CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 11ª XADA DA PRIMEIRA FUTGAL : “DUMBRÍA E MUXÍA NO PODIO DA LIGA CO CASTRIZ E FISTERRA MOI PRETO”.

O Muxía sumou a sua sexta vitoria na Arliña.

Aquí tedes as crónicas e moito máis da 11ª xornada da Primeira Futgal, cos comentarios dos adestradores dos equipos costeiros, de non estar completaremos segundo nos vaian chegando. Pode calquer adestrador dar as impresións suas sobre o encontro, baixo o seu criterio e dentro dos parámetros do respeto no whatsapp 626 72 00 47, e serán subidas a este artigo. As que non subimos e por falta de interese dos consultados, o que respetamos completamente.

Semana positiva para os equipos costeiros coas vitorias do Muxía, Dumbría, Castriz, (no derbi ante o San Lorenzo), e Fisterra e co empates da Esteirana. O equipo dumbries colócase segundo a 6 puntos do lider destacado o Club do Mar, e un punto port debaixo dos dumbrieses colócase o Muxía, que como local suma 6 de 6 en canto a vitorias, e que puido adicarlle a vitoria aos compañeiros lesionados, Ánxo e Isma Pose.

Non lles andan lonxe o Castriz e o Fisterra aos dous mellor clasificados costeiros e alónxase a Esteirana que suma o seu cuarto empate a uns, (1-1), nos derradeiros 6 encontros. Sigue afundido e sen reacción o San Lorenzo que pecha a clasificación da categoría.

No tocante a goleadores, Diego Estévez, (SD Fisterra), co gol que lle fixo o Praiña, sigue liderando a clasificación de goleadores con Adrián García, (SR Calo), e o tamén fisterrán, Isaac Fábregas a un de Diego. Isaac facía dous tantos na vitoria do seu equipo desta semana. 

 

PRIMEIRA FUTGAL

-11ª Xornada-

-17/11/2024-

SCDR Esteirana 1-1 SR Calo

Club do Mar 5-1 Vista Alegre SD

San Lorenzo 1-4 SD Castriz

CF Muxía 2-1 Bertamiráns FC

Bastabales UD 1-3 CF Dumbría

SD Fisterra 2-1 Praiña Sporting Club

Vea CF 2-1 UD Carral

Vizoño SD 4-2 SD Agolada

Boimorto CF 4-0 SD Tordoia

 

-CRÓNICAS-

 

CF Muxía 2-1 Bertamiráns FC

Sergio “Pataca”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido o que saímos moi enchufados creando perigo por bandas, e no que pronto nos poñemos por diante con gol de Adam. Seguimos mantendo o control e creando perigo ata que nunha boa xogada chega o penalti a favor sobre Fran que el mesmo transforma. Na segunda o partido estivo moito mais igualado e nun despiste recurtan distâncias cun golazo! Ata o final conseguimos manternos ben sen que casi o rival crease perigo”.

Goles : 1-0, Adam, (7´); 2-0, Fran Moreira, (32´de penalti); 2-1, Bonome, (61´).

Incidencias : O colexiado do encontro Martín García, expulsou no banco o visitante David Ferreiro no 76´.

 

SD San Lorenzo 1-4 SD Castriz

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Iniciamos o partido a un nivel moi alto e xa nos primeiros 20 minutos íamos 0-3 no marcador. Todo facía indicar que se partiría o encontro, pero os rapaces do San Lorenzo tiraron de orgullo, anotaron o 1-3 e tiveron varios minutos de acoso sobre a nosa portería, pero non recurtaron distancias e nós repuxémomos ben.

Xa na segunda parte igualouse o xogo, sin grandes ocasións ata os últimos minutos, onde os locais se foron arriba e nós aproveitamos os ocos para sentenciar á contra”.

Goles : 0-1, Juan, (7´); 0-2, Adrián García, (13´); 0-3, Samuel, (20´); 1-3, Ricardo, (23´); 1-4, Alberto, (94´).

Incidencias : O colexiado do encontro Juan Manuel Reñones, expulsou no banco o local, Manuel Varela no 72´).

 

SCDR Esteirana 1-1 SR Calo

Goles : 1-0, Elías Ruso, (53´); 1-1, Adrián, (56´).

Incidencias : O colexiado do encontro Marco Alejandro Castro, expulsou con vermello direto o adestrador local, Iván González no 57´.

 

SD Fisterra 2-1 Praiña Sp Club

Diego Lobelos, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi competido, con dous equipos parecidos na forma de xogar, no primer tempo creo que fomos algo mellores e tuvemos as mellores ocasións, a máis clara nun gol anulado a Bruno.

Tras o descanso, eles cambian varios xogadores e consiguen adiantarse nunha imprecisión defensiva. Nos ímonos arriba e creamos moitas ocasións, en un centro de Bruno, Guille remata e o rechace do porteiro méteo Isaac. Seguimos buscando os tres puntos, e chegan con un penalti por mans que Isaac anota, ata o final defendemos moi ben e non permitimos ocasións do rival“.

Goles : 0-1, Manuel Soto, (55´); 1-1, Isaac Fábregas, (83´); 2-1, Isaac Fábregas, (No desconto final, de penalti).

 

Bastabales UD 1-3 CF Dumbría

Goles : 0-1, Alejandro, (14´); 0-2, Diego Estévez, (18´); 1-2, Víctor, (58´); 1-3, Baba, (70´de penalti).

 

-CLASIFICACIÓN-

-Equipos da costa-

Lider : Club do Mar : 29 puntos

 CF Dumbría : 23 puntos

 CF Muxía : 22 puntos

 SD Castriz : 19 puntos

 SD Fisterra : 18 puntos

12º SCDR Esteirana : 13 puntos

18º SD San Lorenzo : 3 puntos

 

PREVIA

-12ª Xornada-

-24/11/2024-

SR Calo-Boimorto CF, ás 17:00 horas

Vista Alegre SD-SCDR Esteirana, ás 16:00 horas

SD Castriz-Club do Mar, ás 17:00 horas

Bertamiráns FC-San Lorenzo, ás 17:00 horas

CF Dumbría-CF Muxía, ás 16:30 horas

Praiña Sporting Club-Bastabales UD, ás 16:30 horas

UD Carral-SD Fisterra, ás 16:00 horas

SD Agolada-Vea CF, ás 17:00 horas

SD Tordoia-Vizoño SD, ás 16:30 horas

 

AVISO :

Os comentarios dos adestradores son propios e ca sua visión dos encontros, non da nosa autoria. A data da previa é oficiosa non oficial.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies