DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
11ª Xornada
Domingo 07/12/2025
SCD Buño – CF Cances, Suspendido
Club Deportivo Razo 4-2 SD Castriz
SD Oza 3-0 SD San Lorenzo
ADCV Ponteceso 1-8 Atlético Carballo SD
Soneira Veteranos 1-2 ACD San Román
Veteranos Dumbría 1-0 SD Coristanco
ACD San Ramón 3-1 Sporting Zas
CRÓNICA XERAL
O San Román asalta o liderato nunha xornada de cambios e cun Cances pendente de sumar novamente tres puntos de Comité.
A 11ª xornada da División de Honra de Veteranos da Costa chegou cargada de emoción, remontadas, sorpresas e tamén dunha gran goleada que move o fondo da táboa. O gran titular queda para o San Ramón, que no choque estalar da xornada venceu nun duelo de máxima expectativa a un Sporting Zas que chegaba como líder e que sae agora da fin de semana como segundo, tendo por detrás aos laracheses cos mesmos 21 puntos a 2 do novo lider. O triunfo do San Román, sumado ao resto de resultados, deixa aos da Laracha como novo líder da categoría, tras gañarlle o Soneira no Irmandiños.
O outro movemento forte na zona alta chega coa goleada do Atlético Carballo, que pasa por riba dun Ponteceso que cae ao farol vermello. O Razo mantén o pulso pola parte nobre vencendo ao Castriz nun encontro moi animado, e o Dumbría segue escalando ao superar un Coristanco que continúa en situación crítica. Pola súa banda, o Oza dá un paso adiante batendo con claridade ao San Lorenzo.
A nota negativa estivo en Buño, onde o encontro fronte ao Cances foi suspendido ao non querer disputar o choque o cadro local. Agárdase que o Comité conceda o 0-3 para o Cances, polo que o equipo da parroquia carballesa sumará tres puntos chave que o devolverán á loita pola quinta praza.
Na 1ª Galicia de Veteranos non houbo competición
Tal e como xa apuntamos a semana pasada nas crónicas e despois na “AXENDA PIRATA” a 1ª Galicia de Veteranos da Costa non houbo actividade aproveitando a Ponte da Inmaculada Concepción. Retomarase a actividade o vindeiro Domingo 14 de Nadal.
CRÓNICAS
CD Razo 4-2 SD Castriz
Partido moi entretido na Pedra Queimada, con alternancia no marcador e moito ritmo. O Castriz golpeou primeiro, pero o Razo amosou carácter para darlle a volta, e mesmo para reaccionar ao 2-2 visitante nun encontro de moita intensidade.
O cadro racense foi máis efectivo nos momentos chave e acabou levando tres puntos que o manteñen metido de cheo na zona alta.
GOLES :
0-1 Iván Gómez (18’)
1-1 José Gómez (28’)
2-1 Docampo (40’)
2-2 Daniel (62’)
3-2 Manuel Varela (63’)
4-2 Ángel Pena (78’)
SD Oza 3-0 SD San Lorenzo
O Oza entrou moi forte ao encontro e axiña se puxo por diante. O San Lorenzo, moi limitado de efectivos e con só dous homes para trocos, sufriu co paso dos minutos e acabou encaixando un resultado claro.
O conxunto ocense suma tres puntos de ouro para asentarse na zona media.
GOLES :
1-0 Robin (11’)
2-0 Daniel (72’)
3-0 Antonio Añón (88’)
ADCV Ponteceso 1-8 Atlético Carballo SD
Auténtico vendaval ofensivo dun Atlético Carballo que non deu opción ningunha ao Ponteceso. Cinco goles na primeira metade, e outros tres na segunda, para unha das goleadas máis amplas que lembramos na categoría.
O Ponteceso queda como novo pechacancelas por peor golaveraxe co Coristanco.
GOLES :
Primeira metade (1-5)
0-1 Julián Couto
0-2 Cristian
0-3 Alejandro
0-4 Jonathan
1-4 Javier Lista
1-5 Julián Couto
Segunda metade (0-3)
1-6 Iván Rojo
1-7 Iván Rojo
1-8 José Luis
Soneira Veteranos 1-2 ACD San Román
Encontro moi igualado e competido, no que o Soneira, curto de efectivos, tivo que facer un esforzo extra. O San Román, en plena loita pola cabeza, levou os tres puntos grazas a dous goles ao fío do descanso e da reanudación.
O Soneira recurtou no desconto, pero xa non tivo tempo de buscar o empate. Rematou o choque coa expulsión por dobre amarela do vimiancés, Costa.
GOLES :
0-1 Mario Casal (45’+1)
0-2 Mario Esmorís (56’)
1-2 Daniel Pose (90’+2)
Veteranos Dumbría 1-0 SD Coristanco
Partido trabado, de moita pelexa no medio e poucas ocasións claras. O Dumbría conseguiu aproveitar unha das súas e fixo valer o gol de Ángel Insua para sumar unha vitoria importante.
O Coristanco deixou o faroliño vermello gracias a goleada que lle infrinxiu o Atlético Carballo ao Ponteceso, (1-8), que deixa aos da tTerra da Pataca como penúltimos cos mesmos 6 puntos co novo colitas o Ponteceso.
GOLES :
1-0 Ángel Insua (53’)
ACD San Ramón 3-1 Sporting Zas
O partidazo da xornada non defraudou. O Zas adiantouse cun novo tanto do pichichi Braulio, pero o San Ramón reaccionou moi ben, empatando antes do descanso e remontando nada máis comezar a segunda metade.
A expulsión de Alejandro Mato deixou aos locais cun menos, pero lonxe de sufrir, ampliaron a vantaxe cun penalti transformado por Mario. Victoria de moito mérito e tres puntos que meten ao San Ramón de novo na pelexa polo liderato.
GOLES :
0-1 Braulio (37’)
1-1 David Villar (40’)
2-1 Alejandro Rodríguez (46’)
3-1 Mario (79’ p.)
Pichichis
1️⃣ Braulio Vecino (Sporting Zas) – 11 goles en 10 partidos
2️⃣ Iván Rojo (Atlético Carballo) – 10 en 8
3️⃣ Mario Rodríguez (San Ramón) – 9 en 8
CLASIFICACIÓN
1º ACD San Román – 23
2º Sporting Zas – 21
3º ACD San Ramón – 21
4º Atlético Carballo – 20
5º CD Razo – 20
*6º CF Cances – 13
7º Soneira Veteranos – 13
8º Dumbría Veteranos – 12
9º SD San Lorenzo – 10
10º SCD Buño – 10
11º SD Oza – 10
12º SD Castriz – 9
13º SD Coristanco – 6
14º ADCV Ponteceso – 6
.
-Foto : FaceBook Dumbría Veteranos
-Texto : Xosé Búa “Pirata”




