PREFERENTE GALICIA GRUPO NORTE 1A
11ª Xornada
Domingo 12 de Nadal
O “Peisaco” empata e ve escaparse o Arteixo.
Puebla FC 1-1 UD Paiosaco
Hora : 16:15
Campo : “Da alta”, (A Pobra do Caramiñal)
Colexiado : Diego Bouza Pena. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 3 ós visitantes.
Fóronselle 2 puntos o Paiosaco no derradeiro treito do encontro, ante un Puebla que non evidenciou a diferenza na táboa, e volcouse a polo empate, tras recibir o gol dos de Peisaco no 72, obra de Adrián Casariego, e consigueuno no 85 por medio de Juan García. Un reparto de puntos que non deixou contento a ningún dos dous, que ven como se escapa máis o lider Atlético Arteixo e que o Sigüeiro, segundo, se vai 3 puntos.
SD Dubra 0-2 Atlético Arteixo
Hora : 16:30
Campo : “Ponte dos Brozos”
Colexiado : Gabriel Polo Fraga. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 1 ós visitantes.
Aguantoulle cáseque unha hora o Dubra ao lider, que segue intratable e que tras unha primeira metade na que non se movía o marcador, pasaba a unha segunda na que Rubén Porto, abría o choque cun tanto no 55. Iker Castro cortaba calquer opción de puntuar dos dubreses.
Xallas FC 5-1 Boimorto CF
Hora : 12:30
Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)
Colexiado : Eduardo Rivera Gores. Amosoulle 3 cartóns amarelos aos locais, e 2 ós visitantes.
Tarde de órdago dos xalleiros, tras unha penitencia que parecía non ter fin, con 8 derrotas, un empate, e unha vitoria nos 10 encontros anteriores. Adiantaba Diego aos xalleiros no 23 e Aitor facía o segundo antes de irse a vestiarios, (43´). Xa na segunda metade Estefan facía o gol da tranquilidade aos poucos do reinicio, (49´). A hora de xogo Carlos Riero poñía o cuarto e xa espantaba calquer pantasma que puidese aparecer cun tanto visitane, que chegou no 79, por medio de Sergio Cagide, pero a reacción desta volta era rápida e positiva para os de Santa Comba, e Stefan facía o quinto e derradeiro tanto da tarde na Fontenla, (82´).
SD Fisterra -Agrupación Estudiantil
(Aprazado)
Hora : 16:30
Campo : “Arasolis”, (Fisterra)
Colexiado :
Laracha CF 2-2 CD Boiro
Hora : 16:00
Campo : “Municipal da Laracha”
Colexiado : Rubén Castro Fernández. Amosoulle 1 cartóns amarelos aos locais, e 2 ós visitantes.
Primeiro empate para os laracheses que foron por detrás en duas ocasións pero conseguiron igualar o marcador. Adiantábanse os sureños por medio de Adrián Pereira antes do descanso, (40´), e conseguía igualar a contenda Alberto Díaz 2 minutos despois. Javier facía o 1-2 a volta de vestiarios, (47´) e conseguía empatar para os laracheses
SD O Pino 0-1 Sigüeiro CF
Hora : 16:30
Campo : “Reboredo”, (Arca-O Pino)
Colexiado : Enrique Refojo Ferreiros. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 3 ós visitantes.
Trunfo que implica dobre moral para os santiagueses que cun tanto de Asrián Barrio aos 29 minutos de xogo, deixaban tocado a un rival polo ascenso e situábanse segundos en solitario, tralo empate antre Puebla e Paisoaco e a derrota do Dubra ante o lider, Atlético Arteixo.
Clasificación
-Foto : Carmen Queijeiro/La Vos de Galicia/Riveira
-Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR