2ª GALEGA FEMININA G1
12ª Xornada
07/11/2025
Orillamar SD 6-2 SDC Órdenes
Cultural Maniños 0-0 Brexo Lema SD
CF Dumbría 1-0 Victoria CF “C”
CF Muxía 3-0 AD Nicrariense
SD Tordoia 0-3 Bergantiños FC “B”
Unión Campestre 4-1 SD San Lázaro
SCD Milagrosa 4-2 UC Cee
SCDR Esteirana 2-2 Eirís SD
Descansou : CF Corme
CRÓNICA XERAL
A 12ª xornada na 2ª Galega Feminina G1 deixou vitorias importantes para varios equipos da Costa. O Muxía recorta co liderato gracias ó golpe enriba da mesa do Bergantiños “B” que acaba ca inbatibilidade do lider SD Tordoia e mete presión; o Dumbría recupera sensacións; a Esteirana suma a pesaes de chegar o duelo con 11 xogadoras e o Cee cae en Lugo.
CRÓNICAS
CF DUMBRÍA 1-0 VICTORIA “C”
Partido serio das dumbriesas, que regresan ao triunfo tras varias xornadas irregulares. Dominio do balón, moitas chegadas e boas sensacións no Conco ante un Victoria competitivo pero que nunca conseguiu someter ás locais.
A primeira metade tivo cor branquinera, con gol anulado por fóra de xogo e varias accións de perigo. Na segunda parte o Dumbría baixou uns minutos, pero axiña recuperou o control e atopou premio.
Santi Cubelo, adestrador do CF Dumbría :
“Partido no que fomos capaces de recuperar a confianza, e sen desprender o noso mellor xogo fixémonos co dominio de balón e de ocasións desde o primeiro momento, sen moito acerto. Anulariános o primeiro gol por fóra de xogo e iriamos ao descanso 0-0.
Na segunda parte por un momento parecía que tiñamos dúbidas e costounos un poquiño máis entrar, aínda así seguíamos tendo as ocasións ata que Sabela faría o 1-0. Nos últimos minutos tocounos sufrir, o Victoria deu un paso adiante e chegaría á área, pero sen moito perigo polo bo facer defensivo das nosas.
Partido de recuperar sensacións e sobre todo o sorriso. Toca seguir traballando.”
Goles
-
1-0 Sabela (62’)
CF MUXÍA 3-0 AD NICRARIENSE
O Muxía, moi mermado polas baixas (13 xogadoras convocadas), cumpriu sen problemas e continúa na persecución do Tordoia, agora a 2 puntos. As muxianas fixeron un partido sólido: efectividade arriba, orde atrás e ritmo constante durante os 90 minutos.
As da Vila da Barca adiantáronse cedo cun bo tanto de Patri Romaní e certificaron o triunfo na segunda metade con goles de Barca Toba e Eva Lema. A derrota do Tordoia permite recortar 3 puntos e apertar a cabeza.
Noe Iglesias, adestradora do CF Muxía
(Á espera da súa valoración oficial. Cando nos chegue, colocarémola aquí.)
Goles
-
1-0 Patri Romaní (10’)
-
2-0 Barca Toba (53’)
-
3-0 Eva Lema (72’)
SD TORDOIA 0-3 BERGANTIÑOS FC “B”
Golpe enriba da mesa das carballesas, que derrotan con claridade ao ata agora líder invicto. Un Bergantiños “B” maduro, intenso e moi serio en todas as fases do xogo deixou sen resposta a un Tordoia superado.
Dous goles de Carmen na primeira metade e outro de Julia na recta final certificaron un triunfo enorme, que mete de cheo ao filial na pelexa por todo.
Pablo “Djalma”, adestrador do Bergantiños FC “B” :
“Vitoria por 3-0 fronte ao Tordoia, rival que chegaba invicto ata o momento e que nos puxo a proba nun encontro cheo de intensidade e duelos constantes. Partido moi competido, sen un dominador claro no control do xogo, no que cada balón dividido era unha batalla e cada acción requiría máxima concentración.
O equipo entrou moi serio desde o inicio e, grazas á boa lectura das situacións, conseguimos marchar ao descanso cun 2-0.
Xa na segunda metade, nun escenario no que cada erro podía meter o rival no partido, as rapazas déronse unha auténtica lección de madurez: orde atrás, solidariedade en cada axuda e contundencia cando tocaba. Froito desa consistencia chegou o terceiro gol, que practicamente sentenciou o encontro.
Partido moi completo por parte das nosas: impecables en fase defensiva, contundentes en cada duelo e moi efectivas en ofensiva. Moi orgulloso de como interpretaron o partido ante un rival tan esixente e de como seguen medrando xornada tras xornada.”
Goles
-
0-1 Carmen (1’)
-
0-2 Carmen (37’)
-
0-3 Julia Varela (78’)
SCD MILAGROSA 4-2 UC CEE
O Cee viaxou a Lugo con só 13 xogadoras e acabou pagándolo nun encontro con moita ida e volta. As ceenses comezaron gañando e lograron empatar tralo descanso, pero o Milagrosa foi máis profundo e rompeu o partido na fase decisiva.
Goles
-
0-1 Lucía Martínez (8’)
-
1-1 Irene (14’)
-
2-1 Irene (29’)
-
2-2 Naiara Vázquez (51’)
-
3-2 Gabriela (65’)
-
4-2 Irene (83’)
SCDR ESTEIRANA 2-2 EIRÍS SD
A Esteirana, moi condicionada polas baixas e xogando sen porteira (Alicia ocupou a meta), sacou un empate de mérito nun partido no que incluso dispuxo das mellores ocasións. As locais fixeron un esforzo enorme, pero o Eirís foi efectivo nas chegadas que tivo.
Fran Figueroa, adestrador da SCDR Esteirana :
“Con só 11 xogadoras e sen a porteira tivemos que enfrentar ante ao Eirís. Alicia puxo os guantes mentres Maruxa se recupera dunha intervención, que a maiores debido ás lesións e unha plantilla curta tocounos plantexar o partido intentando minimizar riscos e aproveitar as cualidades das xogadoras das que dispoñemos, pero nin unha cousa nin outra.
Dispuñemos de máis ocasións e mellores que as rivais, pero non soubemos concretar, e a maiores imos cunha baixa máis, xa que Terre, que xa tivo que empezar con molestias, acabou peor, e seguramente a perdamos para os vindeiros duelos.
Esperamos recuperar algunha xogadora pero sobre todo cambiar a dinámica si queremos estar ao nivel mínimo da categoría.”
Goles
-
1-0 Bárbara (4’)
-
1-1 Carolina (40’)
-
2-1 Melania (50’)
-
2-2 Sara Romero (70’)
CLASIFICACIÓN
(formato piratasdemuxia.es – só posto e puntos)
1º SD Tordoia : 30 puntos
2º CF Muxía : 28
3º Bergantiños FC “B” : 26
4º CF Corme : 22
5º SCD Milagrosa : 22
6º Victoria “C” : 21
7º CF Dumbría : 19
8º SD San Lázaro : 18
9º UC Cee : 18
10º Eirís SD : 14
11º SCDR Esteirana : 14
12º Brexo Lema : 14
13º Unión Campestre : 14
14º Cultural Maniños : 7
15º Orillamar : 6
16º Nicrariense : 4
17º Órdenes : 2
2ª GALEGA FEMININA G1
13ª Xornada
14/12/2025
UC Cee – SCDR Esteirana, 13/12 ás 17:00
SD San Lázaro – SCD Milagrosa
AD Nicrariense – CF Dumbría, ás 13:30
SDC Órdenes – Cultural Maniños, ás 17:00
Eirís SD – Orillamar SD, ás 17:30
Victoria CF “C” – SD Tordoia, ás 18:00
CF Corme – Unión Campestre, ás 18:30
Brexo Lema SD – CF Muxía, ás 19:00
Descansa : Bergantiños FC “B”
.
-Fotos Bergantiños B : Pablo “Djalma”
-Foto Dumbría : Santi Cubelo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Coemntarios : Os adestradores/as





