Unha vitoria cun saber moi amargo, hai dias coma o de hoxe que che fan sentir mal, namentras que outras veces perdendo saes contento do que ves. Eles puxeron 3 xogadas calcadas con pases en profundidade e cunha moi boa actitude, cun alto porcentaxe de acerto, e cos trocos xa feitos e o cansanzo e a partires do 3-6 entrounos o canguelo.

Por querer cumprir con todos aproveitas a meter xente que está entrenado moi ben e que merece xogar…calquera merece xogar,  incluso os que quedaron fora. O Coristanco quedou cun menos pero os nervos apoderáronse dos xogadores e esto fixo que fose un “run, run”, tíñamos o equipo roto, e igual cando saen mal as cousas hai que ler mellor o partido aguantar un pouco máis e darlle tranquilidade amarrando máis atrás, pero corrían as presas, non soubemos facer faltas, e parar o rival.

O final quedarse co positivo que foron os 3 puntos e seguir remando e traballar duro no adestramento e correxir este tipo de defectos que tivemos de concentración e ter presente que indo 1-6 casi perdemos os puntos, e dicir que para nós os técnicos tamén é un aprendizaxe este tipo de situacións””.

Goles : 0-1, Sergio Barbeira, (22´); 0-2, Belarmino, (29´en propia porta); 0-3, Adrián, (37´); 04, Adrián, (45´+ 1); 1-4, Alejandro, (47´); 1-5, Yago, (49´); 1-6, Yago, (51´); 2-6, Alejandro, (59´); 3-6, Kevin, (61´); 4-6, Jonathan, (66´); 5-6, Yago, (87´en propia porta).

Incidencias : O colexiado David Vázquez, expulsou con vermello direto o coristanqués Jonathan Fraga.

 

CD Baio 2-2 Corme CF

Félix Raposo, (Adestrador do Soneira SD) : “Partido cun inicio moi bo por parte do CD Baio que fixo adiantarnos no 1-0 nunha gran xogada colectiva. A partir de aí e por mor das precipitacións non tivemos control do xogo, e nun desaxuste na fase de inicio consegue o Corme igualar o marcador. Segunda parte para felicitar os xogadores e oa entrada no descanso de Josiño, Mamadou e Rubén fumos quen de revolucionar encontro e controlar partido con moita chegada e sen apenas intervir o noso porteiro Rodri.

Temos que quedarnos con esas boas sensacions e desde ese principio seguir automatizando e axustando para conseguir asi ser diferenciais no marcador final”.

Goles : 1-0, Víctor, (10´); 1-1, Yago, (30´); 1-2, Aitor, (58´); 2-2, Martín MC, (68´).

 

Soneira SD 1-0 Cabana SD

Óscar “Mingui”, (Adestrador do Cabana SD) : “Primeira parte na que o Soneira estivo mellor con balón e levando o peso do partido, sobre todo na primeira media hora, donde se adiantaron con un gol de Richi. Nos tamén tivemos unha ocasión clara pero non estivemos acertados.

Na segunda parte saimos a buscar o empate e tivémolo moi preto nos primeiros minutos con 2 ocasións moi claras nas botas de Castro e Ferreiro, pero non nos entraron.

Na última media hora nós levamos o peso do partido tendo varias ocasións para empatar por medio de Manu e Ferreiro sobre todo pero o Soneira tamén tivo varias contras para facer o segundo…Xogamos con : Manuel, Noé, David, (Leis), Ferreiro, Aarón, Fernando, Hugo, (Mario), Migueliño, (Miki), Castro, (Pablo), e Manuel, (Crístian).

Goles : 1-0, Richi, (17´).

 

 

UD Monte Louro 0-0 CD Muros

Crónica do FaceBook do UD Monte Louro :Partido no que o fútbol brillou pola súa ausencia. Na primeira metade partido de moito choque pero con moitas impresicións por ambas partes. Na segunda parte máis do mesmo, moita intensidade pero con pouco fútbol asociativo. Reclamamos un penalti claro sobre Álvaro Farinós Cruz pero o árbitro non tivo a ben pitalo. E asi rematou o partido. A pesares do pouco fútbol queremos agradecer o esforzo dos nosos xogadores e como nota positiva que seguimos sumando unha semana máis.

Hoxe estivemos de estrea con uns chuvasqueiros moi chulos que nos fixo Area Maior (peixes e mariscos). Moitas grazas!!!. Queremos agradecer a presenza de tant@s afecciond@s con un gran comportamento. Vamos Louro!!!”.

Goles : 0-0

 

Soneira SD 2-4 Outes FC

Goles : 0-1, Nicolás, (24´); 0-2, Sanchiño, (51´); 0-3, Sergio, (52´); 0-4,Nicolás, (55´); 1-4, Alberto “Vía”, (68´); 2-4, Ricardo, (79´).

Incidencias : O colexiado Roberto Baña, expulsou con dobre cartón, a Ezequeil, (67´e 67´).

 

UC Cee 2-3 Outes FC

Goles : 1-0, José Lago, (1´); 2-0, Ezequiel, (5´); 2-1, Sanchiño, (39´); 2-2, Nicolás, (58´); 2-3, Sergio, (69´).

 

CF Porteño 4-0 CF Lira

Goles :1-0, Pardiñas, (27´); 2-0, Yuyo, (71´); 3-0, Andrade, (76´); 4-0, Yuyo, (87´).

 

Ponteceso SD 2-2 CF Mazaricos

Goles : 1-0, Camilo, (35´); 1-1, Bryan, (72´); 2-1, Eloy, (78´); 2-2, Marcos, (88´).

 

-CLASIFICACIÓN-

-12ª Xornada-

 Camariñas CF : 29 puntos

  Xallas FC : 24 puntos

 *CD Baio : 24 puntos

 UD Monte Louro : 23 puntos

SD Soneira : 22 puntos

 CF Porteño : 18 puntos

 Ponteceso SD : 15 puntos

 *Cabana SD : 14 puntos

 Corme CF : 14 puntos

10º Outes FC : 10 puntos

11º SD Coristanco : 11 puntos

12º CF Lira : 11 puntos

13º UD Corcubión : 11 puntos

14º CF Mazaricos : 10 puntos

15º CD Muros : 9 puntos

16º UC Cee : 5 puntos

* Os que teñen asterisco teñen un encontro máis xogado.

 

PREVIA SUSPENDIDOS

-11ª Xornada-

-24/11/2024-

Camariñas FC-SD Coristanco, 08/12 ás 16:30 horas

Corme CF-UD Corcubión, 28/12 ás 16:30 horas

Cabana SD 1-1 CD Baio

CD Muros-Soneira SD, 06/12 ás 16:30 horas

Outes FC-UD Monte Louro, 08/12 ás 16:30 horas

CF Lira 3-0 UC Cee

CF Mazaricos-CF Porteño, 08/12 ás 16:00 horas

Xallas FC 4-1 Ponteceso SD

 

 

-PREVIA-

-13ª Xornada-

-15/12/2024-

SD CoristancoUD Corcubión, ás — horas

Camariñas FC-CD Baio, ás — horas

Corme CFSoneira SD, ás — horas

Cabana SD-UD Monte Louro, ás — horas

CD MurosUC Cee, ás — horas

Outes FC-CF Porteño, ás — horas

CF LiraPonteceso SD, ás — horas

Xallas FC-CF Mazaricos, ás — horas

******

AVISO : As manifestacións dos adestradores son propias baixo a sua visión do acontecido no terreo de xogo, polo que piratasdemuxia.es non se responsabiliza das mesmas.

 

-Fotos : Edu Olveira

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies