CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “A ESTEIRANA QUE DESCANSABA PERDE O LIDERATO E CAEN DERROTADAS AS RAPAZAS DO OUTES E MIÚDAS”.

Xornada que completaba a primeira volta e que fora adiada o 26 de Xaneiro por un forte temporal con ventos que superaron aquel día en algunha zona os 160 Kms/h e na que só se xogaran dous encontros, tal e como xa vos informamos. Un deses encontros era o que xogaba a Esteirana co Catoira, (18-0), xa que se disputou o día anterior o temporal, polo que as de Esterio descansaban nesta fin de semana de “Entruido”. Sí que xogaron os outros dous equipos costeiros e sufrían sendas derrotas. O As Miúdas caía por 0-4 ante o novo lider, Céltigas FC Féminas que desbanca da primeira praza as rapazas da Esteirana e o Outes plantáballe cara o Chispa, (5º), a pesares de caer por 3-0.

GOLEADORAS

 Rut Castro, (Esteirana), sigue e seguirá liderando con amplitude a táboa das “Ada Heberberg” da liga, con 43 tantos en 15 choques, un deles de penalti. A segunda no podio a sua compañeira de equipo, Bárbara Caamaño, suma 30 en 15 encontros. Na RFGF aparece con 29 xa que a mala xestión na redacción do acta arbitral fai que non se lle otorgue un dos goles. De non reclamar o equipo esteirán poñeremos o que dín os “mandamás”. Na terceira praza das goleadoras está e Laura Gómez do Taragoña que marcou 3 nesta xornada e suma 26 en 15 encontros.

 

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-12ª Xornada-

-02/03/2025-

SD Chispa 3-0 Outes FC

EFMC Boiro B 1-1 Juventud Cambados

CD Rois 4-0 EFF Sonnoia Portus Apóstoli

ED As Miúdas 0-4 Céltiga FC Féminas

SCDR Esteirana 18-0 Catoira SD

CCD Taragoña 6-1 CD Mosteiro

Milladoiro SD 2-5 Bastavales UD

 

-CRÓNICAS-

O Outes plantoulle cara o Chispa.

 

SD Chispa 3-0 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Partido de carnavais que por mor de casos de gripe na plantilla chegábamos con varias baixas pero ainda así puidemos competir bastante ben contra un equipo divertido de xogar como é o das rapazas do Chispa.

Empezamos aguantando ben colocadas ata unha internada que por moi pouco non logra parar Lía. O resto da primeira metade foi un cambio de posesión constante entre os dous equipos, con un gran desgaste para algunha xogadora nosa que non estaba o 100%.

A volta do descanso entraron mellor elas e recibimos o segundo, pero este contratempo nos dou forzas para apretar máis e chegar a provocar un penalti, que o día non se puxo de cara e Erika lanzouno moi ben pero deu no pau.

Continuamos co encontro bastante disputado ata o final onde nos colleron nunha contra e marcaron para rematar o encontro. ç

Primeira volta pechada con este partido e volvemos a centrarnos a tope no Taragoña deste vindeiro domingo”.

Goles : 1-0, Yolanda, (15´); 2-0, Mariantonella, (47´); 3-0, Carla, (82´).

 

ED As Miúdas 0-4 Céltiga FCF

Non vos podemos dar a crónica do encontro das Miúdas xa que non temos colaboración a pesares de habelas pedido nos inicios, pero chega a un momento que non podes molestar. É unha pena tendo en conta do moito que vos informamos deste equipo xa desde o momento en que tan só era un xerme ata que se convirteu nunha realidade e logo a sua traxectoria ata o día de hoxe. Esto vai só para explicar que se non as poñemos non é por nós e non hai prefrenza cos demáis.

Está aberta a posibilidade de facernos chegar os comentarios dos encontros así coma fotos tanto por parte de calquer adestrador, diretivo, xogadora ou afeccionado/a. Abaixo de todo están as diferentes maneiras de contactar connosco, así coma nas nosas redes sociais.

Goles : 0-1, Patricia, (9´); 0-2, Cristina, (38´); 0-3, Patricia, (63´); 0-4, Patricia, (75´).

 

-CLASIFICACIÓN-

Céltiga FC : 46 puntos

 SCDR Esteirana : 43 puntos

 CCD Taragoña : 35 puntos 

 SD Chispa : 33 puntos

 Juventud Cambados : 31 puntos

6º EFMC Boiro B : 22 puntos

 ED As Miúdas : 22 puntos

 CD Mosteiro : 22 puntos

 CD Rois : 21 puntos

10º Outes FC : 16 puntos

11º Bastavales UD : 13 puntos

12º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 11 puntos

13º Milladorio SD : 9 puntos

14º Catoria SD : -3 puntos

 

-PREVIA-

-18ª Xornada-

-09/03/2025-

SD Chispa-Catoira SD, ás 12:00 horas

CD Mosteiro-Céltiga FC Féminas, ás 18:30 horas

Bastavales UDEFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 18:45 horas

Milladoiro SD-Juventud Cambados, ás 19:30 horas

CCD Taragoña-Outes FC, ás 19:00 horas

SCDR Esteirana-EFMC Boiro B, ás 12:00 horas

ED As Miúdas-CD Rois, ás 18:00 horas

 

AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Foto Outes : Dani Salgueiro

Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Comentarios : Os adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies