3ª DA COSTA
O Xallas B asalta a segunda posición.
11ª Xornada
Sábado 15 de Xaneiro 2022
CF Castrelo 0-1 SD Ameixenda
Hora : 16:00
Campo : “Municipal de Vimianzo”
Colexiado : Marcos Ríos Suárez. Amosoulle 3 cartóns aos locais, e 4 aos visitantes.
Duelo na popa da competición no que os vimianceses tiñan a oportunidade de deixar o posto de pechacancelas, se eran quen de derrotar os ceenses, que chegaban con 1 punto máis ao Municipal de Vimianzo, pero as cousas xa chegaban torcidas para os castrelenses pois cando tan só ían 2 minutos de xogo Adrián Conde batía o seu compañeiro Agustín Lago de maneira involuntaria. Nada prevía que este gol sería definitivo, pero xa non se movería o marcador, a pesares da busca do empate polos locais e as contras armadas polos visitantes durante o transcurso do choque.
Domingo 16 de Xaneiro 2022
Xallas FC 4-1 UD Corcubión
Hora : 18:45
Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)
Colexiado : Óscar Rey Sánchez. Amosoulle 1 cartón aos locais, e 1 aos visitantes.
Encontro máis prácido para os xalleiros que golearon ao que chegaba como segundo clasificado e ao que lle arrebatan ese posto, apretando a clasificación na parte alta e colocándose a 2 puntos do lider, CF Porteño que caía ante o SD Oza, (1-2). Os de César Romero xa deixaban encarrilado o encontro na primeira metade con goles de Iván, (6´), e Sergio Barreira, /43´), que repetía a hora de xogo co terceiro dos de Santa Comba. No treito final, Isaac, facía o cuarto, /88´), e o gol da honra dos corcubioneses chegaba no desconto por medio de Mario Suárez. Chegaban os de Corcubión a este encontro cion 13 xogadores.
SD Laxe 3-2 Sporting Seaia
Hora : 16:15
Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)
Colexiado : Chrístian Sendón Villar. Amosoulle 3 cartóns aos locais, dous deles a Romero, que era expulsado no desconto final, e 4 aos visitantes.
Faltoulle tempo os seaieses para levarse algo de Laxe, xa que perdía por 3-0 pasada a hora de xogo, con goles laxenses de Paredes, (2´e 43´), e o terceiro no segundo tempo, obra de Bieito, (51´). O gol que metía aos visitantes no encontro chegaba de penalti, transformado por David Muiño, aos 65´minutos de xogo. O gol que lles abría as portas a puntuar, chegaba demasiado tarde, no desconto, por medio de Mario Pose.
SD Camelle-Atlético Pereiriña
Aprazado por casos de COVID-19
Recuperou o equipo camellán aos 3 xogadores e dous diretivos que tiña a pasada semana contaxiados e desta volta non se poderá xogar por haber tido positivos o equipo ceense.
Hora :
Campo :
Colexiado :
CF Porteño 1-2 SD Oza
Hora : 16:15
Campo : “A Grixa”, (Ponte do Porto)
Colexiado : Marcos Ordóñez Rodríguez. Amosoulle 3 cartóns aos locais, e 4 aos visitantes.
Escasos de xogadores ambos equipos, os porteños con 3 recambios e os ocenses con 2. Pose, facía o 0-1 no 23, resultado co que se ía o descanso, e que neutralizaban os da Ponte do Porto nada máis reanudarse o xogo, cun tanto de Andrade, (47´), o gol da vitoria vistante chegaba no 85, por medio de David López. Esta vitoria situa aos de Oza no cuarto chanzo, cos mesmos puntos co 3º, UD Corcubión, a 1 do segundo, Xallas B e a 3 do porteño, lider, ao que xa sente os vapores dos de atrás na caluga.
CLASIFICACIÓN
MÁXIMOS GOLEADORES
–Sergio Barbeira, (Xallas FC B) : 12 goles en 9 encontros
-Juan Martín Paredes, (SD Laxe) : 11 en 10
–Alan, (CF Porteño) : 10 en 89
–Sergio Cancela, (Sporting Seaia CF) : 8 en 9
-Foto : Xallas FC
-Texto : piratasdemuxia