O Zas volve a engancharse a loita por todo.
O Malpica e o Sofán empataban o sábado no máis alto da táboa, no que era o encontro da xornada e do que xa vos trouxemos as crónicas tralo choque, (1-1), esto fixo que os que veñen por detrás tiveran un plus de motivación e a vez esixencia para tratar de recurtar distanzas e así o fixeron, tanto Volantes coma Sporting Zas, coma o Cerqueda gañaron os seus choques e póñese máis próximos a loita por todo, os 3 equipos con 24 puntos a 2 do segundo, Sofán B e a 4 do lider Malpica.
Segundo nos vaian chegando máis comentarios iremos sumándoos as crónicas, polo que estas non quedan pechadas.
Xornada suspendida
Antre o vindeiro venres 6 de Nadal e o Domingo día 8, xogaranse 5 dos encontros que foron suspendidos polo temporal Brest o pasado 17 de Novembro correspondentes a 11ª xornada. Dous quedan pendentes para o 4 de Xaneiro do 2025, e un xa se xogou o día antes do temporal, polo que a xornada 13ª do campionato xógase o 15 de Nadal. O final das crónicas tes toda a información cos enfrontamentos e horarios.
GOLEADORES
Raúl Corzón, (Sporting Zas), encabeza a clasifiación de goleadores desta liga con 17 goles, (3 de penalti), seguido de Lucas “Panadeiro”, (SD Camelle), con 12, e completando o podio desta xornada están, Raúl Lestón, (Volantes de Baño), e Ismael Ramos, (SD Sofán B), ambos con 11.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros. Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª DA COSTA
-12ª Xornada-
-01/12/2024-
SD Oza 5-2 CF Muxía B
CD Nantón 3-1 Sporting Seaia CF
SCD Buño 3-3 Atlético Pereiriña FC
SD Laxe 1-6 Sporting Zas
Volantes de Baño FC 6-2 SD Camelle
Inter de Brens 2-5 UD Cerqueda
SCD Malpica 1-1 SD Sofán B, CRÓNICA
Descansa : CD Baiñas
-CRÓNICAS-
SD Oza 5-2 CF Muxía B
Goles : 0-1, Eloy, (38´ de penalti); 0-2, Adrián, (46´); 1-2, Nicolás, (56´); 2-2, Abib, (57´); 3-2, Salah, (67´); 4-2, Nacho, (75´ de penalti); 5-2, Moha, (85´).
CD Nantón 3-1 Sporting Seaia CF
Adrián Varela, (Adestrador do CD Nantón) : “Antes de nada, lamentar as lesións importantes do noso xogador Xoel e do visitante Alejandro Mato que acabaron ambos no Quirón. Pronta recuperación os 2 de parte do CD Nantón.
Empezou mellor o Seaia, os primeiros 20 minutos foron eles superiores, incluso tiveron un largueiro e varias chegadas peligrosas. No minuto 25 vímonos obligados a facer un cambio pola lesión de Xoel e 5 minutos máis tarde chegou a xogada desafortunada da tarde, Benbe nun intento de chilena impacta de cheo na cara do rival, quedando en ese momento con 10 xogadores de maneira moi xusta. Apesar dos 2 contratempos, fomos indo de menos a máis aguantando o 0-0 ata o descanso. Tivemos varias accións de corner pero non acertamos na difinición.
Na segunda parte, fixemos uns axustes e nada máis empezar David marca o golazo da tarde cun bo golpeo dende 3/4 de campo e dende aí fomos mellores, en ocasións e ritmo, non tanto en xogo.
Un balon as costas dos centrais, gánao Yago, e nun man a man marca o 2-0. Estabamos moi cómodos a pesar de estar con 10, pero o Seaia segiu sin perderlle a cara o partido e froito da insistencia conseguiron recortar distancias.
Tiveron un pequeno arreón onde intentaron colgar balóns, pero apenas concedemos ocasións claras. Nunha recuperacion de balón, Sevillano tira a porta dende lonxe e no rexeite do porteiro, David facía o definitivo 3-1. A partires de aí xa apenas tivo máis historia o partido“.
Goles : 1-0, David, (48´); 2-0, Iago Torres, (63´); 2-1, Marcos, (78´); 3-1, David, (82´).
Incidencias : O colexiado Manuel Espasandín, expulsou con vermello direto ao xogador do Nantón, Julio César. Resultaron lesionados de gravidade o xogador do Nantón, Xoel ,e o do Seaia, Alejandro Mato. Ambos tiveron que ser trasladados a un centro hospitalario e a ambis lles desexamos o mellor nas suas recuperacóns e que sexa o meños posible.
SCD Buño 3-3 Atlético Pereiriña FC
Goles : 0-1, Martín, (25´); 1-1, Alan, (27´de penalti); 1-2, Abel, (53´); 2-2, Jonathan, (58´); 2-3, Antón Lestón, (75´); 3-3, Pablo, (89´).
Incidencias : O colexiado David Casteje, expulsou con vermello direto ao xogador do Pereiriña, Maikel Cambeiro no 94´.
Vitoria contundente do Zas para acercarse os de arriba.
SD Laxe 1-6 Sporting Zas
José Manuel Ordóñez, (Adestrador do SD Laxe) : “Nada máis empezar o partido, o seu dianteiro no minuto 1 mete un auténtico golazo desde fora da área. E pouco despos fixeron o 0-2. Despois xogada clave, o noso dianteiro vaise só cara o porteiro, e no borde da área empúxano e derríbano, falta e expulsión que o árbitro, según me di, non veu. Na primeira parte sentenciaron o partido. E na segunda baixouse o ritmo co partido sentenciado. Repito e non e excusa, o resultado é claro, pero a xogada da que falo é moi clara…Pero bueno todos cometemos erros“.
Rubén Forján, (Adestrador do Sporting Zas) : “O Sporting Zas saleu moi enchufado ao partido e Raúl adiantou ao Zas no primeiro minuto cun gol madrugador que marcou o ton do encontro. Tratando de dominar o control do balón , o Zas foi atopando recompensas no marcador. No primeiro cuarto de hora, Raúl asinou o seu dobrete e Dani Mato ampliou a vantaxe, colocando un 0-3 que descolocou ao Laxe.
A media hora de xogo, Álvaro completou unha gran xogada combinativa do ataque do Zas para poñer o 0-4. O equipo seguiu xerando perigo, con ocasións claras que non conseguiron materializar, pero a primeira metade rematou coa sensación de control absoluto por parte do Zas.
ras o descanso, a tónica do partido mantívose moi similar. O Laxe optou por pechar filas no seu propio campo, tentando conter os ataques dun Zas que seguía dominando o balón pero atopaba menos claridade no último pase. A insistencia do Zas deu froitos ao cuarto de hora, cando Dani Mato asinou o seu segundo gol, subindo o 0-5 ao marcador.
Con todo decidido, o tramo final do partido deixou espazo para as últimas ocasións. O Laxe conseguiu gol á saída dun córner. Pero pouco despois, unha xogada que iva finalizar Mauro e que acabou nun penalti que o propio xogador transformou, establecendo o definitivo 1-6 no marcador”.
Goles : 0-1, Raúl, (1´); 0-2, Raúl, (11´); 0-3, Dani Mato, (13´); 0-4, Álvaro, (28´); 0-5, Dani Mato, (60´); 1-5, Felipe, (88´); 1-6, Mauro, (89´de penalti).
Volantes de Baño FC 6-2 SD Camelle
Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Arrancamos durmidos como sempre e casi na primeira xogada que teñen o balón vaise a corner e o remate dese convértese no 1-0, os 5 minutos unha xogada extraordinaria deles cun pase de tacón, e unha definicion co exterior fai o 2-0, non dábamos axustado e poñeríanse 3-0 antes do descanso. A nosa única ocasion sería no 45.
Saimos con ganas na segunda metade apretando e tendo varias ocasións, e nunha desas marcaríamos o 3-1, con gol de Lucas. Seguiríamos apretando e na primeira chegada deles un balón perdido dalle na man o noso defensa e pita penalti, anotando o 4-1. Xa na seguinte xogada señalaría un novo penalti tras un agarrón, (5-1). Non nos viñemos abaixo e seguimos loitando, pero unha contra deles volviunos a facer daño, (6-1). Lucas maquillaría o resultado tras un lanzamento de falta poñendo o 6-2. Tras isto seguiramos con ocasións, pero o marcador non se movería“…Xogamos con : David Caamaño, Vicente, David Vázquez, Raiku, Martin, Estiben, Chans, Gabi, Sandro, Kampi e Lucas, e tamén entraron : Dido, Pastelero, Óscar e Ruso.
Goles : 1-0, Raúl Lestón, (2´); 2-0, Ánxo, (6´); 3-0, Manuel, (29´); 3-1, Lucas “Panadeiro”, (82´); 4-1, Raúl Lestón, (57´de penalti); 5-1, Hugo, (63´de penalti); 6-1, Raúl Lestón, (71´); 6-2, Lucas “Panadeiro”, (75´).
Vitoria do Cerqueda para entrar na pomada.
Inter de Brens 2-5 UD Cerqueda
Adrián “Gurita”, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido bastante disputado na sua primeira parte pero no que pronto nos puxemos por diante, tras un bo centro de Marcos e un gran remate de Salah, que non perdonaba.
Tras o descanso fomos capaces de meterlle unha marchiña máis e pronto se notou no resultado con dous goles máis de Salah, un de Palermo recién entrado no terreo de xogo, e outro golazo dende fora da área de Davidson que debutaba hoxe”.
Goles : 0-1, Salah, (9´); 0-2, Salah, (47´); 0-3, Salah, (49´); 1-3, Alejandro, (52´); 1-4, Pedro, (75´); 1-5, Davidson, (77´); 2-5, Adrián Pasantes, (83´).
Descansou : CD Baiñas
+++++
-CLASIFICACIÓN-
1º **SCD Malpica : 28 puntos
2º *SD Sofán B : 26 puntos
3º Volantes de Buño FC : 24 puntos
4º Sporting Zas : 24 puntos
5º UD Cerqueda : 24 puntos
6º Atlético Pereiriña FC : 17 puntos
7º CD Baiñas : 13 puntos
8º *SD Oza : 11 puntos
9º *Sporting Seaia CF : 10 puntos
10º *CD Nantón : 9 puntos
11º SD Camelle : 9 puntos
12º *SCD Buño : 7 puntos
13º *Inter de Brens : 8 puntos
14º **CF Muxía B : 7 puntos
15º *SD Laxe : 2 puntos
*Asterisco: Os equipos con un asterisco teñen un encontro menos disputado.
**Asterisco: Os equipos con dous asteriscos teñen un encontro máis disputado.
PREVIA SUSPENDIDOS
-11ª Xornada-
Sporting Seaia CF-SD Oza, 08/12 ás 17:00
Atlético Pereiriña FC-CD Nantón, 04/01/25 ás 17:00
Sporting Zas-SCD Buño, 06/12 ás 11:30
SD Camelle-SD Laxe, 06/12 ás 16:15
CD Baiñas-Volantes de Baño FC, 08/12 ás 16:30
SD Sofán B–Inter de Brens, 04/01/25 ás 17:00
CF Muxía B 2-6 SCD Malpica
Descansa : UD Cerqueda
PREVIA
-13ª Xornada-
-15/12/2024-
SD Oza–CD Nantón, ás — horas
Sporting Seaia CF–SCD Buño, ás — horas
Atlético Pereiriña FC–SD Laxe, ás — horas
Sporting Zas–Volantes de Baño FC, ás — horas
CD Baiñas–Inter de Brens, ás — horas
UD Cerqueda-SCD Malpica, ás — horas
CF Muxía B-SD Sofán B, 23/11 ás — horas
Descansa : SD Camelle
-Fotos Zas : Sporting Zas
-Fotos Cerqueda : Adrián “Gurita”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ Adestradores