CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “O XALLAS LÉVASE O TRUNFO NO DERBI ANTE O DUMBRÍA E O XALLAS SUMA UN VALIOSO PUNTO ANTE O CARRAL”.

O Dumbría non puido sacarse a “espiña” da Copa.

 

Trepidante o derbi que se xogou no Conco antre o Dumbría e o Xallas, no que se voltaban a atopar tralo duelo da pasada Copa da Costa e con dous equipos que están a amosar un nivel moi alto. No choque a ledicia foi por barrios, e se primeiro foron as de Santi Cubelo as que disfrutaban e levaban a ledicia aos seus siareiros/as, despois foron as de Eloy García as que tomaban as rendas e acababan coa ledicia final para elas e os seus. No outro encontro das costeiras, o Cee sumaba un novo valioso punto ante o Carral, un dos equipos fortes da liga.

AVISO : Coma sempre, estamos abertos a recibir comentarios de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, cousa que respetamos, e dalgún non temos o tlf, de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047. Que quede claro que non poñemos as duns si e outros non.

GOLEADORAS

Hai duas costeiras no podio de máximas artilleiras da competición, unha e a muxiana de Merexo Eva Lema, xogadora do CF Dumbría e que lidera a clasificación con 14 goles, (2 de penalti), e a outra é a xogadora do UC Cee, Paula Veiga cos mesmo tantos, (1 de penalti). Completa o podio a xogadora do SCD Pastoriza, Lucía Camisón con 12, todos eles de xogada. A seguinte costeira na táboa de goleadoras é Paula Fandiño, (CF Dumbría), que ocupa a 7ª posición con 7 tantos, (3 de penalti).

 

2ª GALEGA FEMININA G1

-12ª Xornada-

-01/12/2024-

CF Dumbía 2-3 Xallas FC

 SD Tordoia 3-0 Orillamar SD

 UDJ Almeiras 2-2 Silva SD

 CD Lugo B 0-2 PM Friol B

Sporting Meicende 1-3 Orzán SD B

SCD Pastoriza 9-0 Cultural Maniños

 Sporting Burgo 2-1 Brexo Lema

UC Cee 1-1 UD Carral

 

CF Dumbría 2-3 Xallas FC

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Patido intenso, onde o comezo conseguiamos desplegar un pouco o xogo que queremos contra unhas rivales super intensas, donde conseguiamos encontrar espacios e aproximarnos a súa portería podendo facer o primeiro tras un saque de esquina onde terminaría o balon nos pes de Paula na frontal para facer o 1-0, pouco despois nunha muy boa salida desde atras tras un control de Kelly sería derribada na área e poria a misma Paula o 2-0 de penalti, a partir de ahí o noso equipo daría un pequeno paso atras, polo medo da posibilidade de perder o partido e sería o peor que pudemos facer, demoslle alas o Xallas, que pudo acortar distancias antes do descanso pero resistiríamos bastante ben.

A salída do vestuarios, en vez de ir a polo terceiro, daríamos outro paso atras e concederíamos demasiados espacios sumado a que elas estamos intensas en duelos e segundos balóns nos cales nos non estubemos a altura foron capaces de remontar o partido, non quero quitarlles merito, penso que fui máis error noso que acerto delas, por unha vez chegado o descanso cunha diferencia de 2-0 a favor, temolo que aprobeitar para seguir mellorando e analizar ben este partido para atopar os fallos e correxilos”.

Eloy García, (Adestrador do Xallas FC) : “Primeiro derbi costeiro da tempada para nós. Víñamos de 21 días sen competir tras os dous aprazamentos das xornadas anteriores. Saimos moi metidas ao partido, pero nun rexeite nunha xogada a balón parado, un balón queda na frontal na área e acaba sorprendendo a Rosío por arriba.

Seguimos dominando con balón e con ocasións de Espasandín, Barcia e Oli. Noutra xogada aislada, pítannos un penalti bastante infantil, que tamén trasformarían, e chegaríamos a descanso con 2-0 no marcador. Resultado que no amosaba o visto no terreo de xogo. Facemos cambios e ímonos algo máis arriba, marcamos moi rápido por medio de Olalla, tras un gran pase de Mery, que a deixa soa diante da porteira e con gran sangue fría bate a cancerbeira.

Seguimos empuxando, e nun balón parado colgado por Noe, Otero facía o gol do empate, impresionante partido da nosa “mariscal” secando a máxima realizadora da categoría. A nosa grada empuxaba e seguíamos en campo contrario. Noutro balón parado, desta vez Olalla nun tiro directo, fixo un auténtico golazo dende a algo máis lonxe da frontal do área, cunha auténtica folla seca que limpaba a escadra de telarañas e silenciaba o Conco. A partires de aí o partido rómpese algo por que elas veñense máis arriba, pero sen perigo para nós. Un auténtico derbi costeriro o vivido no Conco”.

Goles : 1-0, Paula Fandiño, (11´); 2-0Paula Fandiño, (24´de penalti); 2-1, Olalla, (51´); 2-2, Andrea, (54´); 2-3, Olalla, (60´).

 

UC Cee 1-1 UD Carral

Goles : 1-0, Paula Veiga, (10´); 1-1, Sara Regueira, (75´).

 

-CLASIFICACIÓN-

  SCD Pastoriza : 29 puntos

*Orzán SD B : 29 puntos

*SD Tordoia : 28 puntos

4º UD Carral : 23 puntos

5º **Xallas FC : 23 puntos 

 Sporting Burgo : 20 puntos

 UC Cee : 18 puntos

 *CF Dumbría : 17 puntos

 Brexo Lema SD : 16 puntos

10º *CD Lugo B : 12 puntos

11º *UDJ Almeiras : 11 puntos

12º *PM Friol B : 10 puntos

13º **Orillamar SD : 7 puntos

14º *Sporting Meicende : 7 puntos

15º *Silva SD : 5 puntos

16º *Cultural Maniños : 5 puntos

* Os equipos con asterisco teñen un encontro máis xogado.

** Xallas e Orillamar teñen dous menos xogados

 

-PREVIA-

-13ª Xornada-

-08/12/2024-

CF Dumbía-SD Tordoia, ás 18:30 horas

 Orillamar SD-UDJ Almeiras, ás 10:30 horas

Silva SDCD Lugo B, ás 16:15 horas

PM Friol B-Sporting Meicende, ás 16:15 horas

Orzán SD B-SCD Pastoriza, ás 16:30 horas

Cultural Maniños-Sporting Burgo, ás 16:15 horas

 Brexo Lema-UC Cee, ás 18:30 horas

Xallas FCUD Carralás 17:00 horas

AVISO : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. 

 

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata/adestradores

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies