Importante vitoria do Juan Cabrejo en Zas.
Había dous grandes encontros nesta xornada o Mazaricos-Muxía e o Bergantiños-Ponteceso. Dous choque na parte alta e nos que saen reforzadas as muxianas e as carballesas, que sairon vencedoras nos dous choques. O Muxía derrotaba ao Mazaricos e pasa a segundo cos mesmos puntos co terceiro que pasa a ser o equipo mazariquense e o Camariñas “Juan Cabrejo” afianzase na cuarta praza a 1 punto de muxianas e mazariquenses, e as bergantiñanas pasan a 5ª praza remontando o seu rival desta xornada, Ponteceso. pola sua banda o lider Corme sigue o seu sumando de 3 en 3, equipo máis realizador con 58 goles, o menos batido, (6 encaixados), e como non ca “Pichichi”, Naroa Parga, e a “Zamora”.
GOLEADORAS
Naroa Parga, (Corme CF), lidera a táboa de máximas goleadoras con 22 en 11 encontros disputados, tralos 4 que acadou nesta pasada xornada e ocupando o segundo chanzo do podio de goleadoras Patri Romaní, (CF Muxía), con 16 nos mesmos encontros disputados, habendo sumado un esta semana. Pechando o podioCarla Pose, (Corme CF9 con 12, (2p), en 11 encontros e por detrás na loita por entrar no podio tres rapazas con 10 goles : Julia Varela, (en 9 encontros), Cristina Veres, (Corme CF), e Graciela Arcos, (CF Mazaricos), estas duas en 10 choques xogados.
AVISO : Estamos abertos a recibir comentario de adestradores ou diretivos, ou fotos dos encontros, (o final do artigo está a autoría de quen nolas manda). Algúns prefiren non opinar, (cousa que respetamos), de todas formas coma sempre poden contactar connosco no whatsapp : 626720047
3ª GALEGA FEMININA G2
-11ª Xornada-
(19/01/2025)
Soneira SD 0-1 UD Corcubión
Corme CF 7-0 UD Cerqueda
Sporting Zas 0-2 EFCC Juan Cabrejo
CF Mazaricos 1-4 CF Muxía
SD A Baña 2-3 SCD Pastoriza B
Bergantiños CF B 6-2 Ponteceso SD
Cabana SD 4-1 SD Fisterra
-CRÓNICAS-
SD Soneira 0-1 UD Corcubión
Roland Caamaño, (Adestrador do Soneira SD) : “”
Goles : 0-1, Marta, (55´).
Corme CF 7-0 UD Cerqueda
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido que nos serviu para probar xente en posicións distintas as habituais para ter máis recursos dentro da plantilla. Fixemos un partido serio durante 45 minutos, que sin ser todo o bo que me gustaría en canto a calma, valiunos para irnos o descanso con 7-0.
Na segunda parte minutos para todas e pouco máis. Importante poder volver a contar con Natalia, a ver si pronto colle ritmo de competición, posto que todos sabemos o impacto deportivo que ten para o equipo, e ponme moi contento o crecemento de Candela, partido moi completo co premio do seu segundo gol da temporada”…Xogamos con : Lucía Dourado, Saskia, Laura, Aroa, Candela, (Natalia), Olalla (Salomé), Lucía Rodríguez, Zeltia, Carla Pose, (Carla Vázquez), Naroa, Ana.
Miguel Ángel Rodríguez, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Moi pouco que contar, un partido contra o líder con un ritmo de xogo moi rápido con xogadoras que teñen moita calidade, e nos tivemos varios fallos e hora de defender, e elas aproveitáronos na primera parte, xa se decidiu o partido tras o descanso correximos varias cousa e na segunda parte estivemos mellor pero non houbo nada que facer, o Corme é o líder moi merecido”.
Goles : 1-0, Carla, (5´); 2-0, Naroa, (12´); 3-0, Candela, (27´); 4-0, Naroa, (28´); 5-0, Naroa, (33´); 6-0, Carla, (40´); 7-0, Naroa, (45´).
Sporting Zas 0-2 EFCC “Juan Cabrejo”
Ánxo Garrido, (Adestrador do Sporting Zas) : “Partido de intensidade alta, con bo xogo das visitantes pero que non había perigo claro en ningunha das duas porterías. Nun erro nun despexe defensivo as visitantes abrían o marcador. Na última xogada da primera parte Lara tivo para facer o empate. pero daba no longueiro o seu disparo. O inicio da segunda volvía marcar o equipo visitante nun erro de marca, e despois o mal tempo dificultou o xogo no tramo final de partido”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFCC “Juan Cabrejo”) : “Partido cun frío tremendo e unha chuvia que non parou nos 90 minutos. Saimos a dominar o encontro ata o final tratandop de sentenzar na primeira metade. Acadamos o primeiro gol pero a pelota non quería volver a entrar e levamos un “sustiño” no treito final do primeiro periodo.
Na segunda metade a tónica foi a mesma, seguimos dominando tratando de sentenzar, a pesares de que o campo estaba cada vez peor, pero si conseguimos marcar o segundo e a partires de aí xa con máis tranquilidade dominamos e puideron vir un par deles máis. Contento polo rendemento do equipo nun partido no que pola climatoloxía se fixo moi difícil, e agora a seguir traballando, vennos o lider, para min o mellor equipo xunto o Muxía e tratar de facerlle frente e de quesea un partido no que pasen dificultades”.
Goles : 0-1, Laura, (23´); 0-2, Yara, (47´).
CF Mazaricos 1-4 CF Muxía
Isma Márquez, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido clave o desta xornada onde estaba en xogo a segunda praza da liga. Arrancaba o partido con mal tempo e cas nosas ben prantadas no campo, sin complicacións atrás e con varias chegadas a portería. Iríamos ao descanso con 3 goles de ventaxe, e na segunda parte, xa co campo moi mollado e casi sin opcións de poder rasear a bola estaría todo máis igualado e un partido pouco vistoso, donde o Mazaricos marcaría o seu gol e nós marcaríamos o 1-4 definitivo, nun córner. Contentos polo traballo que están a realizar as nosas”.
Goles : 0-1, Patri Romaní, (3´); 0-2, Barca Toba, (25´de penalti); 0-3, Antía, (45´+ 1 en propia porta); 1-3, Graciela, (56´); 1-4, Andrea, (61´).
SD A Baña 2-3 SCD Pastoriza B
Leti Fernández, (Adestradora do SD A Baña) : “Nun domingo complicado, pasado por moita auga e baixas temperaturas, as xogadoras do fem saíron listas ó campo para demostrar, unha vez máis todo ese traballo e esforzo que levan dende primeiros de tempada.
Traballaron arduamente e o esforzo colectivo foi evidente nas duas partes. A porteira, con reflejos rápidos, realizou paradas espectaculares. O compromiso das xogadoras nn flaqueou. Con cada pase e cada carreira, notábase o desexo de gañar, deixando todo no campo.
A pesar de non gañar, máis alá dos resultados que estamos tendo, este está sendo un ano de aprendizache para todas, en donde a dedicación e disciplina de cada unha das xogadoras está sendo incrible, cousas que me enorgullece como entrenadora. Toca seguir traballando e desfrutando do xogo…Sodes moi grandes,
1, 2, 3, lumeee“.
Goles : 0-1, Luna, (3´); 1-1, Inés, (26´); 2-1, Inés, (32´); 2-2, Andrea, (39´); 2-3, Andrea, (70´).
Bergantiños FC B 6-2 Ponteceso SD
Noelia Iglesias, (Adestradora do Bergantiños FC B) : “Gran partido ante un gran rival. Planteamientos diferentes en un choque dónde el Puenteceso esperaba en medio campo a las locales, que con paciencia y combinando pronto tuvieron varias ocasiones llegando el primero por medio de Amelia desde fuera del área. Diez minutos después y con el mismo guión aumentaba distancias el Bergan con un golazo de falta de Basalo.
Tras el descanso, el Puenteceso salió a presionar para intentar recortar distancias y, con más espacios, las locales tuvieron más ocasiones , ampliando el marcador con dos goles más. En un córner marcaba el Puenteceso, y en uno de los pocos despistes defensivos, rápidamente repetían para acortar aún más las distancias .
A pesar de los goles visitantes, las rojillas mantuvieron la posesión del balón y con un b gol desde la frontal de Carmen que ponía el 6-2 definitivo“.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Partido complicado, o Puenteceso chegaba con varias baixas que dificultaron o partido. O Bergantiños tivo un ritmo maior e máis ocasións cerca de portería rival o que lle posibiltou ir ao descanso gañando por 2-0 tras un tiro que María non puido ver e unha falta moi ben colocada.
Na segunda parte, a pesar das boas actuacións de María acabarían entrando dous goles máis. A pesar de ir 4-0 o equipo non baixou os brazos, seguiu loitando. Nun córner, pouco despois da hora de partido Karen poñería o 4-1 e despois Eva Lago anotaría dende fóra da área o 4-2. A partires de aí baixaron as forzas do equipo visitante o que provocou maior desorden dentro do campo que aproveitarían as locais para anotar outros dous goles e rematar o encontro 6-2.
Toca seguir traballando para que o Puenteceso volva a súa mellor versión…Xogamos con : María, Noe ( Virgi 62′), Myre, Berdeal, Sabela (Karen 62′), Silvia, Eva, Lago, Oanes, Lara, Dodi (Laura R. 45′)
Goles : 1-0, Amelia, (11´); 2-0, Daniela, (23´); 3-0, Antía, (56´); 4-0, Daniela, (64´); 4-1, Keren, (66´); 4-2, Eva, (78´); 5-2, Antía, (88´); 6-2, Carmen, (93´).
++++
Cabana SD 4-1 SD Fisterra
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Mañán de inverno para o partido entre Cabana e Fisterra con moito frio e auga, o que desluceu bastante o partido. Pronto se adiantaba o Cabana por medio de Adriana e daba tranquilidade o equipo local que dispuxo de varias ocasións para aumentar o marcador. Irene facía o segundo despois dun bo servicio da porteira Míriam, e así se chegaba o descanso.
Xa no segundo tempo estirouse algo o Fisterra pero sin inquedar demasiado a porteria nosa. Adriana facía o 3-0 e o Fisterra acortaba nun lanzamento de penalti por mans. Aroa facía o 4-1 definitivo que lle nos daba os tres puntos a un Cabana que levou o peso do partido e acadou unha xusta vitoria“.
Xogamos con : Miriam, Antia Torres (Nuria), Sheila (Aroa), Maria, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra (Jessi Pose), Antía Pazos, Irene, Saray (Natalie), Adriana.
Goles : 1-0, Adriana, (2´); 2-0, Irene, (13´); 3-0, Adriana, (51´); 3-1, Irene, (63´de penalti); 4-1, Aroa, (78´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Corme CF : 30 puntos
2º CF Mazaricos : 25 puntos
3º CF Muxía : 22 puntos
4º Ponteceso SD : 21 puntos
5º EFCC “Juan Cabrejo” : 21 puntos
6º Bergantiños FC B : 19 puntos
7º UD Corcubión : 17 puntos
8º Cabana SD : 16 puntos
9º Sporting Zas : 7 puntos
10º Soneira SD : 7 puntos
11º SCD Pastoriza B : 6 puntos
12º SD Fisterra : 5 puntos
13º UD Cerqueda : 4 puntos
14º SD A Baña : 3 puntos
-PREVIA-
-12ª Xornada-
(26/01/2025)
Cabana SD–UD Corcubión, ás 12:00 horas
UD Cerqueda-Soneira SD, ás 16:00 horas
EFCC Juan Cabrejo-Corme CF, ás 12:00 horas
CF Muxía-Sporting Zas, ás 11:30 horas
SCD Pastoriza B-CF Mazaricos, ás 12:00 horas
Ponteceso SD-SD A Baña, ás 16:00 horas
SD Fisterra-Bergantiños CF B, ás 18:45 horas
AVISO : Os horarios e datas son oficiosos non oficiais…O venres poremos na Axenda Pirata os oficiais.
Na nosa web tamén tes as crónicas e toda a información da Primeira Futgal, Liga da Costa, División de Honra de Veteranos, e 2ª e 3ª Galega Feminina.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Fotos SP Zas : O clube
-Foto Camariñas : Dulce Corcu/Sp Zas
-Foto Bergantiños : Noe Iglesias
-Comentarios : Adestradores