CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 11ª XDA DA 3ª GALEGA FEMININA G4 : “GOLEADAS DA ESTEIRANA E AS MIÚDAS E DESCALABRO DO OUTES”.

A Esteirana Gañou o fútbol e as adversidades.

 

Descalabro do Outes ante o Juventud Cambados, terceiro clasificado, e goleadas da Esteirana e do As Miúdas. As de Esteiro a pesares de xogar cáseque unha hora con unha menos e plagadas de baixas. Trunfo que fai que sigan liderando por golaveraxe sobre o Céltiga cos mesmos 33 puntos de 11 encontros, polo tanto ambos equipos con pleno de vitorias.

GOLEADORAS

 Rut, (Esteirana), suma un gol máis e xa son 32 en 11 choques para liderar o grupo das Pichichi, seguida da sua compañeira de equipo Bárbara, que cos 3 desta semana xa suma 21 en 10 encontros e Laura do Taragoña tamén con 21, pero en 11 encontros, e completando o podio Aldara Muñiz, (Juventud Cambados) con 20 en 10 xogos.

AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047

 

3ª GALEGA FEMININA G4

-11ª Xornada-

-19/01/2025-

Juventud Cambados 10-0 Outes FC

EFF Sonnoia Portus Apóstoli 1-5 EFMC Boiro B

Céltiga FC 2-1 CD Rois

Catoira SD 0-8 ED As Miúdas

CD Mosteiro 2-6 SCDR Esteirana

Bastavales UD 2-3 CCD Taragoña

SD Chispa 4-0 Milladoiro SD

 

-CRÓNICAS-

 

CD Mosteiro 2-6 SCDR Esteirana

Fran Figueroa, (Adestrador do SCDR Esteirana) : “Nova victoria nun partido con máis tensión que historia nun horario máis tarde do habitual, no que, a pesar das baixas (solo 3 cambios para o encontro), puidemos controlar o xogo incluso xogando casi unha hora cunha xogadora menos.

Nuria estrenaba a sua conta goleadora con 2 tantos en antes do minuto 15, e non foron máis de non ser polas veces que se pitou fora de xogo en contra; non axuda nada arbitrar sin linieres en campos grandes con xogadoras tan rápidas. Sandra estuvo maxiatral na medular nos 90 minutos tanto na media punta como cando baixou ó mediocentro trala expulsión de Lara por un malentendido con Naira, que fixo que recurtaran distancia as locais a balón parado.

Trabouse un pouco o partido pero o dominio non cambiou nin con unha menos, e só a falla de puntería evitou un resultado superior nun ambiente máis exaltado do que pedía o encontro.

Novos 3 puntos que viaxan a Esteiro, pendientes de recuperar efectivos para medirnos ó Catoira na xornada 12“.

11 inicial: Naira, Nerea, Marta, Terre, Sara, Leti, Lara, Sandra, Nuria, Bárbara e Rut. Tamén xogaron : Martina, Dara e Lidia.

Goles : 0-1, Nuria, (2´); 0-2, Nuria, (13´); 0-3, Bárbara, (39´); 1-3, Aldara, (42´); 1-4, Rut, (46´); 2-4, Cristina, (57´); 2-5, Bárbara, (60´); 2-6, Bárbara, (68´). Incidencias : O colexiado Miguel Carreira expulsou con vermello direto a Lara do Esteirana no 41´.

 

Catoria SD 0-8 ED As Miúdas

Goles : Primeira metade, (0-3) : Marcaron : Pati, e María González e Ximena. Segunda metade, (5 goles) : Pati, (3), Adriana e Ximena.

 

Juventud Cambados 1-0 Outes FC

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Mal partido o que xogamos en Cambados, non tiñamos o día e non eramos quen de facer as cousas que traballamos. Pese os problemas e a frustración que acumulabamos corremos ata o final intentando non perderlle a cara o traballo que estamos a facer.

Borrón e a seguir, outra semana, outro partido. Esperamos recuperar algunha das “tropecentas” baixas que estamos acumulando“.

Goles : Cinco goles en cada tempo.

 

-CLASIFICACIÓN-

 SCDR Esteirana : 33 puntos

2º Céltiga FC : 33 puntos

Juventud Cambados : 25 puntos 

 CCD Taragoña : 22 puntos

 SD Chispa : 20 puntos

ED As Miúdas : 19 puntos

 CD Rois : 15 puntos

 EFMC Boiro B : 13 puntos

 CD Mosteiro : 13 puntos

10º Outes FC : 13 puntos

11º EFF Sonnola Portus Apóstoli : 10 puntos

12º Bastavales UD : 7 puntos

13º Milladorio SD : 3 puntos

14º Catoria SD : -3 puntos

 

-PREVIA-

-12ª Xornada-

-26/01/2025-

SD ChispaOutes FC, ás 12:00 horas

EFMC Boiro B-Juventud Cambados, ás 12:00 horas

CD Rois-EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 17:30 horas

ED As Miúdas-Céltiga FC, ás 12:30 horas

SCDR Esteirana-Catoira SD, ás 16:30 horas

CCD Taragoña-CD Mosteiro, ás 12:00 horas

Milladoiro SD-Bastavales UD, ás 19:00 horas

AVISO : Os horarios son oficiosos, non oficiais. Os oficiais porémolos na AXENDA PIRATA dos venres.

 

Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, 3ª da Costa, División de Honra e 1ª Galicia de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina, así coma do Depor e de todo o deporte da costa que nos chega.

 

-Foto Esteirana : Fran Figueroa

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies