LIGA DA COSTA
O Buño suma a sua segunda vitoria a costa do Sporting Zas.
-GRUPO 1 A-
10ª Xornada
Sábado 22 de Xaneiro 2022
CD Baiñas 1-2 CD Muros
Hora : 16:30
Campo : Municipal de Vimianzo
Colexiado : David Cancela García. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos locais, e 3 aos visitantes.
Trunfo importante do equipo muradán para seguiur optando a todo, ante un Baiñas que vía como aos 9 minutos de xogo xa se adiantaban os sureños cun tanto de Xabier. Resultado co que se ía ao descanso na fría tarde no Municipal de Vimianzo. O encontro non desluceu na segunda metade, na que os locais buscaban o gol e os visitantes amosaban poderío en defensa e perigosas contras. Iván no 83 facía o gol que mataba o encontro. Dylan de penalti acercaba os baiñeses no marcador, ao transformar un penalti, cando transcurría o desconto, pero non sería suficiente para puntuar.
Domingo 23 de Xaneiro 2022
Outes CF 0-1 Muxía CF
Hora : 16:30
Campo : “O Conchido”, (Serra de Outes)
Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Amosoulle 5 cartóns amarelos aos locais, e 4 aos visitantes.
Encontro xogado de poder a poder e con moito xogo físico e numerosos paróns e que se levaron os muxiáns, gracias a un tanto do xove vimiancés, Fran-chute aos 17 minutos de xogo. Choque que non se veu claro o resultado ata o pitido final.
SCDR Esteirana 5-0 UD Monte Louro
Hora : 16:30
Campo : “Xosé Luis Vara”, (Esteiro-Muros)
Colexiado : José Luis Pita Rey. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos locais, e 3 aos visitantes.
Xa tiñan gañas de fútbol os esteiráns que se levaron sen paliativos o derbi muradán, sen deixar nen un resquicio de reacción aos veciños de Louro, que se ían a vestiarios perdendo por 2-0 con goles de Raúl Lestón, (22´) e Adrián, (45´). Na segunda metade e con espazos foi crecendo a goleada ata a “manciña” final, con tantos de Tobío, (55´), e Elías, (87´e desconto).
Lira CF 4-1 UC Cee
Hora : 16:30
Campo : “Lombáns”, (Carnota)
Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos locais, e 3 aos visitantes.
Segunda vitoria do equipo liracho ante un Cee que segue sen levantar cabeza, e que se ve superado polos de Lira na clasificación, que lles ceden a penúltima praza, sendo un dos poucos equipos que levan xogados 9 encontros. A primeira metade foi igualada e nela Fran González adiantaba aos locais a media hora de xogo, tanto que era neutralizado por Luis Lojo, 6 minutos despois. Na segunda metade estiveron mellor os lirachos e xa se adiantaban aos poucos do reinicio, cun tanto de Diego, (49´). No treito final, primeiro Ángel, (78´), e despois Diego, (83´), sentenzaban a contenda.
Descansa : Camariñas FC
CLASIFICACIÓN
-GRUPO 1 B-
10ª Xornada
Domingo 23 Xaneiro 2022
SD Castríz – CD Nantón
Aprazado por COVID-19
Hora :
Campo :
Colexiado :
SD Coristanco 1-1 UD Cerqueda
Hora : 16:45
Campo : “A Rocheira”, (San Roque-Coristanco)
Colexiado : Pablo Rama Cotelo. Amosoulle 0 cartóns amarelos aos locais, e 3 aos visitantes, ademáis de un vermello direto o adestrador Jorge Guillamet, (71`).
A piques estivo de dar a sorpresa o equipo cerquedense que se adiantaba por medio de Julián aos 19 minutos de xogo, pero cedía no derradeiro suspiro, por mor dun penalti no 87, que tranformaba Lagoa, para os coristanqueses, que vía como o Cabana se escapa e con goleada.
SCD Buño 3-1 Sporting Zas
Hora : 12:00
Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)
Colexiado : Esteban Domínguez Lado. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais, e 6 aos visitantes, un dobre cartón supuxo a expulsión de Iago Torres, e outro a de Brais, ambos no descotno final.
Levouse o Buño os 3 puntos, e suma a segunda vitoria do campionato a costa dun Sporting Zas que se vía cun 3-0 nada máis comezar a segunda metade, tralos dous goles do primeiro periodo de Sergio Bastón, (22´) ao tranformar un penalti, e de Omar, (35´). Martín Bazar finiquitaba o choque a volta de vestiarios, (48´), e o gol dos zacenses chegaba por medio de Iago Torres, (58´), que acaba ría sendo expulsado. Chegaron os zacenses con 14 xiogadores e perden 2 para a vindeira xornada.
Cabana SD 7-3 SD San Lorenzo
Hora : 16:30
Campo : “As Redondas”, (Neaño-Cabana)
Colexiado : Óscar Rey Sánchez. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos locais, e 2 aos visitantes
A este Cabana agora mesmo non hai quen lle tusa e xa suma a frioleira de 35 goles a favor, e tan só 13 en contra, en 9 3ncontros que leva disputado. O chhoque, sen historia foise o descanso co resultado de 5-2, e puido ser peor, pois no 29 xa gañaba o equipo cabanés por 5-0, con goles de Manuel, (7´, 20´, e 25´), antre medias un de Simón, (16´), e finalmente un de Diego Castro, (29´). Levantaron o pe do acelerador e os de Verdillo marcaban por medio de Alejandro, (39´) e Eloy, (44´). Parecía que había reacción, pero de novo os cabaneses a volta de vestiarios, acababan a goleada, con tantos de Manuel, (66´), que completaba un “Poker”, e de Diego Castro, (72´), un minuto antes, Brais Cancela marcaba para os carballeses.
Descansa : SCD Malpica
CLASIFICACIÓN
-Foto : Sporting Zas
Texto : piratasdemuxia