PRIMEIRA FUTGAL G2
11ª Xornada
Domingo 09/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CSD Arzúa 2-3 CF Muxía
SD Castriz 4-1 SD Fisterra
Praiña SC 2-2 SCDR Esteirana
Vizoño SD 0-1 Camariñas FC, (CRÓNICA)
AVISO : Só poñemos os comentarios dos que nolos queiran mandar. O noso whatsapp : 626 72 00 47 está aberto a todo aquel pertencente a un club que nos queira mandar información, fotos, comentarios, vídeos, etc…
Comentario Xeral
A Primeira Futgal deixou unha 11ª xornada vibrante, con moito en xogo tanto na zona alta como na baixa. O Bertamiráns mantén o liderado, pero a presión dos perseguidores é constante: Calo, Arzúa e R. San Lorenzo continúan nun pano de puntos moi apertado. Pola parte baixa, Castriz, Fisterra e Esteirana siguen en depresión ainda que o Castriz sacou peito e moral no derbi co Fisterra, e a Esteirana, malia ir gañando 0-2, acabou salvando un punto, que sabe a moi pouco.
Vitoria épica do Muxía en Arzúa, triunfo contundente do Castriz no derbi, punto que sabe a pouco para a Esteirana e un Camariñas que xa fixera os deberes o sábado en Vizoño tal e como xa vos trouxemos tralo encontro.
CRÓNICAS
CSD Arzúa 2-3 CF Muxía
O Muxía asinou unha das vitorias máis importantes da tempada vencendo en Arzúa, nun encontro cheo de ritmo, alternativas e emoción ata o derradeiro minuto. Os locais entraron mellor, pero o equipo de Sergio “Pataca” soubo sufrir, reaccionar e rematar pasando por riba dun dos favoritos ao ascenso.
Sergio “Pataca” (adestrador do CF Muxía) :
«Partidazo en Arzúa, dous equipos de ti a ti no cal empezou algo mellor o equipo local e pronto un balón ás costas da defensa se pon por diante. Non decaeríamos e conseguimos empatar pronto e xeraríamos tres mans a mans nos cales non acertamos, e nun centro lateral cáelle o rexeite na área ao xogador do Arzúa e imos 2-1 ao descanso.
Cambio de táctica no descanso, e o equipo deixouse a alma e o corazón, pasando por enriba dun Arzúa chamado a ser o favorito. Conseguimos empatar, anúlannos un gol moi dubidoso, seguimos xerando chegadas á área e, de novo como a semana pasada, nunha das últimas conseguimos a vitoria.»
Goles
-
1-0, Gavieiro (10’)
-
1-1, Fran Moreira (26’)
-
2-1, Javi Daszkal (37’)
-
2-2, Víctor Alcaina, penalti (77’)
-
2-3, Fran Moreira (93’)
SD Castriz 4-1 SD Fisterra
Derbi costeiro e ambiente grande no campo do Castriz, que se impuxo con claridade a un Fisterra que pagou caros os seus erros defensivos. Os locais golpearon cedo, reaccionou o Fisterra desde os once metros, pero a partir de aí o Castriz foi moi superior, con ritmo, chegada e contundencia arriba.
Miguel Chouza, (adestrador do SD Castriz) :
“Partido no que por fin se plasmou no resultado a nosa boa tendencia destas últimas semanas. Éramos sabedores de que tiñamos que igualar a intensidade dos rapaces do Fisterra e así o fixemos. Anotamos nos primeiros minutos nun córner e iso liberounos para mostrar o noso nivel, e nin o empate de penalti dos visitantes nos fixo dudar. De novo nos adiantaríamos para chegar por diante no marcador ó descanso.
Comezou moi forte o Fisterra a segunda parte, pero ó pouco chegou o 3-1 que supuxo un mazazo moi grande para eles. A última media hora xa foi co partido resolto, co Fisterra loitando ata ó final a pesar do resultado e co Castriz controlando o xogo. Cerca do final anotaríamos o definitivo 4-1.
Victoria xusta ante un Fisterra que nunca lle perdeu a cara ó partido”.
Leo Picallo, (adestrador do SD Fisterra) :
“Partido moi malo pola nosa parte, incluso o resultado foi curto para os méritos de un e outro equipo. Pouco mais se pode comentar, estamos a vivir unha mala racha”.
Goles
-
1-0, Josiño (8’)
-
1-1, Isaac Fábregas, penalti (24’)
-
2-1, Josiño (30’)
-
3-1, Juanjo (52’)
-
4-1, Carlos Rieiro (83’)
Praiña SC 2-2 SCDR Esteirana
A Esteirana escapouselle a vitoria, nun partido no que chegou a mandar 0-2 antes do descanso grazas á súa mellor primeira media hora do curso. Porén, o Praíña reaccionou xusto antes do intermedio e culminou a remontada parcial na segunda metade, deixando aos de Esteiro cun sabor agridoce.
Goles
-
0-1, Antón (33’)
-
0-2, Pablo Rama (38’)
-
1-2, Lozano (45+1’)
-
2-2, Aldán (70’)
Clasificación
1º Bertamiráns FC, 21 pts
2º SR Calo, 20 pts
3º CSD Arzúa, 19 pts
4º RAC San Lorenzo, 19 pts
5º SD Cacheiras, 18 pts
6º Club do Mar, 17 pts
7º Boimorto CF, 17 pts
8º Camariñas FC, 17 pts
9º Praiña Sporting, 16 pts
10º SD Tordoia, 16 pts
11º CCD Queixas, 16 pts
12º Vizoño SD, 15 pts
13º Cire de Melide, 15 pts
14º Muxía CF, 14 pts
15º UD Bastavales, 10 pts
16º SD Castriz, 9 pts
17º SD Fisterra, 8 pts
18º SD Esteirana, 6 pts
PRIMEIRA FUTGAL G2
12ª Xornada
Domingo 23/11/2025
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía – Cire de Melide
SD Fisterra – CSD Arzúa
Boimorto CF – SD Castriz
SCDR Esteirana – Vizoño SD
Camariñas FC – Club do Mar, ás 16:30
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”






