O Corme adicoulle o trunfo a ster e Suso que foron papás horas antes.
Tal e como vos adiantamos e vos informamos en varias ocasións nas crónicas e nas previas, esta pasada fin de semana de “Entruido” xogábanse os encontros suspendidos o pasado 26 de Xaneiro polo forte temporal que azotou o noso pais ese día.
Aquí tes todo o que deron de si estes encontros na voz dos adestradores así coma a clasificación, xa ca primeira volta completa e a previa da vindeira xornada na que xa se xogou un encontro o Cabana 3-0 Mazaricos.
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), marcou 2 esta xornada e xa suma 35 goles en 16 encontros disputados, e no segundo posto a muxiana Patri Romaní, (CF Muxía), que sumou un nesta xornada e ten 19 materializados en 15 choques, e pechando o podio, Barca Toba, (CF Muxía), que suma 14, (5 p) en 9 encontros, (a máis de 1´5 goles por partido desde que volveu trala sua grave lesión de xeonllo). Carla Pose, (Corme CF), acompaña a muxiana no terceiro chanzo con 14 dianas en 15 choques, (2 p).
AVISO : Estamos abertos a recibir comentarios dos encontros por parte dos adestradores, xogadoras, colaboradores dos clubes, ou diretivos, ou tamén fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047, e que sempre quede claro que non poñemos duns e doutros non, poñemos as dos que queren colaborar mandándonolas cada semana, cousa que agradecemos en beneficio de dar relevancia e visibilidade o noso fútbol.
3ª GALEGA FEMININA G2
-16ª Xornada-
(23/02/2025)
CF Mazaricos 2-0 SD A Baña
Sporting Zas 0-4 Bergantiños CF B
Corme CF 8-0 SD Fisterra
Soneira SD 1-5 Ponteceso SD
UD Corcubión 4-0 SCD Pastoriza B
UD Cerqueda 0-4 CF Muxía
EFCC Juan Cabrejo 1-3 Cabana SD
-CRÓNICAS-
Cabana SD 2-0 UD Corcubión
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido marcado polo forte ventó que condicionou o Xogo de ambos equipos. No primeiro tempo co aire a favor era o Corcubion quen dispoñia de mais dominio e tentaba chegar a porta do Cabana que se defendía ben e so nos minutos fináis concedía unha clara ocasión q a dianteira do Corcubion remataba fora.
Na segunda parte mudou o dominio e o Cabana aproveitou o ventó a favor pa acadar os dous tantos por medio de Valeria e Irene. As blanquiazuis adiantaron líneas en busca do empate pero as locais mostraronse seguras e sumaron tres puntos nun partido complicado“.
Xogamos con : Miriam, María, Sheila, (Aroa), Laura, Valeria (Natalie), Inma, Alejandra, (Saray), Iria, Irene (Begoña), Antia Torres, e Adriana, (Nuria).
Goles : 1-0, Valeria, (50´); 2-0, Irene, (52´).
UD Cerqueda 1-0 Soneira SD
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi peleado por parte dos dous equipos xa que estamos moi igualados en todo pero nós aproveitamos as nosas ocasións e marcamos, e a partires deso defendemos ben e incluso puidemos aumentar a ventaxe. Moi contento co traballo do equipo que dan sempre todo o que poden“.
Goles : 1-0, Saray, (7´).
Camariñanas e cormelanas saudándose no Vicente Carril.
EFCC “Juan Cabrejo” 0-3 Corme CF
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Recibimos a un lider que xa sabemos que é sólido que suma tódolos seus encontros por vitorias e ademáis contábamos con baixas, que non é excusa. Preparamos un tipo de partido no que queríamos defender ben e buscar algunha contra rápida pero o plan trastocouse cando nunha xogada sen relativo perigo nada máis comezar o partido que acabou en gol delas, pero bueno, as nosas non se viñeron abaixo e nos derradeiros cinco minutos da primeira metade caéronnos dous goles en sendos despistes. Teño que dicir que estou super contento xa que ainda que o Corme dominou o encontro nós defendemos de marabilla e sobre todo con moito vento en contra no primeiro tempo.
No segundo quixemos estirarnos buscamos algunha ocasións e conseguimos que o Corme non nos fixese dano. Super contento porque lle puidemos competir a un equipo que está arrasando. Seguir traballando e pensar xa no Muxía que para min é outro dos mellores da categorí”.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Saíamos o Vicente Carril con ganas de dedicarlle a victoria a Ester e Suso, que foran papás do noso Xalo, na madrugada previa o partido, e para eles van estes tres puntos.
Moi contento co compromiso e seriedad que se tomou o equipo o partido, quizá en canto a xogo, non fose moi vistoso, condicionsdo polo ben ordenado defensivamente que estuvo o rival, pero ainda así soupemos ter o control en todo o momento sin parar de intentar Unha e outra vez buscar portería rival os 90 min.
Vitoria, portería a cero e minutos para todas, así que salimos moi contentas dunha saida tan dura como e o Camariñas, e mais nun Domingo pola mañan de Carnaval!!!
Desearlle Unha pronta recuperación a unha xogadora do Camariñas que saeu lesionada, e que o susto de Vicente se quedara en eso, solo un pequeno susto.
Por último, gustaríame destacar a Yara, impresionoume moito todo o campo que abarca e o ben que interpreta o xogo, parabens para ela“.
Xogamos con : Lucía, Saskia, Aroa, Irene, Candela (Aurora), Olalla (Salomé), Ana (Laura), Lucía, Carla (Nati), Naroa, e Cris.
Goles : 0-1, Naroa, (5´); 0-2, Saskia, (43´); 0-3, Naroa, (43´).
CF Muxía 2-0 Sporting Zas
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido donde tivemos moito o balón contra un Zas encerrado atrás ao que nos costou atacarlle. Condicionadas polo vento en contra da Arliña na primeira parte donde teríamos algunha oportunidade pero que iríamos en táboas ao descanso.
Na segunda parte e co vento a favor xa empezaríamos a ter máis xogadas de perigo e tras un centro lateral abriría o marcador Nerea Barrientos. Gozaríamos de varias ocasións para aumentar o marcador pero tras erros e varias boas paradas da porteira non conseguiríamos marcar.
Ó 2-0 final marcaríao Patri de falta. Partido complicado de xogar por un bo traballo defensivo do equipo rival e condicionado polo vento”.
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido que chegamos con moitas baixas, e tuvemos que facer un planteamiento moi defensivo, o balón e os ataques eran continuos do Muxia pero Noelia fixo un gran partido e todo o equipo en xeral facendo grandes esforzos en axudas ante 2 xogadoras de outro nivel como Barca e Romaní, as locales tiñan algo de tensión porque non tiñan peligro atrás,pero non quería entrar o balón nos seus ataques. Ata que no 70 unha boa xogada por banda con pase da morte abrían o marcador, xa o final de partido facían o 2-0 de falta“.
Goles : 1-0, Nerea, (71´); 2-0, Patri Romaní, (86´).
SCD Pastoriza B 2-1 CF Mazaricos
Goles : 0-1, Ánxela, (17´); 1-1, Noa, (23´); 2-1, Noa, (50´).
A Baña e Ponteceso no Pinguel.
Ponteceso SD 8-0 SD A Baña
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Esta fin de semana tocaba recuperar o partido polo temporal ante A Baña, foi un partido marcado polo vento. Durante a primeira parte as de Ponteceso dominaron o xogo completamente, xa no minuto 3 Laura Berdeal abriría o marcador e as de Curro xa irían ao descanso gañando 7-0 tras os goles de Virginia (2), Oanes, Andrea (2) e Myre co partido xa sentenciado e agradando a aficción local cun bo xogo.
Xa na segunda parte e co vento en contra foi un pouco máis complicado o xogo, a Baña tería máis aproximacións a área das locais pero sen xerar apenas perigo,e donde as de Curro se farían donas tamén da posesión nesta segunda e onde seguían xerando oportunidades de aumentar a distancia. Muíño poñería o último gol do encontro que fixo que os tres puntos quedaran na casa.
Partido que serve para ir escalando posicións na táboa”.
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “Mal partido das nosas que se viron sobrepasadas nun 1 tempo nefasto. Unha aliñación diferente e con vento en contra na 1 parte sacaron totalmente do partido ás amarelas, que non foron quen de reorganizarse ata o descanso.
A segunda parte, volvendo ao esquema habitual, as nosas recuperaron confianza e intensidade, e aínda que o partido estaba máis que perdido, loitaron até o final deixando todas as súas forzas no campo.
Seguimos aprendendo, non da mellor maneira, pero non decaemos. Agradecemento inmenso as 12 valentes que, sendo carnavais, fixeron o esforzo de desprazarse ata Ponteceso”.
Goles : Laura, Virginia, (2), Claudia, Andrea Varela, (2), Myrella e Andrea Rodríguez. A primeira metade rematou 7-0.
SD Fisterra 0-1 Bergantiños FC B
Noe Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Partido condicionado por el viento en Ara Solís dónde se comenzó bien y con ocasiones pero faltó terminar las jugadas y finalizar a puerta. El Fisterra se hizo fuerte y se cerró bien en su campo con línea de cinco mostrando entereza y solidez atrás. Una falta a favor de las locales acabó en las manos de Nereida y un par de llegadas cerca del área avisaban que el Fisterra iba a pelearlo todo.
En el minuto 39′ un golazo lejano de Aroa V. ponía el 0-1 que daba tranquilidad a las visitantes un poco ansiosas por la falta de gol. Antes del descanso, tras una falta sacada rápidamente, un mano a mano del Bergan que aguantó bien la portera rival y que acabó con el balón en sus manos pudo suponer el 0-2.
A la vuelta del descanso, guión parecido con un Fisterra llegando un par de veces al área rival y un Bergantiños que seguía creando por las bandas pero sin terminar de materializar. Tras un parón incómodo, los últimos 20 minutos fueron pura locura con descontrol en el medio del campo y balones al aire para nadie.
Un mal partido solucionado de manera eficiente, hay que seguir trabajando“.
Goles : 0-1, Aroa, (39´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 48 puntos
2º CF Muxía : 37 puntos
3º Bergantiños FC B : 37 puntos
4º Cabana SD : 34 puntos
5º CF Mazaricos : 32 puntos
6º Ponteceso SD : 31 puntos
7º EFCC “Juan Cabrejo” : 30 puntos
8º UD Corcubión : 29 puntos
9º SCD Pastoriza B : 14 puntos
10º Sporting Zas : 11 puntos
11º Soneira SD : 8 puntos
12º UD Cerqueda : 7 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 5 puntos
-PREVIA-
-17ª Xornada-
(02/03/2025)
Cabana SD 3-0 CF Mazaricos, 04/03 ás 19:30 horas
SD A Baña-Sporting Zas, ás 17:30 horas
Bergantiños FC B-Corme CF, ás 16:15 horas
SD Fisterra-Soneira SD, ás 19:00 horas
Ponteceso SD-UD Corcubión, ás 16:15 horas
SCD Pastoriza B-UD Cerqueda, ás 12:00 horas
CF Muxía-EFCC “Juan Cabrejo”, ás 13:00 horas
AVISOS
Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poñeremos na AXENDA PIRATA os oficiais.
Os comentarios dos adestradores e colaboradores son únicos e intransferibles, polo que piratasdemuxia.es non se fai responsable dos mesmos.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Foto : Corme : Rubén Souto
-Foto Bergantiños FC B : José M. Ferreiro
-Foto Ponteceso A Baña : Marcos “Curro”
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Adestradores
-Foto Corme-Camariñas : Dulce “Corcu”